E se non sucede nada, que conto? Só que ir en coche á Cidadeabertaaomar non rende? De catro recados que tiña que facer, cumprín con dous. Aínda ben, os imprescindibles: médicos, receitas e tal (tal é libros: hai unha librería preto do hospital, deberan prohibilas). As salas de espera xa non son o que eran. E iso que hoxe había atraso, pero que rabia!, non foi así tanto como para que me dese tempo a rematar o drama! que traía quente nas mans. E os pacientes, que agora chaman usuarios, nin se alporizaron, se cadra pola inminencia do Nadal. Mágoa, sempre daba para contar algo. Que que fixen entón? Volver coa mochila cargada de libros e medicamentos, para subsistir un mes, psíquica e fisicamente. E un dicionario pesado que me deu para cismar mentres subía a pendente ata o párking, acorando: será certo que ando mal de glóbulos vermellos? Ou é só que perdo fondo? Eu poríame no mellor, pero xa non distingo o peor do mao. Que tráxica ando, xa me vale. Nin que fose inverno.
terça-feira, 22 de dezembro de 2009
Invernía

domingo, 20 de dezembro de 2009
As aparencias (7)
Xoán Lobo Vieira mirouse no espello. Naturalmente non se viu. O que viu foi o eido que había tras a parede que había tras o espello. Viu as árbores e tras as árbores, os montes; tras os montes, o mar; tras o mar, un continente, mar e máis mar, outras terras, estrelas punteando un lonxe infindo en que o día xa era noite. Do que el fora, transparencias só. Tivo que se imaxinar, definirse o contorno, os ollos rebuldeiros, o sorriso ausente nas comisuras caídas da boca desdentada, perplexo. Até que...
Achegouse á mesa de cabeceira. Estaba alí aínda. Colleu o vaso e volveu para o cuarto de baño. Baleirou a auga choca polo sumidoiro da pía. Abriu a billa e lavouna ben lavada. Logo colocouna no sitio como se aínda existise sitio onde colocala. Virouse de novo para o espello, viuse ao cabo. Era só dentes sustentados na nada do corpo distraído contra a paisaxe de froiteiras, cumes, océanos, américas e asias, universos. Entón ocorréuselle unha idea. Quitou do armario o traxe dos domingos e vestiuno, calzou os zapatos novos e as luvas de coiro, axeitou, escorándoo, o chapeu de feltro por onde fora a cabeza. Abriu a porta da rúa, a inseguridade a preceder os pasos. Os farrapos da primeira nevada do ano pousáronlle nos ombros coma bolboretas brancas, xarelas. E púxose a camiñar finxíndose xente, perseguido por un rastro ben nítido de pegadas.
sexta-feira, 18 de dezembro de 2009
De pouco durmir e moito respirar
(avanzar)
Son as dúas menos dez da madrugada cando sae de min a cidade. Na radio fálase do regreso de Aminetu Haidar a El-Aaiún, de que ao día seguinte se vai debater no Parlamento catalán sobre a prohibición das corridas de touros. Quedo por aí, coas boas noticias, e poño o disco de Tótrips, Guitarra 66, que veño de escoitar, en directo, plugged e unplugged, pola brava, na sesión de Quintas de Leitura. Canto, ás veces, diva soprano, para me manter esperta. Total, ninguén me ouve.
(rebobinar)
Non pensei que poesía fose inmateria de atraer masas e funo deixando para o final, até que entrei en pánico de berbequí motorizado. E se chego e non hai entradas? 100 quilómetros ilusionados máis 100 quilómetros desilusionados suman nada. Por iso, as nocas, tímidas, petaron na porta e a voz pola punta dos dedos gritou, maxia das mans completa: Hai alguén aí?!
- Não há alguma maneira de reservar bilhete? É que eu queria assistir, mas tenho de fazer 100 km (de ida e outros tantos de regresso, obviamente) e vou com o tempo justo. Se depois chego aí e está a lotação esgotada, morro mesmo no sítio (sempre é uma chatice morrer às portas dum teatro).
