terça-feira, 17 de março de 2009

Médicos e médicas

Esta tarde tocoume ir recoller os resultados do TAC e das análises de sangue ao hematólogo. En realidade, estaba algo nerviosa, porque non sabía que médico do equipo me ía tocar. Cando se xubilou o de sempre, deume a escoller entre o doutor S e a doutora S. A cousa estaba complicada. Non era tanto que tivese algo contra a doutora S, por ser muller, senón máis ben tiña algo a prol do doutor S, por ser home. Só que ao final preferín deixalo nas mans do azar. Por un lado non quixen parecer mal agradecida e polo outro quen sabe se escollendo un non me tiña que consultar a outra un día, polo que fose, e había represalias. Quita, quita, dixen. O que me toque tocoume. E aí é onde vou, precisamente, a que prefería que de tocarme, me tocase un home. E non só polo de tocarme, senón tamén porque se me hei de espir, que antes ou despois sempre chega o día (nin que sexa na hora da autopsia) prefiro que sexa ante un home: síntome menos violenta.

Pero non houbo sorte. Tocoume a doutora S, que para máis é eficiente: non me deu tempo nin a abrir o libro na sala de espera, que xa me estaba chamando para entrar. Logo, para me saudar, deume a man, e xa empecei a estrañar o meu antigo médico, que sempre me daba dous bicos. Aínda van pensar que non é hixiénico que un médico nos dea bicos, pero tampouco é hixiénico que nos dea a man se non leva luvas de usar e tirar.

O único que tirei de proveito é que decidiu citarme para dentro de oito meses, non cada catro coma até o de agora, e coa promesa de que se as calcificacións non aumentaban de tamaño (en canto non me escaneen o cerebro todo ben...), pasabamos ás consultas anuais.

E ante os resultados, recoñézoo, alegreime de que me tocase a doutora S, porque ao doutor S non sei se ía soportar velo e que me vise só unha vez ao ano: era capaz de ter unha recaída!

12 comentários:

Teté disse...

Alegro-me também! (*_*)

Mas desde já te digo que não havia médico nenhum do mundo - mesmo que fotocópia integral do Brad - que me fizesse ter "recaídas" para o rever! Manias...

Beijocas!

Tá-se bem! disse...

Entendi-te perfeitamente! E fico contente com os resultados... também prefiro os bicos às mãos (sabe-se lá por onde andaram) eheheh

Bicos de Terça ;)))

Sun Iou Miou disse...

Ai, Tetezinha, fazes muito bem.

Sun Iou Miou disse...

Pois, Tá-se bem, é melhor não pensar nisso e lavar as mãos à saída.

Bicojito de hoje de manhã!

Rafeiro Perfumado disse...

Vi uma vez um vídeo em que se mostrava claramente que se transmitem mais germes com um aperto de mão do que com um beijo na boca. Se quiseres posso enviar-to, para mostrares à Doutora... ;)

Beijoca!

Sun Iou Miou disse...

Queima esse vídeo, peço-te pelas tuas lindas orelhas, Rafeiro, não vá passar a doutora a dar-me beijos na boca, que para náuseas já me chegaram as da químio...

R.R. disse...

Nunca pensara eu na perspectiva de ir ó médico con intencións sanitarias das boas...

Muaks e muaks (eu si que lle mando un par de ineficientes bicos).

Sun Iou Miou disse...

Iso é porque non tes que ir ao xinecólogo, RR. Cando che toque o da próstata, de aquí a uns anitos, xa me contarás.

Bicos virtuais só transmiten virus virtuais e para eses, meu querido, mal que lle pese a Igrexa Católica e por moito que me condene, tamén uso condón. De maneira, que recíbollos de boca aberta (`_^) pero déixeme coller folgos entre medias, non abafe.

Anónimo disse...

ben sabe que me alegro de que teña que ir máis espaciadamente ao/á médico/a.
aí sen embargo non coincidimos: perante a dúbida, doutora, e non é porque o fonendo delas tire máis que 2 carretas (xa me entende), en xeral sentinme sempre máis cómodo, non sei por que.

Sun Iou Miou disse...

Estou a ver que só coincidimos nun gusto, señor Kaplan (`_^) E eu que nunca lle mirara para o fonendo a un médico...

Anónimo disse...

Fico feliz por ti e infeliz por mim.
Por ti, por te saber melhor; por mim, porque sempre me toca uma gorda feia e antipática, que mais parece um trambolho, ou uma magricela pele e osso que percebe menos de oncologia do que eu (passa o tempo da consulta a telefonar para outro a perguntar o que deve fazer): A alternativa não é melhor: O chefe do serviço que é ou um velhote da minha idade eheheh.
Até nisso os espanhóis estão mais bem servidos...
Beijinho

Sun Iou Miou disse...

Não tenho queixa nisso, bem é verdade, CãoSarnento. Os que me conhecem sabem que não me canso de gabar o sistema sanitário público desta outra margem.

Velhote da tua idade?! Hm, estão aí a rondar, oi? Tens cerveja bastante no frigorífico? (`_^)