sexta-feira, 6 de agosto de 2010

Receita para adiar máis un día a compra

Onde vai xa que da neveira sumiron os iogures e só lle abro a porta para sentir o frescor na cara a aboiar de calor e desleixo. Petisco aquí e alá para compor un menú de migallas e restos: una lata de atún baixo en sal ou o derradeiro toro de peixe conxelado, as ídem ervellas ou unha cenoria mirrada, arroz ou pasta que ameazan xa cun alarmante fin de existencias e a froita do eido, ende ben, que non me falta. Velaí, entón, que nesta desolación alimentaria aparéceme o veciño co agasallo duns tomates (vexetais, non me sexan mal pensados, que non estou para chanzas), que eu non sei se será a fome de comer verdades ou a desgana de ir á compra pero morrería así á fronte dunha prata deles, nun baño de aceite denso transmontano, un orballo de tomiño e albaca e as pingas finais de vinagre (meu, de por min co viño que non bebín e o oxíxeno que non respirei criado) a sobrancealos. E pan para mollar, claro.

16 comentários:

Kapikua disse...

gula por tomates é como outra gula qualquer...

vem temperados como tu propuseste levar-me-ia aí para te ajudar a acabar com a botelha de vinho! :)

beijo destemperado!

Sun Iou Miou disse...

Chegaste tarde para o vinho, Kapik, desta vez não ficou nem gota para vinagre, hics!

Beijo intemperado!

Kapikua disse...

foda-se lá para a bêbeda! :)

nem uma mini arranjas por ai?

beijo grande

Sun Iou Miou disse...

Agora és tu o intemperado, ó Kapik?!

Arranjo-te é mais um barril de cerveja, aqui minis só os beijos.

Beijo mini!

Kapikua disse...

beijo mini deve ser bom...
manda-me uma grade desses para provar como deve de ser!

beijo fresquinho!

Sun Iou Miou disse...

Vou-te mandar uma grade mais é à cabeça! ;)

Beijo (a)gradecido!

Tá-se bem! disse...

Ahahaha tás tal e qual eu... pior que com o calor nem apetite me dá, a não ser para saladas... mesmo com a loja ao virar da esquina... :/ e olha que me deixaste com água na boca! eheheheh

Beijooo de sexta já (cada vez mais quente por aqui... )

Sun Iou Miou disse...

Se trazes pão, Tá-se bem, deixo-te molhar no azeitinho. ;)

Espero que o cheiro ao esturro que chegou aqui não seja do teu jantar! Deve ser mais de incêndios. :(

Beijo de sexta ainda!

condado disse...

Un pouco de pementa poñeríalle eu, e un cacho de tortilla para acompañar e aproveitar mellor o aceite e o vinagre (que debería de ser meu -podes coller na casa que, supoño, aínda haberá). Abrazo dende as miñas vacacións...

Sun Iou Miou disse...

Eu tamén lhe poría pementa e sal, pero non debo, Condado. Canto á tortilla, non dixen que a miña despensa -e non só- está en servizos mínimos?

Anónimo disse...

Eu engadiría uns chouriciños aquí do país, ben frescos, para cocelos e que sangren ben os cachelos con que os acompañar. Que lle parece?
Coas propostas de uns e outros ben lle enchemos a neveira e a casa para unha xantada.

Sun Iou Miou disse...

Creo que non vou escribir nada máis sobre comida, Kaplan. Uns propoñen cousas que non hai na despensa, e vostede cousas que nin poden entrar. Non me torturen máis.

Anónimo disse...

Falta a sobremesa! Que tal um bom gelado caseiro? :)

Beijinhos :)

Teté disse...

Especialmente no Verão faço muitas vezes uma espécie de salada algarvia com tomate, pepino e cebola, com sal, azeite e vinagre a condimentar... E não é chalaça, é mesmo verdade, que é fresca e sabe bem! :)

Mas não tenho vizinhos desses que me ofereçam tomates (eheheh), tenho mesmo que ir ao super ou à mercearia comprá-los... assim como a fruta toda! :D

Beijoquitas

Sun Iou Miou disse...

O gelado só se tu o preparas, ó Fernanda! :)

Sun Iou Miou disse...

Mas o fundamental nisto tudo, Teté, é que os tomates são apanhados no ponto óptimo de sazonamento (ao sol!) e sabem mesmo a tomate: é uma experiência extrasensorial! ;)