terça-feira, 2 de dezembro de 2008

O mendigo ilustrado






Fotogramas do documental
Afranio
de Víctor Coyote



Víctor Coyote presentou na Aldea das Carrouchas, na clausura das III Xornadas sobre a Represión Franquista no Baixo Miño "Memoria e Nación", o seu documental Afranio, unha perspectiva coral moi amena da fuxida lendaria do mestre e dirixente agrarista Antón Alonso Ríos durante Guerra Civil española, quen deambulou tres anos disfrazado de mendigo (co nome de Afranio de Amaral) polos montes e aldeas de Galiza até cruzar a raia con Portugal.

Só non sei que diga da interpretación de Luís Tosar, que como case sempre nin me quece nin me arrefece. Pero debe ser cousa miña.

Tampouco acabo de entender como despois de ouvirmos o magnífico galego (e portugués raiano, claro) empregado por todos os entrevistados, os actores deste anaco de terra, en xeral, seguen sen dar os anchos.










O actor Luís Tosar (esquerda),
o director do documental, Víctor Coyote (dereita)
e a botella de agua de Mondariz sen gas (centro)
na presentación no Auditorio das Carrouchas

12 comentários:

condado disse...

Concertinas fillo, o teu son as concertinas... Qué desastre! É a primeira vez que saio dun documenta (por chamarlle algo) sen tan siquera un dato na cachola, algo que me incite a reflexionar, non sei, algo... E despois estes carallos enganandonos co da memoria e resulta que era "memoria e nazón" , quen non sexa da corda non existiu. Acabaremos convencidos de que tódolos republicanos eran nazon-nalistas... Joder cos roqueros! Merda...

Sun Iou Miou disse...

Pois a min gustoume, Condado, fóra, xa che digo da parte de ficción, sobre todo cando abrían a boca os actores, francamente (ui, que mal sitio para empregar ese adverbio). En canto ao resto dos actos, como non asistín, non sei que o quixeron vender, non podo opinar.

Teté disse...

Bom, acho que não entendi bem a ironia, ou se a há, mas pelo menos fiquei a conhecer a história de Afrânio... (`_^)

Jinho!

Sun Iou Miou disse...

Não, Teté, deste vez não há ironia. Só que do documentário não gostei duma parte interpretada por actores, que achei muito artificiosa, excessivamente teatral para cinema, mas sim do resto.

O Antón Alonso Rios emigrou à Argentina, e logo voltou à Galiza para exercer de mestre, de ideias avançadas, no concelho onde eu moro, em tempos da República. Durante a Guerra Civil, para evitar que o matassem, disfarçou-se de mendigo, até que uma vez atravessada a raia, os portugueses, como a tantos outros espanhóis na época, o ajudaram a chegar a Lisboa, de onde partiu outra vez para a Argentina.

Jocas para ti também

Tá-se bem! disse...

Eu tambien só non sei que diga.. :|

Conheço um homem (um grande homem) que serviu na Guerra civil de Espanha.. e mais não sei...

Beijooo de quarta :)

Sun Iou Miou disse...

Então a gente não diz mais nada, Tá-se bem!

Quatro beijos de quarta!

leticia disse...

Vaya. No sabía de esta historia ni del documental. Y sólo con ver que aparecía Tosar ya me apetecía verlo (yo sí que tengo "predilección" por este actor). Además, por supuesto, de que la historia se me antoja muy interesante.

Peeero, ya veo que 2+2 no son cuatro y que ni el argumento ni el actor han conseguido conquistaros. De todas formas, haré lo posible por verlo. Aun no sé como...


Un beso

Sun Iou Miou disse...

A ver, a ver, Leticia, que xa dixen que o documental me gustou. De feito nin pestanexei mentres durou (só para chiscar o ollo cando facía as fotos, he!). O que non me gustou foi a interpretación do Tosar, e xa non é a primeira vez que me decepciona. E nótese que emprego o verbo "decepcionar", que xa é indicativo de algo, ou?

Tampouco sei eu como o vas poder ver, talvez nalgún festival de documentais que haxa por aí.

Bicos

Teté disse...

PARABÉNS, SUN!!! (*_*)

Sun Iou Miou disse...

Obrigada, Teté. Sabia que TU não ias esquecer. (^_^)

Anónimo disse...

Sobre o dos actores: porque non o teñen/temos e o falan/falamos pouco; nin o galego nin o portugués. E ademáis á maioría dos directores non lles gusta, prefiren ese acento neutro castelanizado de todo. Unha pena.

Sun Iou Miou disse...

Pois, Un ex-actor, ben o sei, pero gustoume ouvilo de quem sabe mellor.