domingo, 17 de janeiro de 2010

O canto do pisco










Polas mañás mentres tomo o café, escoito na radio as noticias para me informar do que acontece fóra. Hoxe apagueina porque me impedía percibir a voz do que me acontece dentro. A existencia, pódese resumir nunha partida de solitario ás cartas, en que unha xoga contra e a favor de si. Ás veces, na baralla só aparecen cartas baixas e a min, cismática e negrumenta, dáme por concluír que así non hai posibilidade ningunha de gañar. Desasistida de ánimos, desangrada e mortecida, dimítome. Xorde entón a conciencia encarnada na figura dun transmontano bruto a musitarme que mesmo con cartas baixas, sempre hai algunhas máis altas ca outras. E logo e sobre todo, advírtelle xa de alto a esta media galega burra, que están os comodíns, que trastocan as probabilidades boas de poucas a moitas: o da Medicina (chamado tamén sistema sanitario público) e os dos Amigos (así mesmo coñecidos polo nome de abrazos e caldo morno, mesturadamente). Aí detéñense o ruxerruxe morriñento e o tintinar teimoso da chuvia. Os ouvidos abríronse de novo ao exterior.

Nese silencio estaba, cando se me filtrou o canto do meu pisco residente contra o neboeiro que aboia polo eido adiante. O pisco é unha ave-paxaro de corpo latexante pardo, de rostro e peito vermellos e ollos desmesurados de cor negra acibeche, abombados, sensibles. Ao pisco a natureza pídelle que cante nas mañás cincentas de inverno. E canta.

12 comentários:

Kapikua disse...

estás em grande forma na escrita!!!!

felizmente conseguiste ouvir-te por dentro, e assim botar cá para fora tamanha beleza em forma de texto!

Beijo transmontano

Sun Iou Miou disse...

Andava de alma mesquinha, Kapik, e alguém por aí me fez ouvir o coração, que ainda está funcionando. :)*

Beijo minhoto e ternurento que se farte

Teté disse...

Como um simples pisco consegue abrir-nos a alma e afastar pensamentos negros e desalentados!

'Tás a ouvir? Ele continua a cantar... :)

Beijoquitas (e ânimo, que todos temos dias assim)!

luque disse...

Vaites, vaites..., O Pisco coma ponto de equilibrio e nexo entre os dous mundos, esotérico e exotérico, que nos arrodean.
Por certo, eu teño tamén un Pisco que as veces ven de boa mañán a cantar no meu balcón.
¿Será que temos un Pisco-cantautor na bisbarra?.
E nos sin decatarnos...
Sáude

Sun Iou Miou disse...

Não sei que têm os piscos, Teté, mas adoro esse passarinho, cuja timidez o salva na convivência com os des-humanos.

Agora ainda não canta, que é noite, mas de aqui a bocado, está a espreitar oportunidade de petiscar nas migalhas de pão da janela.

Boa semana e beijoquita!

Sun Iou Miou disse...

En cada casa debe de haber un pisco, Luque. Só que nin toda a xente o ve nin o ouve.

Na escrita sempre temos o poder de comunicar o incomunicable, até os mundos.

É iso: haxa saúde, que a roupa cómprase. ;)

Anónimo disse...

...porque sabe que hai quen o escoita.
Un sempre gaña na vida mentres pense que gaña; e ao revés: basta que pensa que perde e daquela perde certo.
En fin, desculpará a filosofía barateira e o xogo de palabras.

Sun Iou Miou disse...

A filosofía, Kaplan, é barata, de balde incluso sáeme, mas é sofia na mesma.

Mais que saber que teñen quen os escoite, creo que desexan que alguém os escoite. Fóra a alma e a figura...

Tá-se bem! disse...

Ouvi na rádio que hoje era o dia mais triste do ano... ?? e que o mais feliz será a 24 de Julho..?? vá lá entender esta gente!?tssss

Para mim é uma bênção ler-te.. és o pisco que falta na minha janela :)

beijooo de segunda (outra vez) :|

Sun Iou Miou disse...

Fantástica notícia, Tá-se bem: agora estou muito mais feliz. ^_^

E tu pões-me migalhas na janela para eu te ir cantar? Então? Esperavas o quê? Que a gente-pisqueira cante de borla? ò_ó

Beijo de terça já!

Anónimo disse...

A miña nai (que é a alá da parte de Vigho) chamábame Pisco, e pra min que tiña pouco que ver co paxaro.
Daquela cantaba en inghlés (ou iso pensaba) sen que mo pedira ninguén.
E chover, chovía...
Ten cousa a cousa: a radio xa case ten un aquel de romántico... Ou?
Un gosto lerte, rapasa.

Sun Iou Miou disse...

Eras un adiantado da era frijolito, setesoles.

A radio xa foi románica. Cada vez está mais invadida por comentarios feisbuquianos. Calquera día presento unha queixa, porque se quero ouvir pallasadas da xente da rúa vou á rua e aínda río un pouco. Cando poño a radio é para que os que saben me ilustren a ignorancia. (Perdón polo desabafo)

E que máis dicías? Ah, o do pisco. Home, hai unha augardente peruana que se chama así tamén... Pero pode ser que túa nai cho dixese porque eras pequerrechiño (grande non naciches ou?) e fervellasverzas. Os piscos non teñen paraxe, salvo para botar unha cantarolada.

Aquí tamén se lle chama ao contrabando pisco, pero non sei porqué. Teño que investigar iso.

Un gusto que me leas, rapaz.