E do outro lado responderon a Patrícia e o João (e eu tan-tan obrigadísima desde aquí a eles), que non, que non se podía consentir tal drama perralleiro en local nobre, calculando o desastre, imaxino, que ía causar certamente incomodidade aos asistentes e, quen sabe?, incluso un atraso na impreterible hora marcada de inicio da sesión, eu xa imaxinando os efectos pésimos do óbito, sobre min principalmente, que ao cabo é case inverno e a putrefacción é lenta.
(deter)
Silenciada a guitarra, entrei na casa, cos libros flamantes a cubrir o baleiro da noite pouca que me restaba, e ti, nin caso, negándome, negándome.
Custa-nos respirar,
a paixão exige-nos que nos
abandonemos à ideia de uma asfixia:
eu sem ti não posso assinar
o tempo,
preciso dos teus
olhos
de cidade devassada.*
E un plus inesperado, agasallo de minutos versos como estrondosas plumas de guacamaio (ai, ai, o Oscar Mourave musitándome...)
agora eu era linda outra vez
e tu existias e merecíamos
noite inteira um tão grande
amor
agora tu eras como o tempo
despido dos dias, por fim
vulnerável e nu, e eu
era por ti adentro eternamente
lentamente
como só lentamente
se deve morrer de amor.**
________________
*Cerco voluntário. Vasco Gato. Cadernos de Campo Alegre / 13
**o resto da minha alegria. valter hugo mãe. Cadernos de Campo Alegre / 7
quinta-feira, 17 de dezembro de 2009
Manteiga e noces
Agora entendín por fin aquela historia toda da manteiga, do tango e París France. Mira ti por onde fun descubrir que era unha lección de gastronomía. Confeso: saín un tanto así enxoada, co colesterol ofendidísimo e o J (un dos meus J, ollo, non o único nin todos) soñando cunha mesa ben abastecida e tentando persuadirme de que teño que montar unha cociña industrial. Eu, que un día si e outro tamén como lavado e só comigo? Pero é que ao J encántalle ver os outros a edificar os soños del, por iso non lle levo moito a contra. Limítome a non lle facer caso ningún e a convidalo a un caramelo. Total, que a película, fóra a manteiga e a voz lixeiramente estridente da dobradora da Meryl Streep, que me fura os ouvidos delicados con que esta miña idade madura tirando a podre me agasalla, está entretida. Nada que me mude a visión do mundo, nin me conmova, pero a compañía era agradable (o rapaz é bonito) e ademais tróuxome unha saquiña de noces de León, que son boas para o colesterol, disque, na súa xusta medida. E así xa compensa.
quarta-feira, 16 de dezembro de 2009
Exorcismo
Agora a soidade apégase, disque. Non entendo ben o funcionamento dos mecanismos dese devorar nos outros a temperatura cálida dos corpos. Se cadra é simple: a renuncia á compañía por uns desacompaña no próximo, afastándoo do mundo humano, arrimándoo aos reinos da irracionalidade: trebellos interactivos, animais aglósicos, plantas osixenantes, cogomelos plácidos, microorganismos simbióticos. Pero, francamente, desconfío de que sexa ese o proceso. A soidade, se acaso, reprodúcese no mesmo ser que a alimenta, medra, invade coma un tumor —sen entrarmos en malignidades—, espállase até os dedos e as orellas. E aí detense, que non hai mais carne en que prender. Non creo eu que sexa microbio de transmisión aérea, alado nin leve, a través de espirros, nin de contacto, apalpantemente. Se me preguntasen a min, diría —pero xa digo, só se me preguntasen— solemne: A soidade é un problema corporal interno, que non chouta de cabeza en cabeza como os piollos, moito menos coma os seus curmáns patos das pudibundas partes peludas, ai iso non!, nunca. É máis do estilo bicha solitaria, a propósito, okupa egoparva e cega, tanto que se nutre matando aquilo que a mantén vital e rillante: a miña estrutura sólida. O maxín, porén por iso, ten outros recursos: redacta cartas, ou poemas, ou relatorios filosóficos. Escribe, pronto, ou soña de alto, se vai frío: isto é, prolóngase comunicante expreso, desabafa, cospe monstros e belezas, para quecer un chisco os pés.
terça-feira, 15 de dezembro de 2009
segunda-feira, 14 de dezembro de 2009
E se foses morrer mañá?
