terça-feira, 13 de abril de 2010

Segredos ben gardados

Quen non quere que unha cousa se saiba,
nin a si mesmo a debe confiar,
porque non cómpre deixar vestixios.

Giulio Andreotti en Il divo* de Paolo Sorrentino

Era unha película que quixen ver no seu momento, pero non cadrou. Tampouco cadrou o outro día cando a botaron no Poleiro, que ía morrendo de dores e ningunha postura me sabía ben na butaca. Así que onte enchufei o dvd e pasei 113 minutos gloriosos de política italiana contados desde unha óptica cáustica (que lindos os esdrúxulos), cunha banda sonora que sempre se interrompe no mellor coma os amantes crueis e espertos e os encadramentos encadradísimos que contadas veces se inclinan e nin así quebran a simetría e un ruído de efervescencia (que non vos enganar, é das aspirinas) que suaviza o ametrallamento de información, tracatracatrá, e a anteposición de consecuencias, golpes de imaxes brutais que se descolocan do fío temporal lóxico, pero quen sabe cal é a lóxica do pensamento? Unha beleza, dígovos, para ver con calma e o mando, pausa, imprescindiblemente na man. Ai, e prego, en italiano é outra historia.

______________
* Nun texto anterior coloquei a ligazón ao brutal monólogo sobre o poder, que me parece o máis representativo da personaxe. Agora despois de ver conscientemente o relato de Paolo Sorrentino xa ni sabía cal elixir, tan esencial me parece cada segundo. Déixovos unha canción que podía ser calquera outra das que dan corpo ao corpo.

6 comentários:

couselo disse...

Rematarei por vela logo, pero temo que terei que atopar un recuncho ou un tempo no que a dona da casa non estea, porque parece que quedou algo aborrecida do filme.

Sun Iou Miou disse...

Asina antes, Couselo, un documento escrito consoante eu non te obriguei a ver nada. ;)

Teté disse...

Ah, afinal não gostaste do filme devido ao mau-estar, não à película em si... Acontece! :)

Gostei da música. Agora que tenho um computador "emprestado" muitas coisas não oiço, que o som é baixo, mas esta consegui ouvir perfeitamente!

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Eu estava a gostar do filme na outra noite, Teté, por isso quis ver de novo, só que não estava no meu melhor. De qualquer maneira acho que é para ver em dvd se não se conhece a política italiana a fundo, porque lembra uma história de banda desenhada e tem um ritmo muito rápido.

A música forma parte da banda sonora, mas preferi colocar esta que está inteira. E era difícil escolher uma.

Marreta disse...

Confio em ti, fica na calha. A política italiana só pode dar excelentes filmes, então quanto a filme cómicos argumentos não faltarão!

Saudações do Marreta.

Sun Iou Miou disse...

Agradece-se a confiança, Marreta. Mas quando vires, aconselho-te a ter o telecomando a mão, para fazer pausa e recuar para perceber melhor. ;)