(Esta garatuja até poderia estar desenhada em verso lá no Fragmentos, mas ficou aqui feita traços de "prosia" para quem quero e sabe, mulher-pessoa sem fronteiras nenhumas, ilha navegável.)
Mostrar mensagens com a etiqueta frases quebradas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta frases quebradas. Mostrar todas as mensagens
terça-feira, 23 de novembro de 2010
Assim ou doutra maneira
Estão os três à mesa da sala e é noite, plenilúnio ou quase ―não vi as fases no calendário―, reparem. Falam, quem sabe?, o que interessa isso?, da inexistência dos deuses ou de como seriam longas as tardes dos domingos do outono não fosse pela play. Dizem eles, Mãe ―é a mãe que põe no mundo os nomes―, o pequenito já nem tanto e como passou o tempo, o mais velho não me quer endireitar essas costas?, valha-me Zeus ou Marte. Olha. Estão à mesa, pois, será a hora do jantar. E eu que nem sei se nos arquipélagos as pessoas comem sopa (caldo, canja ou vichysoise), mas fruta, na sobremesa, é preciso comer sempre. Comam fruta, meninos (os meninos, já disse, que são dois, tem nome, o seu cada; a mãe é a Mãe pela casa dentro). Falam, ainda, de sonhos, sobre as cascas de tangerina e o aroma, e declama cada um o seu, de seu nome, um copo de leite, em letras pequenas de todas as cores: algum dia o mundo será um continente onde a gente possa caminhar, em linha quase recta, sem perder nunca o pé.
segunda-feira, 1 de março de 2010
Hai días e días
Hai días que nunca chegan, como se estivesen perdidos para alá para as bandas do horizonte.
Hai días en que asusta que veña aquí tanta xente a interpretarme as vísceras.
Hai días que gardaría se puidese nun caderno forrado de nubes brancas.
Hai días que feren fundo e mesmo así, non merece esquecemento quen mos habitou.
Hai días en que a vitoria doutro me debuxa un sorriso.
Hai días en todo o abano de cores e penumbras.
Hai días en que unha palabra, unha soa palabra túa basta para me sandar.
Hai días en que á ausencia lle medran gadoupas de tigre á miña espreita.
Hai días en que non me doe a cabeza... nin case nada.
sexta-feira, 20 de março de 2009
A cadea rota
Nunca o hei de saber (sentir?):
hai certezas tan irremediables...
Montei unha delicada estrutura,
—agora a recoñezo tramoia—
que me amparase do medo,
tan fundado,
de prolongar noutro o desamor e a angustia
que me habitan dominantes.
O reloxo xa ditou as horas todas da vida.
As vindeiras
son para a deconstrución
total.
O labor, agoiro, vai ser arduo e funesto,
até alcanzar o tempo
da cinza leve.
terça-feira, 3 de março de 2009
Inconsistencia é fráxil fantasía
Construir no ar é soño e
desencanto.
Son leves de elevar sobre alicerces ocos no infinito
os abismos,
con aceiros irisados de translúcidas
miraxes
e perpiaños de
incerteza
e nos vans sae de balde deseñar fiestras innúmeras con vistas
a ningures.
Un ascensor vidrado en propulsión dispara
os inquilinos incólumes
á nada
(ninguén se lembrou de proxectar as escaleiras).
E cando perden pé é tal
o estrondo,
que os corpos dos peóns esmagados,
mentres sacoden da roupa
a poeira
e recompoñen o xesto
inexpresivo,
non reparan na ausencia na baía
do horizonte.
desencanto.
Son leves de elevar sobre alicerces ocos no infinito
os abismos,
con aceiros irisados de translúcidas
miraxes
e perpiaños de
incerteza
e nos vans sae de balde deseñar fiestras innúmeras con vistas
a ningures.
Un ascensor vidrado en propulsión dispara
os inquilinos incólumes
á nada
(ninguén se lembrou de proxectar as escaleiras).
E cando perden pé é tal
o estrondo,
que os corpos dos peóns esmagados,
mentres sacoden da roupa
a poeira
e recompoñen o xesto
inexpresivo,
non reparan na ausencia na baía
do horizonte.
quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009
Retorno á lucidez
A náusea, a náusea
como o outro dixo o horror!, o horror!
