quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009

Retorno á lucidez










A náusea, a náusea
como o outro dixo o horror!, o horror!
É o meu propio corpo o que se rebela,
o que renega de si e da mente que aprisiona.
Doen os dedos das arcadas
con que en sacudidas lentas vomitan en lugar de palabras
vísceras.
Quéixase cada músculo obrigado a camiñar
e os tendóns renxen esgotados,
xemen os artellos e a consciencia.
Era sen tempo:
emprendín o camiño de regreso,
polas tebras do meu congo,
o río lúgubre que me arrastra
á nada.

2 comentários:

condado disse...

Se tiramos o corpo pola boca, os xugos gástricos non nos protexerían e as dixestións resultarían extremadamente complicadas... Bos dias!...

Sun Iou Miou disse...

Deben de ser bos.
Polo menos o eido está moito máis despexado do que cando marchei, cousa que non sucede co computador, (`_^), no que medrou a herba desmesuradamente.

Grazas