Mostrar mensagens com a etiqueta vergoña allea. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta vergoña allea. Mostrar todas as mensagens

sábado, 12 de junho de 2010

Avuvuzelada









Nunca resistín a colocarme, à mantenta, xustamente e sen rede, no cordel dos equilibrios agudos que a curiosidade me brinda sobre mares de tiburóns ou vénuses papamoscas: a vida é estes riscos que nin sempre respectan as distancias e os medos, xamais a miopía. Será mellor isto, dígome, que o sosego dos muros altos e as arameiras electrificadas que abrasan moscas e estorniños. Do que se fala hoxe e tanto se vai falar nin sei nin me interesa, fóra o seguinte. Recibo a dose matutina e flipo a cores sen bandeiras. O intrépido xornalista, desprazado miles de quilómetros, felicítase de non ter que pisar a rúa nin enfrontar os ollos delincuentes e viciosos dos desprotexidos, do hotel para o estadio, do estadio para o hotel, acomodos idénticos aos que podería ter no salón da casa en pantalla plana e conexión satélite, con muito, dito sexa de paso, menos gasto dos erarios públicos para alivio dos meus ouvidos cansos. O outro comenta con orgullo patrio, desde o reduto rúgbico e de aí branquísimo e coloradote, de fala enxertada que raña na gorxa, como até o céspede para o campo novísimo e adhoc dos adestramentos futboleiros dos vermellos se importou en prácticos tepes das españas nun avión cargado de despropósitos. E eu insístome, en fin, descansa, non te esixas comprensións que te fritan as conexións sinápticas, rapariga (hoxe falo galego e, con todo, podía non), que aínda tes que lidar coa serie dos réptiles invasores e malísimos.

Namentres, entre cantigas exultantes, zunidos plásticos en demostración de potencia viril e moito abanar de farrapos identitarios (só hoxe souben, con atraso relativísimamente breve, a través dunha fenda de conciencia nos noticiarios), vinte e seis anos despois!!!, dítase sentenza: uns nove mil euritos de multa e dous anos de cárcere zafados con fianzas liberadoras duns centos de patacóns por cabeza de delegado autóctono. Non é mal choio, non, o da neglixencia criminal sobre a miseria. Bhopal apenas é un punto redondo nos mapas de papel... sen vuvuzelas que o asistan. E eu ao meu, que é mudarlle as pilas ao teclado.

domingo, 9 de maio de 2010

O parvo, se é anónimo, passa igualmente por parvo









A propósito desta embaraçosa questão, encontrei na casota do Rafeiro Perfumado um comentário que me permiti roubar e cujo autor ou autora não cito simplesmente porque aquilo é obra! (força de expressão) dum ser que se ampara na modéstia pudibunda do anonimato. É assim que nos mostra a luz no fim do túnel a mente privilegiada e esclarecedora:

Depende. Há casos provados em laboratórios de biologia de que a própria mulher pode ter um filho seu sem haver fecundação por parte de um espermatozóide. É um caso em cada mil milhões (óbvio que aproximado e exagerado) mas ocorre. Há uma interacção neurológica e a mulher quando está em ovulação, esse óvulo (oócito II) começa a desenvolver-se sem haver penetração e fecundação. Origina um ser humano (óbvio que cheio de problemas* genéticos pois contém um cariótipo reduzido e nem chega a sobreviver. Há casos que sobreviveu.

Perante tamanha evidência científica e pomposo domínio da gíria, impõe-se a interrogação retórica: o tal anónimo assinante não será fruto sobrevivente (óbvio que cheio de problemas genéticos e interacções neurológicas) duma dessas fecundações sem penetração nem espermatozóide que nos valha? Há casos, há, um cada dois mil dez anos, mais ou menos.

_______________
* Ignorava que ser preto pudesse ser entendido como problema, mas pronto, se a ciência o diz quem sou eu ―que deixei o curso de Biologia ao meio e nas aulas de Genética só fiz experimentos com moscas― para rebater nada?

quarta-feira, 14 de abril de 2010

Medo meten algúns

Isto a Gaspar pásalle por non ser xouba ou simple chincho con ácidos graxos omega3. Se fose xouba ou chincho, aínda que non dese a medida, acababa no prato ben fritido acompañado duns pementos do padrón de Murcia. Pero o moi animal, que non é peixe -aínda que a impersona non asinante que perpetra a noticia e o titular así o xulgue-, ten ese tamaño por causa da xenética e non hai quen lle meta o dente. E para que serve un bicho que non se come nin sabe facer acrobacias nunha piscina?

Para a próxima, en lugar de darlle cunha changarallada dun remo, métanlle unha descarga de metralladora, a ver se aprende.