É o meu propio corpo o que se rebela,
o que renega de si e da mente que aprisiona.
Doen os dedos das arcadas
con que en sacudidas lentas vomitan en lugar de palabras
vísceras.
Quéixase cada músculo obrigado a camiñar
e os tendóns renxen esgotados,
xemen os artellos e a consciencia.
Era sen tempo:
emprendín o camiño de regreso,
polas tebras do meu congo,
o río lúgubre que me arrastra
á nada.
domingo, 25 de janeiro de 2009
Donos do tempo
Hai habitantes pasaxeiros da sala de espera
que mostran no xesto adusto
a impaciencia
de quen se cre dono do tempo
para o estragar á vontade en nada.
Esbardallan a eito á procura
dun mal común,
de solidariedade,
de compaixón incluso
ou para se gabaren,
tan afoutos como ignaros e estúpidos,
do pouco caso que fan dos médicos,
e a seguir rosman, batendo co furabolos no reloxo,
que tiñan hora para non sei cando e xa pasan non sei cantos minutos
e eles alí sen facer nada...!
como se non tivesen máis nada que facer en todo o santo día...!
Como se ser paciente, penso, fose chegar e espichala
e non o proceso lento no que se aprende
mediante o libro e o caderno que non pesan na mochila
a enmascarar os males
—os físicos e os outros—
e a pasar por alto
os transeúntes que irrompendo de fociño revirado
na sala de lectura
porfían en desbaratarnos
a paciencia.
sexta-feira, 5 de setembro de 2008
Aparencias
Se agora, tras fechar o libro de poemas,
me ves a pousar o queixo
na palma da man dereita,
o mesmo cres, pimpín,
pola miña actitude de pensador marmóreo,
que vaga absorta a miña mente
polas reviravoltas dun espírito torturado.
E non.
Se logo abro o caderno de pastas negras
e destapo a pluma con ritual lento
para me pór a escribir isto,
que claramente —e espreitas— son versos,
aínda vas pensar, lambón,
que tes diante unha intelectual célebre
desas que ninguén coñece por ignorancia.
E non.
É só que teño hora marcada
na perruquería para ir tinguir o pelo,
e estando a contemplar o río,
na heraclítea mudanza reflectida,
sinceramente,
mandaba a cita ao carallo.
Pero convén gardar as aparencias.
Hihihi...
me ves a pousar o queixo
na palma da man dereita,
o mesmo cres, pimpín,
pola miña actitude de pensador marmóreo,
que vaga absorta a miña mente
polas reviravoltas dun espírito torturado.
E non.
Se logo abro o caderno de pastas negras
e destapo a pluma con ritual lento
para me pór a escribir isto,
que claramente —e espreitas— son versos,
aínda vas pensar, lambón,
que tes diante unha intelectual célebre
desas que ninguén coñece por ignorancia.
E non.
É só que teño hora marcada
na perruquería para ir tinguir o pelo,
e estando a contemplar o río,
na heraclítea mudanza reflectida,
sinceramente,
mandaba a cita ao carallo.
Pero convén gardar as aparencias.
Hihihi...
segunda-feira, 25 de agosto de 2008
Dó de que?
Non teñas dó de min se me ves
un rastro de lágrimas a abrir un rego na cara:
foi algún lixo -con certeza-
que me entrou nos ollos
ou este sol do poente
que me cega.
E se xa de mañá me encontras triste,
non teñas dó de min:
esa é a máscara que poño aos domingos
cando vou ao cemiterio a deixar flores
na miña campa (só porque vai frío, frío)
e me esquece tirala para o resto da semana.
Deste aspecto de ourizo cacheiro,
envolto sobre si e en picos,
non teñas dó ningún:
é apenas para me defender da terra
pola que me arrastro. Nada grave.
Xa che digo,
de min non teñas dó:
virei de aceiro inoxidable e pedra,
triturei no estómago as túas cartas
(incluso as máis tenras; tamén as outras, feroces)
e coloquei un marcapasos no lugar do corazón.