Recoñecerse nos xestos: contemplar pola ventá o mundo que camiña cando o propio está para se deter, nin que as paisaxes sexan tantas e outras; traspasar rostros, crear historias, e quecer as mans agarimando a cunca do café para escorrentar o frío do miolo dos ósos. Non é estragar o tempo pouco pasmar e divagar, soñarse diverso nos moitos uns que pasan, ou degustar —ante a inminencia da certeza implacable e única incluso para quen nin a imaxina á espreita tras un semáforo— a beleza dos momentos, avelaíñas da existencia... anacos de ceo entre os edificios ou as nubes —tanto ten—, bailar, sorrir, chorar até non poder máis.
terça-feira, 8 de dezembro de 2009
Mais menos
É assim. Quem passou pela caixa de comentários do texto anterior, quem se achegou ao Quiproquó ou espreitou no féisbu sabe que ontem fiz anos: mais menos 48. Recebi, por isso, mais menos zeros, milhares de felicitações. Contudo, houve uma de cujo impacto ainda não me recuperei e que me deixou a ver luzinhas de cores, pois diz, mais menos palavra, assim:
Minha desgraçada, que não me avisaste que fazias anos!!!!
Maria, uma grande beijoca, e muitos parabéns. Não sei se é algo que te alegre, mas és das pessoas que mais prazer me deu [...] neste mundo.
Ora, eu sabia que tinha boa mão com cães, Rafeirito, mas isto, é coisa que se diga a uma velhota? Se ficares todo arranhado agora, a culpa, compreende, não é minha.
Beijoquita e abracinho grande para todos! ^_^
segunda-feira, 7 de dezembro de 2009
Hábitos viciados
Miss Anyeska chega ao café e já na esplanada vê o copo meio vazio de cerveja, as pontas apagadas dos cigarros no cinzeiro e a pasta dos papeis do senhor Luís sobre a mesa, a cadeira impaciente. Estará na casa de banho, pensa, mas pensou mal. O senhor Luís —logo descobre ao alcançar a porta— está frente à máquina do tabaco, introduzindo uma moeda com a mão direita, a esquerda descaída e silenciosa. Espirra. Nenhum escudo sobre o rosto impede a propagação de micróbios em borbulhinhas de cospe pela superfície metálica (não se adquirem hábitos dum dia para o outro?). Um pingo transparente fica pingando do nariz ao chão como um ioiô e Miss Anyeska, paralisada, engole de boca seca, enche de ar os pulmões, dá um passo e diz boa tarde. Pede um café ao balcão, normal. É uma boa altura para deixar de fumar.
domingo, 6 de dezembro de 2009
1130 km / 36 h

Chuvia e vento decontino case até Benavente. Despois sol. E nubes. Segovia. Un cuarto de hospital. Nubes, nubes, nubes, que van e veñen pola mente, achegan e afastan lembranzas. Se necesitas algunha cousa, dimo, repetíame. Esquécelle quen son. Isto de ser vello, dicía. E a filla de H, sabes como se chama? Ana! E sorría. Este hotel debe ser caro. Non se ve nada desde a ventá. Non, non se ven piñeiros. Ponlles algo a estes señores. Non me deixedes só. A noite.
A mañá. Sol, sol, sol, a pequerrecha. Que sorrí. E ás veces chora pero pouco. E logo nubes, chuvia desde antes de Puebla de Sanabria. E vento, e chuvia. Vento e chuvia.
quinta-feira, 3 de dezembro de 2009
As mans (6)
Ao Xoán Lobo Vieira só houbo dúas persoas que o quixesen. Un foi un mariño mercante ao que coñeceu nos 17 anos seus, home feito, enxuto, de todas as barbas, bonitiño e limpo, a manicura esmerada, educado e coñecedor de mundos e mares. E cariñoso: unha alfaia que até para xenro de prol daba se houbese sogra que o pretendese. O Xoán Lobo Vieira, no seu adolescente pensar, perdeuse de amores por el e foi correspondido, de facto, en perdición de amores polo mariño, o mariño mercante, o seu Sinbad, náufrago de mil illas-palabras.