_________
Esqueci esclarecer: xoubas são sardinhas pequeninhas; chinchos, idem em versão carapauzitos.

sexta-feira, 19 de março de 2010

Confesións e delitos

Despois de tanto pecado cometido (foi o café, foi a torrada com manteiga, foi o sal o sol da manteiga...) onte no Porto, pensei que non ía haber penitencia que me salvase. Porén, mentres na mesma mesa atacaba un xornal de papel, redimiume a estupidez ruín dos humanos: que haxa que ouvir isto cando aumenta a transmisión do virus da inmunodeficiencia humana nas relacións heterosexuais. Ten delito!

terça-feira, 9 de março de 2010

Acto de contrición

Levei porrada até no orgullo. Merecida. Que se saiba. Moi merecida. Será por iso que ao domingo estaba dolorida enteira, até dos dedos dos pés -hai quen pense que os dedos dos pés non doen, como se pudese haber insensibilidade na parte do corpo que nos fai medrar cando a propia altura non chega para alcanzar as estrelas...

Foi así.

Era sábado e había teatro na Aldea. Co teatro teño unha relación de desconfianza. Unha peli regular pásoa. O teatro ou é bo ou é nada. Atravésaseme na boca do estómago e non o dou vomitado. Saír a dar un paseo longo cos cans ben podía ser o pretexto que xustificase a non comparecencia. Pero a casualidade ás veces é azar: encontreime con R e quedamos para ir, ao cabo, unha das actrices era un mito na escena teatral galega. R díxollo á súa cuñada e a cuñada díxollelo ao home, á amiga e á filla -unha criatura con cerebro propio, coitadiña-, para nos iluminarmos todos.

Arre demo que estaba cheo o local! Que sorpresa! Cativos coma area. Espectáculo apto para todos os públicos nin que fose. Só faltaba a empanada de polo con óso, á vista, que se cadra había, o cabazo de viño circulando. E cuspir no chan. Música de pachanga a rebentar os tímpanos para quecer o ambiente. Os síntomas eran inequívocos. E nós, invidentes e necias, sen dar creto ao diagnóstico obvio.

Un fenómeno sociolóxico, que no café* posterior analizamos polo miúdo para tirar proveito do infrutífero. Que si, muller, que aínda hai quen tira a cabicha ao chan e a esmaga coa punta do zapato.

Quen vai fiar nas miñas suxestións agora? Levei porrada até nos ares de cultureta que me dou.

___________
*Quen di café di calquera líquido que se beba sen elevar a presión arterial.

domingo, 7 de março de 2010

Que alguén me ilustre, por favor, o concelleiriño de Cultura e Educación

Non me sorprendeu o que vin onte, o pobiño a aplaudir merda que se apegaba no ambiente, que a eses mal chamados cómicos só lles faltou repartir cheiros . Por iso, vailles aí unha suxestión de balde: naquela restra de zafiedade guindar ovos podres ou zarrapicar de mexo o patio de butacas de cando en cando non vos desentoa nada e con certeza o público ha de vos ovacionar con arrotos. E vosoutros, todos, a escachar, a recachar.

O que non só me sorprendeu, senón que me cabreou foi ver o ilustre concello de esquerdas, disque!, como organizador da baldrogada por man da súa concellería de cultura (ula?), educación (cando?) e participación veciñal (canta! canta!, que é o que conta...). Se a escatoloxía ruín, parruliños, é o que vos dá votos, ide esquecendo o meu nas próximas. Xa veremos se eses que encheron o auditorio onte son da vosa corda. Teatro é unha palabra moi digna, queridos, para a enzoufardes así. E o humor elegante tamén suscita a participación veciñal. Iso apréndese en primeiro de Cultura e Educación.

terça-feira, 12 de janeiro de 2010

Não venha a mim, que eu sou bestinha...

Eu sei. Pude ser amável, não custa nada, certo? Nadíssima mesmo. Aliás, acho que a gente tem de ser amável com os outros. O mundo já é bravo que se farte. Não era difícil eu dizer, oi, bem-vinda aqui ao meu cantinho, bem-haja, volte sempre que quiser, eu vou lá então ao seu fazer uma visitinha, e mandar beijinhos castrados como se não houvesse amanhã nem futuro nenhum à minha espera, que nem sei se há, isso é verdade. Não custava e até podia ser sincera se nesse momento sentisse em mim um arrebato de indulgência em comunhão de bondade e asinhas plumárias a despontar nas costas, nem que fossem de galinha. Não senti. E depois irritei-me ao ler o perfil. Quer-se dizer, irritou-me o que ela escreveu e considerou virtudes dignas de partilhar com os outros, entre eles eu, que fui lá, com o propósito de lhe perdoar mesmo o acomentário e ser amável. Não pude. Enjoei. E ainda li um texto, por se o anterior fosse piada e eu perdera o sentido do humor. Talvez perdi, mas o que perdi mesmo foi o meu tempo.

______________
Addenda et corrigenda: O meu é sempre exagero. Não perdi nada, tudo se transforma, nem que seja em palavras, as anteditas. Look at the bright side, yes, até em dias cinzentos. Linda menina!