quinta-feira, 4 de fevereiro de 2010

(F)oda aos bombeiros de Braga

Advertencia ao lector incauto:
Esta pornochanchada en verso
fere as máis líricas susceptibilidades.

Ouvín dicir nas noticias
que na cidade de Braga
por evitar impudicias
hai sempre quen todo faga.

Dixo o xefe dos bombeiros,
(ironía aquí nin pinga)
que non van arder braseiros
que o seu corpo non extinga;

que nesta aldea global
das novas tecnoloxías
dispoñen p'ra cada cal
de armas e artillarías

con que combater os lumes,
quer forestais, quer urbanos,
que se delaten por fumes,
p'ra evitar maiores danos.

Que non sexa por mangueiras
nin por moi longas escadas,
que non se encontren maneiras
de abafar as labaradas.

Moi ben dotados de medios,
sen escatimar dispendios
han de sufocar nos predios
calquera clase de incendios.

E non só ao sur do Miño
se estende a viril potencia,
que no galego veciño,
tamén acada influencia

a súa forza operativa,
crucial p'ra impedir que prenda
nin fogo nin chama viva
no interior dunha vivenda.

Ha de estar contenta a igrexa
ante afirmación tamaña
pois que sempre tivo envexa
do Santiago da España

que as reliquias lle ripara
p'ra lle minguar importancia,
e saíulle ao pobo cara,
que é quen as guerras financia.

Xa non vai haber faísca,
tras esta fraterna avinza,
sen que veña unha chuvisca
que a transforme logo en cinza.

Lapa non hai que resista
aos dous lados da fronteira;
baste que haxa lume á vista,
xa lle chuzan a mangueira.

Por iso se vou a Braga
irei vestida de amianto
pois sería sorte aciaga
que o que a quecer custou tanto

veña un bombeiro e apague
en apenas uns segundos
e para sempre me estrague
os meus fogos máis profundos.

E non consinto que un bispo
sexa quen ordene e mande
se me ispo ou non me ispo
ante a presenza dun glande,

só porque veña un bombeiro
que pensa que a ten meirande
e queira ser o primeiro
que os meus ardores abrande.

12 comentários:

condado disse...

Carnaval, carnaval... Tes que llo mandar aos bombeiros en DINA3

Sun Iou Miou disse...

Hehehe! Ven o Leo este ano, Condado. Igual hai que facer uma comparsa co corpo de bombeiros de Tomiño e Protección Civil. `_^

Teté disse...

Eheheh, não te sabia com dons de poeta humorística... :)

Esse bombeiro é realmente um super-homem...

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Ah, fiquei com "curiosidade" de conhecer esse bombeiro, Teté, depois de ouvi-lo falar tão orgulhoso dos seus meios de combate aos incêndios urbanos. `_^

Sou uma caixa de surpresas, não sou?

Beijoquita e bom fim-de!

Anónimo disse...

Non estou costumado a este lirismo extremo (teño certamente rixos os cabelos da sensibilidade) de bombeiros a vestiren braga

Sun Iou Miou disse...

De cando en cando, case sempre por volta do entruido, permítome unha delicadeza destas, Kaplan, un disfrace medieval coma outro calquera.

Ben sei que non é para ouvidos lavadiños.

Marreta disse...

Até que enfim um super-bombeiro! Já tinahmos super-homem, super-mulher, super...
E que nunca falte água à mangueira do bombeiro!

Saudações do Marreta.

Sun Iou Miou disse...

Nem incêndios que apagar, Marreta, nem incêndios. `_^

Kapikua disse...

Quando virem este homem de mangueira na mão saiam da frente que ele tudo apaga, inclusive o que é para arder!

não li a notícia que deu origem à (f)oda mas que te inspirou, inspirou :)

Beijo molhado!

Sun Iou Miou disse...

Quem é que escreve cá poesia, diz-me, ó Kapikua?

A notícia não li, ouvi numa rádio local. ;)


Beijo ardente!

Anónimo disse...

Queira o demo (deixemos a deus descansar desta volta) que nunca se apaguen tódalos incendios.

Daquela seriamos perdidiños. ;))

Sun Iou Miou disse...

Apoio a moción, setesoles. Hai incendios que se deben manter, polo menos, nas brasas. :)