segunda-feira, 9 de agosto de 2010

Ante un ermo vasto (10)

Cando terminou de ler as Memórias póstumas de Brás Cubas, quedou a pasmar un bo anaco. Entre tanto íalle abrollando a golpes suaves e ondulados unha idea que apenas uns séculos depois, xa consciente dela, había qualificar de fabulosa. El tamén ía escribir de morto! Que ocorrencia xenial! Acelerado polo entusiasmo, Xoán Lobo Vieira dirixiuse á casa galgando vila através sen desviarse ante paredes nin mirar aos lados para cruzar as rúas, sen pedir paso aos veciños que cumprindo a tradición se xuntaban ao luscofusco nas terrazas para falaren da calor e enxotaren en comuñón a impertinencia teimuda dos mosquitos. Non ben chegou, considerou oportuno ao decorado colocar un malte seco nun canto do escritorio. Deseguida librou o espazo de papelada, colleu unhas poucas de cuartillas limpas dunha resma xa mediada e sentou, na man dereita a pluma, entre o furabolos teso e o gordo da esquerda pousado moi intelectualmente o queixo, pronto a acometer a maior obra literaria nunca escrita: o relato da súa existencia real no alén. A brancura do papel foise tinguindo de amarelo mentres nun remuíño zoaba o baleiro da atemporalidade.

(Nunha dimensión diferente os deuses, parados ante un ermo vasto suspendido na eternidade por columnas xónicas cuns repoludos querubíns trompeteiros a modo de capiteis, continuaban a debater un proxecto á medida do soño humano: un xardín abundante en regatos e maceiras, con conexión wifi.)

19 comentários:

Teté disse...

Este post fez-me lembrar um conto da Patricia Highsmith intitulado "O Homem Que Escrevia Livros de Cabeça" (ou algo parecido)... Ou seja, o "escritor" engendra todo o enredo, personagens e pormenores e depois de terminada essa tarefa, parte para novo "livro"... :)

Beijoquinhas!

Sun Iou Miou disse...

Não li o conto da Patricia Highsmith, mas a ideia, de certa maneira, Teté, vai por aí. Quem não escreve de vivo, mal pode escrever de morto, porque depois não há nada (com o carpe diem ao fundo), como muito uns deuses sem noção do tempo envoltos numa discussão interminável sobre o desenho do paraíso.

Raposo disse...

A tarefa paréceme inconmensurable. Mais propio de nós estaría escribir durante a etapa hipnótica e vomitiva das borracheiras. Pensareino...

Xan disse...

Un morto consolando aos seus deudos, iso se que sería tenrura póstuma nunha nova dimensión.

Sun Iou Miou disse...

Consegue escribir e vomitar a un tempo, Raposo? Admírame vostede. ;)

Sun Iou Miou disse...

Podemos inventar dimensións para o que nos pete, Xan. Vostede poña o seu morto a dar o pésame, que eu poño o meu a servir copas e facer de DJ no velorio. ;)

Anónimo disse...

Sobre as Memórias de Brás Cubas tiven que facer un traballo para Literatura Brasileira haberá polo menos cun cuarto de século. Non me volvín acordar da novela nin do traballo (nin por certo lembro que nota me deu a profesora) até que onte lin o seu post.
Esa si que é atemporalidade, acho.
Un saúdo.

Sun Iou Miou disse...

Pois eu espero non esquecer que o lin, Kaplan, porque me vai inspirar para un enredo que teño nun fervo non fervo no maxín... e espero que sexa atemporal. ;)

luque disse...

¡¡¡rexurdiu o XLV!!!. Agardo con moito interese as novas entregas despois de que descobriu a sua nova habilidade literaria. Concordo coa idea de que anda por outras dimensions (a fisica teorica dis que e posible):))))

Sun Iou Miou disse...

Xa ves, Luque, deberíalle quitar máis partido ao XVL, que estando onde está ten licenza poética para todo, mesmo para pasar cen anos coma quen chisca un ollo fronte a unha cuartilla en branco sen escribir unha liña.

Quen queira realidades que lea a prensa e vexa os informativos.

Kapikua disse...

queria as minhas memórias póstumas iguais às de XLV.

uma folha em branco que vai amarelecendo...

beijo muito mais vivo que morto

ella disse...

Y se puede leer en castellano a este Machado?

Rafeiro Perfumado disse...

E achas que no paraíso há ligação por banda larga? É que começo a desconfiar que o SPAM vem de lá...

Beijoca!

Marreta disse...

Estou a pensar em brevemente passar umas férias no além, não levo pc nem espero nem quero ligação wi-fi. Se gostar da coisa mando-te as minhas longas memórias para publicares.

P.S.: primeiro terás que as traduzir...

Saudações extrafísicas do Marreta.

Marreta disse...

Não me digas que também foste passar férias às Ilhas Caimão!...

Saudações do Marreta.

Sun Iou Miou disse...

Eu nem memórias em vida vou tendo, Kapik, quanto mais posso aspirar às póstumas!

Beijo muito póstumo!

Sun Iou Miou disse...

Me imagino que sí que se le podrá leer, Ella. No es un escritorzucho cualquiera. Googlea anda, que yo tengo más que hacer. No todo el mundo agostea. ;)

Sun Iou Miou disse...

O SPAM vem de toda a parte, Rafeiro. Qualquer dia até nos impingem SPAM pelo WC!

Eu até recebo ultimamente SPAM de anónimos, sem ligações nem nada! Qual é o objecto disso?

Abracinho!

Sun Iou Miou disse...

Só me querem dar trabalhos, Marreta! Mas manda essas memórias que ainda nos fazemos ricos depois de mortos!

E não, não fui passar férias, quanto menos às Ilhas Caimão, que não tenho eu motivos para visita-las (isso se calhar será após a tradução das tuas memórias, quando cobrar os direitos).