terça-feira, 5 de janeiro de 2010

Nada que perder

Estes dous últimos días teño levado compañía feminina ao cinema. Ela apúntase a un bombardeo a condición de que sexa nocturno e de artificio colorido. A bomba de onte non era pólvora mollada, ardía e queimaba. Por iso, ela, a cada pouco, sobresaltábase na butaca e tapaba o rostro coas mans, entreabrindo os dedos (non o negues, que te vin, na penumbra da sala). E eu dicíalle, acouga, rapariga, que é filme: a realidade é ben peor (eu a dar ánimos non teño prezo), ao cabo, cando descendan os créditos a rodar, marchamos tan panchas para a casa, cama á espera, máis ou menos quente. Ese é meu mecanismo de defensa contra a barbarie: distanciarme, pensar que o líquido de cor vermella que o invade todo, que cheira até, que se apalpa case na súa viscosidade pegañenta, non é sangue-sangue: o sangue-sangue está na rúa, non nunha pantalla; que a voz áspera do Tosar, espléndido, non é a propia del, senón a dun asasino calquera dos que habitan as prisións sen nada que perder, aínda que lles reste un cacho de corazón sen ollos e intelixencia abondo para distinguir os covardes (fantástico o breve duelo dialogado cos presos de luxo, moeda de cambio). E así, vaise soportando a tensión constante, a brutalidade, a desesperanza, a transformación involuntaria do funcionario que salta nun segundo dun bando ao outro, porque a vida é moi puta ás veces e non sempre equilibra, meu amigo, non sempre.

18 comentários:

João Paulo Cardoso disse...

Do pouco que percebi, captei alguma amargura.

Absorvi-a e reenvio-a com carga doce e positiva.

Porque começou um novo ano.

E as boas intenções de sempre.

Beijos.

Sun Iou Miou disse...

O mesmo mais multiplicado para ti, JPC (fora a amargura, é claro).

Beijinho

Teté disse...

Ora aí está um filme que não vou ver quase de certeza: tal como a tua companhia feminina, o meu comportamento na cadeira do cinema devia ssr idêntico! Nem que tu me tentasses animar da mesma maneira (ahn?!)

Na verdade, para ver mais um maltratado pela puta da vida, nem precisamos de ir ao cinema...

Beijoquita!

Chousa da Alcandra disse...

Pero o que desequilibra (a vida) non é por puta; senón por vida.

Sun Iou Miou disse...

Eu sei que não é filme para ti, Teté. `_^ Mas eu gostei imenso.

Beijoquita

Sun Iou Miou disse...

Certo, Chousa da Alcandra, na morte terminan os desequilibrios, até aí chego. :)

Anónimo disse...

Aínda foi vde ben boa: eu non me daría contido e aludiríalle á miña compaña a evidencia de que non todos os asasinos están na cadea, que hai máis fóra que dentro dela, que a camiño daquela idealizada cama máis ou menos quente que espera poden surxir mil e un perigos, que por menos de nada tipos que deixarían ao Tosar á altura dunha novicia nos poderían deixar a nós convertidos en zorza en calquera esquina.
En fin, que hai tempo que lle teño ganas a esa peli.

Sun Iou Miou disse...

É que se non son un pouco boa, non me vén máis de acompañante, Kaplan. Pero voulle pasar este comentario, para que saiba que non fun todo o maligna que se pode ser.

Encantoume o da zorza. Hihihi!

Kapikua disse...

Há tempos descobri que tinha 1 perna mais curta que a outra (sem brejeirices).

depois percebi que era por isso que a minha vida é um constante desequilíbrio...

No fim chegaremos ao equilíbrio...

PUTA QUE PARIU O FIM!!!!

Beijo

Ra disse...

Qué pendiente la tengo.


Mua.

Marreta disse...

Não me parece nada mal (a película). Se aparecer cá pela moirama sou menino para a ir ver.
A propósito, o Carlos Bardem tem alguma coisa a ver com o Javier Bardem? Algum compadrio cinematográfico?...

Saudações do Marreta.

Tá-se bem! disse...

Ultimamente emociono-me muito... Desde que tive um ataque de choro, no último, nunca mais vi filme.. Ou era isso, ou era o malte :|

Beijoooo caloroso (que de frio já basta!) ;)

Sun Iou Miou disse...

É verdade, Kapikuk: um equilíbrio horizontal quem o quer?

Sun Iou Miou disse...

Recoméndolla encarecidamente, Ra. :)

Sun Iou Miou disse...

E fazias muito bem se a visses, Marreta, acho que ias gostar, mas o que faz realmente um papel extraordinário aí é o Luís Tosar, um actor galego. (E o filme achei bom)

O Carlos é irmão do Javier, é.

Sun Iou Miou disse...

Eu também choro quando bebo malte, Tá-se bem!, mas é de felicidade! ^_^


Beijos regelados de domingo!

Anónimo disse...

De feito hai quen di que equilibra poucas veces, pero tamén pode ser cuestión de maneiras de mirar a cousa, digo eu.
Vai ser cousa de ver esa peli, anque sexa pagando. (hai moito pirata solto..)

Bicos afriaxados!

Sun Iou Miou disse...

Pódenselle buscar as voltas, abofé, setesoles, para que equilibre, ou tentalo polo menos. De todas maneiras, para algúns non equilibra, por máis que me queiran convencer do contrario (e non falo da miña, que eu se me queixo é de vicio).

En canto ao de pagar ou non pagar por vela, talvez ir ao cine sexa someterse voluntariamente a un asalto a man armada (desprazamentos á parte, que non teño ningún cine a menos de vinte quilómetros e eses precarios), pero a min gústame o cine en pantalla grande moito máis que pagar a luz, o teléfono, os seguros... Tampouco é cousa de debater isto aquí, porque no fondo seguro que concordamos. Quen quere intermediarios?