sexta-feira, 23 de abril de 2010

Bailas?

Musítame un descoñecido ao ouvido e eu digo non, non, digo un sorriso, digo os pés cangados na timidez que rima con estupidez, nin peixe acuático no rumor da harpa, da palabra poema que acompaña os pasos. É festa e eu quedo no meu luscofusco admirando o esplendor do escenario: a palabra fende o espazo dispersando borbullas de xabón, sementes coloridas, corcheas sen pentagrama, cereixas bicudas dun vermello case negro, plumas de faisán macho, recendo de azar e limón. Entremedias, un estilete gandúxame con fíos de distancia en espiral o eco da túa voz ao peito. Sangro chumbo.

14 comentários:

Rafeiro Perfumado disse...

Mulheres, sempre a fazerem-se de difíceis...

Sun Iou Miou disse...

E a lixarem-se por parvas, Rafeirito: oportunidades perdidas. ;)

condado disse...

Nesta época tecnolóxica tan avanzada, pode ser que a vida pase simplemente para que a vexamos, non? Ao final, os da barra, somos expectadores de futuro (sen especificar tipo de). Mais que gostamos de ver bailar, si.

Sun Iou Miou disse...

Espectadores, Condado, e notarios autorizados de cores e ritmos.

Anónimo disse...

Ao mellor así salvou os peíños (hai bailaríns que, coma min, son auténticos destrutores de pés; por iso exerzo pouco)

Teté disse...

Pois, às vezes tem de se sair da plateia para o palco, e o "salto" não é fácil... :)

ella disse...

Musítame un desconocido al oído y yo digo no, no, digo una sonrisa, digo los pies cansados en la timidez que rima con estupidez, ni pez acuático en el rumor del harpa, de la palabra poema que acompaña los pasos. Es fiesta y yo quedo en mí anochecer admirando el esplendor del escenario: la palabra hiende el espacio dispersando pompas de jabón, simientes coloridas, corcheas sin pentagrama, cerezas bicudas de un rojo casi negro, plumas de faisán macho, aroma de azahar y limón. Entremedias, un estilete me engancha con hilos de distancia en espiral el eco de tu voz al pecho. Sangro plomo.

Deshoras disse...

Non te perdas isto:

http://anoitedesanxoan.blogspot.com/

Sun Iou Miou disse...

Vostede sempre encontrándolle o lado positivo á cousa, Kaplan. Loado sexa! ;)

Sun Iou Miou disse...

Não me via eu de dançarina ali pelo meio, Teté, ainda que a música arrastasse os pés mentalmente. :)

Sun Iou Miou disse...

Hehehe! Deixáchesme pasmada uns segundos, Ella.

Case sobresaliente.
*bicudo = picudo
*ganduxar = hilvanar

:)

Sun Iou Miou disse...

Absolutamente bestial a criatura, Deshoras. Cada vez mellor: agora un musical!!!

O que non sae á raza hai que matalo, está visto. ;)

Chousa da Alcandra disse...

I eu que pensaba que cando diciades "non" era que, simplemente non...
Cada hora semellámonos máis!

Sun Iou Miou disse...

Garántoche, Chousa, que cando eu digo non é non. Quero dicir que a timidez non ma quita ninguén, nin a estupidez, e non ía saír de maneira ningunha. Non é non.