Se de algo debes ter dó -se acaso, digo só-
é deste meu ouvido dereito
que conserva dentro un ruído
como de riso de meniño grande,
de home meu (?) inmenso,
que non dou borrado
e me fai estremecer xa de mañá cedo
e a cada hora.
un rastro de lágrimas a abrir un rego na cara:
foi algún lixo -con certeza-
que me entrou nos ollos
ou este sol do poente
que me cega.
E se xa de mañá me encontras triste,
non teñas dó de min:
esa é a máscara que poño aos domingos
cando vou ao cemiterio a deixar flores
na miña campa (só porque vai frío, frío)
e me esquece tirala para o resto da semana.
Deste aspecto de ourizo cacheiro,
envolto sobre si e en picos,
non teñas dó ningún:
é apenas para me defender da terra
pola que me arrastro. Nada grave.
Xa che digo,
de min non teñas dó:
virei de aceiro inoxidable e pedra,
triturei no estómago as túas cartas
(incluso as máis tenras; tamén as outras, feroces)
e coloquei un marcapasos no lugar do corazón.
Se de algo debes ter dó -se acaso, digo só-
é deste meu ouvido dereito
que conserva dentro un ruído
como de riso de meniño grande,
de home meu (?) inmenso,
que non dou borrado
e me fai estremecer xa de mañá cedo
e a cada hora.
Etiquetas:
anxos sen ceo,
arroutadas,
frases quebradas
terça-feira, 19 de agosto de 2008
Corpore insepulto (II)
Pois,
non veñan a apañar nos meus restos:
dou un cadáver ben pouco agraciado.
Nin sequera entre unha ducia de homes da Zaka
serían quen de recompor o puzzle do corpo que foi meu.
E logo, do sexo, por exemplo, que caeu aló contra o parterre,
nácenme as flores todas podres.
Na boca —hai que ver!—, cos dentes trincados na tapa da cloaca,
o bafo é tal, que recorda a lúgubre Sodoma ao día seguinte.
Xa digo, non é nada agradable á vista,
menos ao olfacto.
Pásame por morrer
e porfiar en continuar viva,
como se nada,
sen me deixar enterrar.
domingo, 10 de agosto de 2008
Títere com cabeça
Afinal talvez escrever seja
simples.
É.
É enfiar letras,
de
uma
em
uma,
até formar uma palavra,
a palavra:
a palavra desejada.
Depois é só continuar para a frente:
enfiar palavras até formar uma frase.
A frase.
Distanciar-se,
como quem contempla a frase doutrem.
Recolocar cada palavra no lugar certo,
como se a frase fosse própria.
E libera-la após corroborar que é
a frase desejada.
Escrever, pois, não tem complicação nenhuma.
Abrem-se os olhos para dentro
e a gente despe-se,
ou abrem-se para fora
e a gente inventa-se.
Difícil é ler e interpretar, responder ou calar.
Mais difícil ainda é ler e interpretar as respostas.
O mais difícil mesmo é ler e interpretar os silêncios...
e continuar a escrever como se fosse fácil.
Etiquetas:
blogoglobo,
escavichadas,
frases quebradas
sexta-feira, 8 de agosto de 2008
Sedución
Contemplando a auga fixamente
vexo escrito nela o eme do meu nome
que me acena nas ondas e me tenta
nun murmurio co sosego que me falta.
Imaxino o seu contacto suave e morno
-calidez das túas mans inalcanzables.
Abro os poros e mergullo o corpo inane,
que se deixa penetrar do seu misterio
lá no fondo.
vexo escrito nela o eme do meu nome
que me acena nas ondas e me tenta
nun murmurio co sosego que me falta.
Imaxino o seu contacto suave e morno
-calidez das túas mans inalcanzables.
Abro os poros e mergullo o corpo inane,
que se deixa penetrar do seu misterio
lá no fondo.
quinta-feira, 7 de agosto de 2008
Laio
Teño un tigre dócil que me habita:
aliméntase de penas e de bágoas,
crécese na sombra que me engole,
encóllese na alba que me abala.
De día dorme manso coma as ondas;
ás noites lambe as patas, pule as uñas
e amola a dentadura no meu peito
armado en desacougo engaiolado.
Ten cama en min, ten pasto e fonte, alento,
non ten é horizonte en que soñarse
en carreira de negros e amarelos.
