quarta-feira, 12 de maio de 2010

Máis un síntoma de primavera



cría de
ferreiriño común (gal.)

chapim-carvoeiro (pt.)
carbonero común (cast.)
Parus ater

Saíu a voar da poza en canto os cans chegaron a beber e refuxiouse entre as silveiras, á espreita, dividido entre a curiosidade inxenua dos seus poucos días e o receo do instinto, que lle foi encrespando as plumas á medida que eu máis me aproximaba coa cámara, como queréndose facer enorme, temible ogro que me aterrorizase, as forzas todas concentradas no rostro para deseñar a súa mellor cara de ferreiro... e nada.

4 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

E que hai fotógrafas arroutadas que nin poñéndolles cara de ferreiro...

Teté disse...

Adorei a foto! E o texto condizente...

Tão pequenino e já com tanta curiosidade e esses instintos de assustar os outros com a sua penugem... :)

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Hehehe, Chousa. A verdade, o pequerrecho tivo unha paciencia comigo...

Sun Iou Miou disse...

Mágoa que as últimas fotos que lhe fiz, Teté, saíssem movidas. Ele no fim começou a piar e a colocar as penas todas de ponta, mas eu tenho mau pulso.