quarta-feira, 24 de dezembro de 2008

Na véspera da véspera

Quen me coñece sabe como é a miña vida ultimamente. Levo dous meses sen saír, pegada ao ordenador, sen festivos nin tempo libre para nada. Para esta noite -e só por non quedar de túzara- acordara ir cear á casa dun meu irmán que vive em Vilamormallo, pois ía tamén miña irmá desde o QuilómetroCero coa pequena. Despois pensaba volver para durmir n'As Carrouchas e mañá trabalhar (a)normalmente. Onte, contra as dez soou o teléfono: o número indicaba que era meu irmán.

-¡Hola!
-Hola. ¿Qué tal? -silencio longo.
-Dime.
-Que si no te importa íbamos a cenar ahí mañana.
-...?!

Esta noite a miña casa vai ser un campamento de refuxiados. Preciso cobertores, alcol e leite en pó. E persoal sanitario para me facer o boca a boca.

10 comentários:

condado disse...

Bueno, xa sabes onde está o penso, colle o que queiras... Boa noite para todos!

Sun Iou Miou disse...

Hehehe, Condado! E mantas de sobra non tes? Porque con estas xeadas vánseme quedar tesos!

condado disse...

Tamén, e unha cama grande...

Sun Iou Miou disse...

Tomo nota, Condado. Pensei que tiñas a casa rural chea.

Anónimo disse...

teno fácil:ábralles a porta da casa, péchese a seguir con chave no cuarto de traballo, non baixe até que a chamen porque a cea está lista.logo alterne con eles (a fin das contas son seus irmáns), e ás 11'30 todos fóra que son horas da misa do galo. verá como funciona.
polo si ou polo non, feliz noite boa e moita alegría.

Sun Iou Miou disse...

O seu sistema falla, Kaplan.
1)Viñeron para quedar.
2)O meu cuarto de traballo e durmir non ten chave.
3)A cea trouxérona eles, pero eu tiven que pôr a sobremesa e a intendencia. Facerlles as camas. E fregar a louza.

Iso si, agora mesmo, deixeinos a ver a tele, e eu, despois de deixar todo arrimado, vin para aquí a dar as boas noites e durmir.

Pero ben, non fan moito barullo e non fuman.

Teté disse...

Bom, um pequeno intervalo no trabalho nunca fez mal a ninguém e ainda por cima por uma boa causa... que a sobrinha é lindona! (e manos são manos, né?)

Espero que tenhas tido uma noite feliz na companhia dos teus! (`_^)

Beijocas!

LM disse...

dar dam trabalho mas também é bom sentir de quando em vez o calor dos teus.
beijos e boa entrada no 2009!

Sun Iou Miou disse...

Calor muita, LM! Entre o que me fixeron traballar e a temperatura a que me puxeron a calefacción, se algo non faltou foi calor!

Bo ano para vós tamén!

Sun Iou Miou disse...

Intervalo no trabalho, Teté? Trabalho a dobrar, queres dizer!
Mais foi bom! Ninguém ligou para as indirectas maliciosas dos outros (Ensinei-lhes a famosa frase: "É Natal, ninguém leva a mal!") e não acabamos a noite nas urgências.

Beijo!