Son súa como é meu o fungar triste
do seu lamento rouco, dos seus ecos
de besta domeada, acomodada.
aliméntase de penas e de bágoas,
crécese na sombra que me engole,
encóllese na alba que me abala.
De día dorme manso coma as ondas;
ás noites lambe as patas, pule as uñas
e amola a dentadura no meu peito
armado en desacougo engaiolado.
Ten cama en min, ten pasto e fonte, alento,
non ten é horizonte en que soñarse
en carreira de negros e amarelos.
Son súa como é meu o fungar triste
do seu lamento rouco, dos seus ecos
de besta domeada, acomodada.
sexta-feira, 25 de julho de 2008
Finximento en clave de sol
Durmín como se non fose espertar máis nunca.
Amenceu como se non fose saír o sol máis nunca.
Pero espertei e ti non estabas.
Saíu o sol e ti non estabas.
Volvín durmir para non ver o sol:
así tamén eu xa non estaba.
Amenceu como se non fose saír o sol máis nunca.
Pero espertei e ti non estabas.
Saíu o sol e ti non estabas.
Volvín durmir para non ver o sol:
así tamén eu xa non estaba.
terça-feira, 22 de julho de 2008
Corazón onomatopeico
Tic...tac...tic...tac...tic...tac...
Toc toc toc!
Croc croc croc!!!
Pumpumpumpumpum...
Tictactictactictactictac.
Zzzzz....
Plam!
...
Tic...tac...tic...tac...t...
Pum... pum... p...
Ring ring ring!
Ninó ninó ninó ninó...!
Piiiiiiiiiiiiiii...
...
Toc toc toc!
Croc croc croc!!!
Pumpumpumpumpum...
Tictactictactictactictac.
Zzzzz....
Plam!
...
Tic...tac...tic...tac...t...
Pum... pum... p...
Ring ring ring!
Ninó ninó ninó ninó...!
Piiiiiiiiiiiiiii...
...
sábado, 19 de julho de 2008
Horas do café con leite
Ao Leo
Por andar á procura dun poema
que enviarche,
esquecín o leite no lume.
Pasaba follas, tiraba un libro
e outro.
Nada de xeito.
Nada que acaese.
E de súpeto sentín, por dentro,
o berro da tribo:
O leite polo lume!!!!
Sorrín e saín a correr.
Cheguei xusto cando ía burdar e retireino,
a esvarar o cazo pola vitro, o pulso firme e trémulo.
Como saia...!
Eu salvei o leite
e ti quedaches sen poema.
Breve
Espera,
que vou é pegar nas plumas
das aves que na janela
pousaram ao meu ar triste
e vai-te
se não vens deixar algumas
ao pousares-te tu nela.
Faz de conta: não me viste.
que vou é pegar nas plumas
das aves que na janela
pousaram ao meu ar triste
e vai-te
se não vens deixar algumas
ao pousares-te tu nela.
Faz de conta: não me viste.
sábado, 12 de julho de 2008
Seda pura
Uma noite só
de infinda ternura,
asas, plumas, brisas,
ouro e seda pura;
negra noite e macia
de água morna e aguarelas,
sem alba só uma noite
estremecida de estrelas.
Para quando houver distância,
quando houver silêncio, ausência
que me fique cá a tua essência
prendida nos dedos, na pele.
Deste-me seda pura
quando estava já na altura
de ir embora
mas agora
não vou ir mais à procura
doutro sal, doutra doçura,
que para me embalar na aurora
ficou-me a tua seda pura.
Uma noite só,
abraço que não tem fim,
areias, dunas, ondas,
lavanda, salva, alecrim,
trigo, caramelo e alma,
pétalas que são sussurros,
sem alba só uma noite,
bálsamo, espuma e calma.
E ao se tingirem de orvalho
os olhos em que nadaste
que essa noite não se afaste
destes dedos, desta pele.
Pois deste-me seda pura
quando estava já na altura
de ir embora
e eu agora
não vou ir mais à procura
doutro sal, doutra doçura,
que para me embalar na aurora
ficou-me a tua seda pura.
de infinda ternura,
asas, plumas, brisas,
ouro e seda pura;
negra noite e macia
de água morna e aguarelas,
sem alba só uma noite
estremecida de estrelas.