Un día de finais de verán ou principios de outono, coa maré alta, o mariño colleu un avión rumbo a ninguén se lembra onde para embarcar rumbo a quen sabe xa. O Xoán Lobo Vieira, no estudio de Vilamormallo, aprendiz da vida, escribiulle unha carta chea de verbos, adverbios e substantivos escollidos un por un, agarimados, bolboretas prendidas con alfinetes crueis ao papel. El respondeu cos tópicos que lle aprenderan na escola dos poucos saberes, alfabeto e arimética, comas coma vómitos: "Pola presente, espero, que esteas ben, de saúde..." O Xoán Lobo Vieira non continuou a ler, coa desilusión esganándolle o alento. Decidiu que para a próxima había namorar cun poeta. E botou ao lixo a carta e a paixón.
Anos despois, de regreso a Vilamormallo, cruzouse por acaso co poeta e recoñecéronse nos ollos brillantes de timidez e un punto de alcol. Era bo mozo, alto, de barbas tamén (que andazo!), moreno e falangueiro, do seu tempo. Escribíanse cartas e namoraban á distancia habitándoa de superlativos. Por fin quedaron para se encontraren. El petou na porta do estudio, sentou no sofá, falaron de literatura e tomaron café con leite e torradas. Ao Xoán Lobo Vieira, entre recitados, esguellóuselle a vista para os dedos do poeta: mudoulle a expresión e a conversa. O poeta nunca soubo por que partiu as peras con el. O Xoán Lobo Vieira nin morto esqueceu a terra negra acubillada nas uñas do poeta.
No cuarto de baño o espectro contempla os dedos que xa non ten, recorta as uñas e límaas devagar sen barullo, mentres repasa no itinerario abandonado da vida, as mans delicadas dos poetas todos que amou sen que o amasen.

Etiquetas:
anxos sen ceo,
non é conto,
xoán lobo vieira
Disfuncións incorpóreas (5)
Entrou no cuarto de baño por rutina: é ben complicado desprenderse dos modos de proceder con que nos civilizan os instintos. Así que sentou no váter coma quen cumpre cunha necesidade ineludible mentres matina sobre o enigma esencial da humanidade, de onde vimos e a onde imos, para descubrir, chafado, que acaba de despexar a última parte da incógnita.
—Así que nisto consistía a morte? Que o café non caia ben no estómago, por exemplo, ou sentar a obrar sen gana? Se o sei antes!
—Así que nisto consistía a morte? Que o café non caia ben no estómago, por exemplo, ou sentar a obrar sen gana? Se o sei antes!
quarta-feira, 2 de dezembro de 2009
Os nove segundos en que fun líder de masas
Até que enfim! Já foi publicado na página de MicroQontos o relato que escrevi: Os nove segundos en que fun líder de masas. Logo-logo mas nem tão logo, coloca-lo-ei cá. Por enquanto, cliquem, vão lá, e já de passagem, podem ler o resto das histórias. Como não é coisa de votar, que aquilo é "café para todos", vou poupar em subornos... e angústias.
A (frágil) linha traçada no ar...
Este texto é fragmento duma
carta que escrevi em tempos.
Falar em caça sempre me lembra um sucedido. Tenho um tio de quem muito gosto, lá em Castela, irmão único de minha mãe. Ele é —era, agora já não— caçador, de caça menor (dizia que era incapaz de matar um bicho grande, com aqueles olhos de pessoa a mirar para a gente). Com ele aprendi a querer os cães, eu treinava-os com bolas feitas de papel de jornal velho e esparadrapo (não sei como se diz em português, essa fita adesiva que vendem nas farmácias para colar as vendas, antes era de pano, agora de papel, e que na minha família materna é tudo só farmacêuticos). Um dia pedi-lhe para o acompanhar. Madrugámos muito e lá fomos a caminhar para os campos de trigo, entre os restolhos, tudo amarelo e um horizonte infinito onde descansar a vista (e como eu adoro aquela terra seca, onde um manancial ou uma árvore são prodígios de encantar e as nuvens parece que basta esticar um braço para alcança-las!). Estava feliz que nem sei explicar. Ia atrás dele, como me indicara, com cautela sempre, atenta. De pronto, à nossa frente saiu uma codorniz a voar: retive aquela imagem da ave pequenina e torpe a bater as asas, como se aparecesse num ecrã... e na metade deste, pum!, vi-a cair, a linha que traçava no ar rota, eu com o coração de criança encolhido, lágrimas quase a abrolhar... Mas engoli-as, não queria que o meu tio me visse a chorar, não o queria desiludir (como se ele não fosse perceber, he!). Só disse: "Tito (chamamos-lhe assim Tito, de tio), vou para o carro, que estou cansada. Espero ali". E lá esperei que ele voltasse —à sombra do Ondini bege e da tristeza—, que não demorou muito. Sei que lhe estraguei a manhã de caça, mas ele não me recriminou nada, nunca comentou, é bom de mais para isso.
