quarta-feira, 24 de fevereiro de 2010

Mam(on)adas

Na miña vida fumei activamente (pola pasiva só se a compañía o compensa) e para o que me queda xa non tiña pensado. Pero velaí que esta mañá, no repaso habitual polos blogues e a prensa dixital, tropézome cunha campaña que se pretende antitabaquista na que se compara a fumeta coas felacións (ffff....). Home, teño ouvido a expresión de andar a mamar no cigarro, pero a min non me digan, por moito que bote fume un polas partes baixas en momentos de excitación, que tanto monta monta tanto unha mamada coma un cigarro. As comparacións, ao final, son odiosas e pódense virar en contra das mellores intencións, coma cando se cospe un lapo que nos entupe a gorxa sen nos fixarmos na dirección do vento. E vostedes dirán que qué saberei o que é mellor e o que é peor se nunca fumei? Certo. Só sei que de tal asociación de ideas estame a entrar unha ansia demencial así de mañá cedo de mandarlle un cigarro e xa non parar... Vou dar unha ducha fría.

12 comentários:

Teté disse...

Como fumadora, suponho que devem alertar para os malefícios do tabagismo, mas algumas campanhas descambam no ridículo. Como esta!

E o que os putos gostam de "frutos" proibidos?!

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Eu também acho, Teté, que se deve alertar, mas não me pareceu nada afortunada a comparação.

R.R. disse...

Como somos. A min con estas cousas tamén me entran ganas de fumar. Bueno, e de mamar/chupar/sorber/chuchar como un esclavo. Arredemo, que campaña tan efectiva, para min que a paga Marlboro.

Sun Iou Miou disse...

Menos mal que xa me duchei e me baixaron os fumes, r.r. ;)

alturista disse...

Pasei por aquí de casualidade. Gostei mesmo deste lugar e, con permiso da anfitrioa, fago propósito de volver.

Sun Iou Miou disse...

Non faltaba máis, alturista. Sempre que a porta estea aberta pódese entrar... e saír. `_^

Grazas pola visita

luque disse...

A min pareceme ca imaxe escravitude e totalmente perversa e contraria as minimas liberdades.
Da arrepios o pensar que alguns franceses(franceses, manda truco), son capaces de pensar coma expresa o xornal. Daiqui aos Lepins, Lefevres... non queda nada
Doutra banda, apontome a idea do RR,¡¡¡ Viva o Marlboro !!!...

Sun Iou Miou disse...

A min tamén me chocou que isto viñese dos franceses, precisamente, Luque. Que enganadiños nos tiñan!

A ver cando lle mandamos un café con ou sen cigarro, que xa vai ben tempo. `_^

João Paulo Cardoso disse...

É por estas e por outras que, pelo sim, pelo não, não fumo.

Mas aceito quem queira (me) fumar.
:)

Beijos.

Sun Iou Miou disse...

Fazes muito bem, JPC, nunca se sabe o que um cigarro nos pode deparar. ;)

Anónimo disse...

O campo das asociacións de ideias ven sendo tan vasto coma o mar e mesmo os océanos, todos ben xuntiños.
Eu fumaba. Porque taba ledo, porque taba triste, porque facía frío, ou calor. Ou todo o contrario.
A outra fumeta asóciase tamén con todo. Pero hai que recoñecer que é moito máis recomendábel. Mesmo se é pasiva, hai que decilo. ;))

Sun Iou Miou disse...

A xente que ideou esa campaña ten un problema grave, setesoles, moi grave. ;)