Mostrar mensagens com a etiqueta traballo. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta traballo. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 24 de março de 2011

Fachada

00:11:29:12. Conxelo o seu rostro na pantalla. A cámara que mostra o que o espectador debe ver centrouse nela. A súa expresión denota desprezo, repugnancia, odio profundo no trazo levemente curvo dos labios finos. Unha carga de tristura inmensa na mirada e o cansazo das noites mal durmidas na pel, escepticismo e tensión nas ventas distendidas do nariz. A cabeza e as costas ergueitas, pescozo de garza que axexa, unha carpeta a amparar o peito, contempla a parella que se deixa fotografar. O espectador ve a través dela. Coñece a través dela os segredos máis ocultos. Sabe por ela que non cumprirá falsear a imaxe: os retratados parapétanse tras un perfil falso, a portada perfecta de revista.

domingo, 13 de fevereiro de 2011

Rutina

Pasou unha semana máis, e nesta tocoume rescatar do fondo do mar un tesouro da frota de Indias, desenmascarar unha rede de tráfico de drogas dirixida por militares estadounidenses no Panamá, asistir impotente á escena en que unha tarada, dunha puñalada polas costas, deixa un médico paralítico e a outra en que o machote do colega lle ve o cu á curuxa cando lle diagnostican un cancro de mama, acompañar un grupo de soldados españois durante un atentado en Iraq... O que mudou foi a temperatura, aí fóra, que arrefeceu.