domingo, 7 de fevereiro de 2010

Nada mellora nunca

Onte fun ver un bodrio que se me fixo insoportable, contra todas as críticas —impresións miñas, dignas de creto ningún. Mesmo así, estaba tan cansada, que me abandonei na butaca, nun vitimismo absurdo, mirando o reloxo cada cuarto de hora, mudando de postura cada cinco minutos, acosada polos primeiros planos xesticulantes e gritóns dos personaxes que me atacaban os nervios, tentando convencerme de que talvez a cousa mellorase contra o final e sen que nunca mellorase. Como se non soubese, a estas alturas, que nada mellora nunca.

10 comentários:

Anónimo disse...

Muller, se "una golondrina no hace verano", unha mala película non fai un inferno. Acougue, ande, e non perda a confianza nos xéneros humano e cinematográfico.

Sun Iou Miou disse...

Claro que non, Kaplan. Pero puñan tan polas nubes a película que quedei coa esperanza de que tivese algún momento brillante e nada. Á parte de que a dobraxe e a tradución eran de saír a correr. Non sei como o aturei... ou si, pero son cousas miñas. `_^

Teté disse...

Há um provérbio por cá que afirma que "o que nasce torto, tarde ou nunca se endireita", que parece ser o caso desse filem, que só pelo trailer não me pareceu exactamente atraente.

Enfim, tens sempre a possibilidade de sair da sala de cinema... :)

Beijoquitas!

Marreta disse...

Não me posso pronunciar sem descobrir o bodrio, e como "estes" bodrios e tubes estão censurados aqui no bules, volto mais tarde.

Saudações do Marreta.

Sun Iou Miou disse...

Ficas isento de pronunciamento então, Marreta. Volta sempre.

Sun Iou Miou disse...

Acho que o provérbio é referido aos carvalhos, Teté,mas é que tinha tão boas críticas o raio do filme ou era eu que estava cansada e me deixei estar na poltrona...

Jonas disse...

...Mirando o relógio a cada quarto de hora, mudando a postura a cada cinco minutos...
Viver ao minuto não é uma grande foda não?
hihi

Sun Iou Miou disse...

Morrer ao minuto, dizes, ó Jonasito?, é uma foda desgostosa. Nem hihi nem hihihi! ;)

Anónimo disse...

Pois eu sei dun que andaba eses días de atrás cunha boa mormeira enriba. E pasou.

Gosto de ver que non es infalible. ;))))

Beijos á espera da (fodida) neve.

Sun Iou Miou disse...

Entón pensaches por algún momento que era infalible, setesoles? Pois non só non son senón que son cada vez menos(que ritmo lindo para unha canción, a ver quen é o bonito que ma rouba...). As mormeiras adoitan ser temporais, por iso pasan. :)

Vai nevar por aí? Aquí (aí fóra, digo) está un sol radiante.