E agora lembro que devo chama-lo, ver como ele está, que já vai velho e não deixam andar só agora de carro. Antes passava as tardes todas num pinheiral que tem imenso, não sei quantas hectares, às vezes incluso o dia inteiro ele lá, a plantar pinheiros, tirar água do poço para as aves, apanhar cogumelos... De caçar deixou há muito. Disse-me que tinha pena de matar os poucos animais que ainda restavam. Tenho de voltar e leva-lo, para competirmos, como outrora, a ver quem conhece mais nomes científicos de animais e plantas.
Telefonei-o há uma semana, estava de aniversário. Desta vez nem me perguntou pelos cães, quantos tens agora?, como era seu costume nos últimos tempos, a avidez instalada do monstro que lhe vai engolindo as lembranças. Percebi que não conseguia me reconhecer, mas na sua inseguridade sentia a minha voz como de alguém muito próximo. No final, na despedida disse-me:
—Então quando vens por cá? Precisamos muito de ti.
Soube aí que retrocedera à aqueles anos por um instante, que me reclamava para lhe ajudar na farmácia como sempre fazia durante as férias da escola.
—Já não tardo —respondi.
Tardei de mais. Chamaram para me avisar que está no hospital, grave. Vou ir, mas já sempre vai ser tarde.
terça-feira, 1 de dezembro de 2009
Pallasa!
Que saibades que estiven a xantar cun George Clooney de andar pola casa e nin o recoñecín. Besta parda é o que son. Foi a finais do mes pasado durante unha xornada profesional. Nestas xuntanzas de reforzamento identitario adoita haber unha comida polo medio, ou fame negra, no seu defecto, e así, chegado o medio día, fomos ao restaurante. Procurei sitio na mesa e enfiei os ósos onde me cadrou, entre dous guichos. Vencendo o meu tuzarismo militante, recorrín ás armas da naturalidade de que carezo e solicitei aos corpos conlindantes cadanseu nome. Primeiro ao da dereita, que non me soaba de nada, pero nada. Era, dixo, Fulanito, profesor de universidade, que ía de relator ao acto. Logo pregunteille ao da esquerda, e ti quen vés sendo?, que me soaba de vista (que expresión esta magnífica!). Quedou a mirar para min con ar de incredulidade, como rei pasmado.
—Estás de coña, ou? —Aí descartei que fose o Clooney auténtico, porque este sería máis de: Are you fucking kidding me, aren't you?!
—Non, en serio, non sei quen es.
—Non sabes quen son?!
—Home, sei que es dobrador, todos me soades un pouco de vervos cando vou polos estudios, pero saber, saber, vasme perdoar, pero non.
O cata botouse a rir, imaxino agora que era risa frouxa e case humillación, ou quizá convencemento de que eu era unha pallasa. Falamos do oficio e dos inicios e do bo que estaba o cordeiro pero que non, que non comía máis: a conversa normal nestes casos. Desmemoria a miña, cando me levantei da mesa nin o nome me lembraba xa...
Pasou un par de semanas e tocoume traducir unha película de galego a inglés, para subtitulado. Tiven que lidar cun programa novo, de maneira que pasei quince días vendo as imaxes para diante e para atrás (mandando baixar santos do ceo cada vez que se me borraba o que escribira...), conxelando e desconxelando o avance. Namentres ía vendo ir e vir o protagonista polo monitor, un actor galego de sona, nos estritos amplos límites do que se poida considerar "sona" para un actor galego que mesmo participou nunha obra oscarizada.
E que?, diredes. Pois que só onte, cando rematei o choio, caín da burra: o famosísimo protagonista daquilo era o tal co que estivera a xantar no día de autos. Quería ou non quería unhas ben dadas? Pallasa!