Para quando houver distância,
quando houver silêncio, ausência
que me fique cá a tua essência
prendida nos dedos, na pele.
Deste-me seda pura
quando estava já na altura
de ir embora
mas agora
não vou ir mais à procura
doutro sal, doutra doçura,
que para me embalar na aurora
ficou-me a tua seda pura.
Uma noite só,
abraço que não tem fim,
areias, dunas, ondas,
lavanda, salva, alecrim,
trigo, caramelo e alma,
pétalas que são sussurros,
sem alba só uma noite,
bálsamo, espuma e calma.
E ao se tingirem de orvalho
os olhos em que nadaste
que essa noite não se afaste
destes dedos, desta pele.
Pois deste-me seda pura
quando estava já na altura
de ir embora
e eu agora
não vou ir mais à procura
doutro sal, doutra doçura,
que para me embalar na aurora
ficou-me a tua seda pura.
quinta-feira, 26 de junho de 2008
Beleza
Se soubese debuxar, ai...
trazaría a lapis o teu perfil a media tarde,
cando descansas tras a barra
e contemplas nada, a mirada perdida
no televisor sen volume,
a música suave,
a cunca baleira.
Diría calma é o que pinto, acougo
nas liñas do teu rostro mozo, riscos
no papel en gris e negro.
Case me custa pronunciar o teu nome para pedir máis un café rompendo o encanto, pero sei que te vas virar cun sorriso de ollos tan claros...
que se soubese pintar, ai,
naceríanme dos dedos as cores sosegadas.
____________________
Como non adoralo se onte lle dixo á nai, que é máis nova ca min, nótese: "Vén por aquí unha moza que está máis cachas..."?! Quería eu ver agora a señora dos amorodos (putaqueapariu)!
trazaría a lapis o teu perfil a media tarde,
cando descansas tras a barra
e contemplas nada, a mirada perdida
no televisor sen volume,
a música suave,
a cunca baleira.
Diría calma é o que pinto, acougo
nas liñas do teu rostro mozo, riscos
no papel en gris e negro.
Case me custa pronunciar o teu nome para pedir máis un café rompendo o encanto, pero sei que te vas virar cun sorriso de ollos tan claros...
que se soubese pintar, ai,
naceríanme dos dedos as cores sosegadas.
____________________
Como non adoralo se onte lle dixo á nai, que é máis nova ca min, nótese: "Vén por aquí unha moza que está máis cachas..."?! Quería eu ver agora a señora dos amorodos (putaqueapariu)!
quinta-feira, 8 de maio de 2008
Do máis fondo
Teño frío,
un frío que xamais sentira,
frío que aterece o miolo dos ósos,
que entala o miolo de dentro do máis fondo,
frío de xeo glacial que o sol nunca ha de lamber,
frío eterno de inverno interminable,
frío de paraíso deshabitado e húmido,
frío do baleiro que deixa un corpo que nunca estivo...
segunda-feira, 21 de abril de 2008
Ás dúas da tarde, á chuvia
Ás dúas da tarde,
o ceo tóldase de golpe,
e as pingas que caen
furan de tan finas,
de tan de inverno despistado.
El non se inmuta,
quizá non lle camiñe o mundo arredor,
quizá é especie apenas,
xa non máis individuo que protesta,
só covarde que renuncia, que desiste.
A pedra estará fría,
ou non,
inmóbil, campa inversa,
para quen non sente.
Tampouco conta o mediodía:
é todo tebras,
ausencia sen saudade.
Quen sabe?
Á chuvia
talvez a pel perciba o latexo interior,
a identidade, aínda.
o ceo tóldase de golpe,
e as pingas que caen
furan de tan finas,
de tan de inverno despistado.
El non se inmuta,
quizá non lle camiñe o mundo arredor,
quizá é especie apenas,
xa non máis individuo que protesta,
só covarde que renuncia, que desiste.
A pedra estará fría,
ou non,
inmóbil, campa inversa,
para quen non sente.
Tampouco conta o mediodía:
é todo tebras,
ausencia sen saudade.
Quen sabe?
Á chuvia
talvez a pel perciba o latexo interior,
a identidade, aínda.
Subscrever:
Mensagens (Atom)