domingo, 29 de novembro de 2009
No more running away
Amañecera de nin ir nin vir, cincento a pedazos e frío: para cine e museos, baixo teito. Tiña na axenda mental unha revolta á Fundação Serralves onde alá vai e fun... desenvolvela. Gustoume a exposición de Augusto Alves da Silva. Do resto, foime sobrando todo. Pero a mañá virou brillante e fotoxénica no xardín, e clic-clic-clic, déronme as tantas. Saín correndo para o cine. Alimento só no espírito.
No sueltes la soga que me ata a tu alma. No silencio portas que se fechan con estrondo. Nunha carta a promesa rota, amarelo o papel do tempo. León Felipe e Roberto Bolaño da man da ficción. Running away e un tango de fondo fondo: Angie is dead, my name is Tetro. Como podes fuxir da túa escrita? Acaso non te persegue? Accidente mortal, abandono, a familia, un manuscrito e un espello, minutos-imaxes a máis, rivalidades e misterios, xenio e éxito. La Boca e La Patagonia, os extremos, a paixón de viaxar. Coppelia ou a boneca partida en anacos sen sangue, that's love? Pais, fillos, irmáns, no more running away. Iso é amor.
sábado, 28 de novembro de 2009
Os pés (4)
Despexadas as escaleiras, a soas por fin na casa e no mundo, Xoán Lobo Vieira subiu ao dormitorio. No maxín demorábaselle preguiceira a sensación que noutrora lle producira a calidez dos chanzos de piñeiro. Ignoraba aínda as avantaxes que en atallos e desatrancos lle ofrecía o seu inestado recente para deambular (roldar, diríanlle agora os vivos ao itinerario circular dos pasos rasantes sobre a terra, distinguíndoo así do deles: recto, plúmbeo e sonoro) e confiaba nos pés que tivera —brancos, case translúcidos, coma os do escritor estadounidense asentado em Portugal que se deixaba fotografar descalzo e distendido nun sofá—, certísimo, e a partes iguais enganado, da inabdicable condición destes.
Tiña unha eternidade para desaprender.
Tiña unha eternidade para desaprender.
sexta-feira, 27 de novembro de 2009
Recaídas
Por causas alleas ao grupo, as clases de patinaxe só recomezaron hai tres semanas. O primeiro día, o monitor, aleccionando os novos, advertiulles que se querían aprender non se ían librar de caer unhas cantas veces, que era inevitable, que todos caemos e que tumba (ou tomba) e dálle. Namentres, Sun Iou Miou, servidora, fervéndolle os pés e co discurso sabido de corpo e cor, entretíñase en tentar malabarismos (e o demo) sobre as rodas traseiras dos patíns.
—De aquí a nada —engadiu o profesor virándose para min— aí a Sun Iou Miou faivos unha demostración de como se debe caer sen mancarse.
Meu dito, meu feito. Foi ouvir o meu nome, levantar a cabeza, desequilibrarme e mandar o primeiro batecú da tempada, como pallaso ensaiado. Os novos estartelaron os ollos e os veteráns regañaron a queixada, mentres o monitor, que ten nome de deus da guerra coma unha chufa do destino, se enchía de razón:
—E non o fixo adrede.
—Abofé que non —corroborei cos ollos esbagullados do ataque de risa.
Logo, durante o partido de hóquei, sufrín a segunda porque mentres fuxía coa bóla, o Á meteume o pau entre as rodas do patín esquerdo (Falta! Falta!) e aló fun eu a espatelarme coa perna reviritada, sobre a cicatriz de sempre, coma no amor. Non foi nada ao que puido ser. E o sangue, sendo algún, non daba para fillozas.
Total que pasei unha semana reprimíndome de arrincar a bostela, para que a ferida me curase ben, que ás veces danme arroutadas autodestrutivas. Porén, durante o partido desta semana, volvín turrar contra o Á e ao caer, batín... adiviñen, sobre que xeonllo? Xusto nese, xusto sobre a ferida non curada, e do golpe arrinquei a bosteliña que tanto me custara conservar. Malfadada eu!
(Nestas sempre me acorda a do que matou o cabalo dun tiro porque se lle ferira cunha silveira:
—Se non o mato, desángraseme! —explicouse o cata.
E eu polo si polo non, río e érgome, como se nada, sacudindo o po.)
___________________
P.S.: Onte foi a terceira clase e non caín nin unha soa vez, pero foi só por non volver arrincar a bostela.
quinta-feira, 26 de novembro de 2009
O poeta que virou prosador (sem destorcer nada)
manhã seguinte partimos e nada novo se deu. dia inteiro reavemos caminho que havíamos gasto à ida. Certinhos de nem querer esperar o tempo de um suspiro, rodámos carroça ininterrupta ansiando, como por vida, proximidades de nosso pai e ermesinda. o aldegundes falava na sarga, e eu anuía, e a sarga, pobre coitada, sozinha para várias noites, despalavrada de ninguém, ainda se morre de estupidez por ignorância de saber que viajámos ao invés de morrer.
o remorso de baltazar serapião. valter hugo mãe
Não é leitura para seres sensíveis mas é preciso ser sensível para lê-lo. Aviso: li-o do princípio ao final com a alma (pois, isso que já não tenho) encolhida. Agradável não é adjectivo para definir a emoção de quem segue a viagem pela mente do baltazar serapião, ao contrário, foi para mim e muito, muito convulsiva a força da escrita do valter hugo mãe*, são potentes as imagens que transmite, fez-me vibrar, sofrer com quem sofria e desfrutar da beleza com que transforma o mundo (os seus abismos e cimeiras, os seus horrores e excelências) em literatura de maiúsculas minúsculas.
Transformar o mundo em literatura era o título da conferência que me levou ao pé dele ontem, numa manhã de bágoas dessalgadas e ventos como ar de pulmões que se agarram à vida, sol por dentro de mim desafiante. Ele falou de si, de vencer os medos, de lutar contra as vertigens, de perseguir os sonhos. Como se fosse qualquer um de nós, mortais. Porque é gente, afinal, nem que escreva como um anjo sem céu.
____________
* As letras e a voz são dele... Xiça!
quarta-feira, 25 de novembro de 2009
Falo pouco de mim, diz-que
Tenho certeza (e deve ser das poucas minhas) que este desafio já me foi lançado por mais alguém e recusei-o muito educadamente (disto tenho certeza também, já vão duas, de aqui a nada estou acreditando em divindades de toda a espécie). Mas lá veio o Marreta com o convite, a dizer não sei o quê de estertores finais e, como é bem sabido, não se podem contravir as últimas vontades dos moribundos, pois isso pode vir a ser a morte deles. Estás a brincar, pá?! Nem sonhes em fechar o tasco!
Assim que aceitei, até porque há alguém por aí que disse que eu falo pouco de mim?! Acham? Olha, meu: é só pegar neste blogue desde o início e tem lá inclusive a minha idade, exacta até nas horas. Contudo, claro, isso é muito trabalho, n'é, seu preguiçoso? A gente tem de dar a papa estrulhada e mastigada em cinco frases brevíssimas, fazer um resumo da vidinha, delinear o indelineável em cinco traços.
Vá lá, pronto, vou fazer, mas com ligações aos textos que disso tratam, que sou cruel (mágoa, mas não pede adjectivos qualificativos o repto, que ainda tenho no acervo mais uns quantos que me são aplicáveis), ou nem tanto: só se a curiosidade os mata é que precisam de clicar.
EU JÁ tive um cancro.
EU NUNCA morri ainda.
EU SEI andar de bicicleta.
EU QUERO escrever a letra duma canção.
EU SONHO umas estupideces assustadoras.
E porque a vida já tem regras que se farte e porque encontro prazer em quebrar correntes, e cá entre nós, porque não se inclui nas ditas regras que por quebrar a corrente eu vá deixar de ganhar o euromilhões (nem que não jogue, que é o que tem mérito), nem que me vá cair (mais) uma maldição espezinhante, PROÍBO que ninguém dos que aqui venham aceite este desafio sob pena de levar uma praga que se lembra de mim para o resto dos seus dias poucos. Mahezu.
P.S.: Marreta, raistepartam, apaga-me esse FIM do coiso, que já me chegou de blogues fechados!!!

Subscrever:
Mensagens (Atom)