quarta-feira, 31 de dezembro de 2008
Que nos dan as uvas
Hai uns anos desistín da tradición. Despois de tentar durante corenta e tal fins de ano non me esganar no rito —e amargarlle, ou non?, de paso a festa ao persoal—, acometida pelas náuseas e a frustración de non dar engulido máis de media ducia, unha noite decidín que me ía limitar a observar como os outros cumprían tan lindamente co obxectivo e aínda lles sobraba tempo para dar pinchos de alegría (imaxino que instintivamente para que lles baixase a masa que lles quedou atoada). E non é que me fose mal, nin que a sorte me sorrise máis ou menos, conste.
Este ano, sen ir máis lonxe, non porque non queira, senón porque a memoria é fraca, creo que foi un ano bo. Compartín aquí as miñas barrenadas e houbo ata quen gozou léndoas e me fixo gozar a min comentándoas. Algúns non fallan a un só texto (e permitídeme a mención especial: Grazas, Teté!), outros van e veñen, algún que outro moi querido sumiu —espero que non para sempre— e hai ata quen, encarnando un Guadiana blogueiro, aparece e desaparece (sabe el por que!) e a min divírteme tremendamente seguir o rastro inconfundible da súa contundencia e agudeza escrita e vital (a el creo que non tanto, pero desta non vou dar un chío).
En fin, e resumindo, que se non, como di o dito, aínda nos dan as uvas: grazas polas vosas visitas, faladas ou caladas, e sobre todo, polo moito que aprendo e gozo a ler os vosos textos. E sabede só que se de mañá en diante este espazo queda mudo, non será por renuncia propia, senón porque terminei o ano e os meus días con cara de boba e doce uvas entaladas na gorxa: a morte morrida máis estúpida que se poida imaxinar.
Bicos e que o ano próximo vos sexa, como dixo o outro, no mínimo... vindeiro!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
28 comentários:
Pois había un papeliño na mesa da cociña que puña: UVAS...
Todo o deixamos para última hora, Condado. Aínda ben, dixeron pola radio que este ano están máis baratas ca o ano pasado. E o meixón tamén, por certo.
Eu desde um ano em que me fizeram engolir doze passas que pareciam doze figos, desisti!
Um beijo, Sun, e um excelente 2009!
Ainda ben, Rafeiro, não foram doze ossos!
Um 2009 perfumado para ti e não percas a mão esquerda nessa boa vida de cão! (`_^)
Moi feliz entrada no ano e moito tento coas uvas, logo. As lentellas que usan noutras latitudes son ben máis doadas de comer! Un bico grande, tamén para a "familia" (Ula, Lima...)
Eh! que hai que sacalas da lata para comelas!!!!.
E que queredes estar tan a última, que perdedes o sentido todo. Tampouco pasa nada por comprar un acio e escoller as máis pequenas (ainda que logo acabs dándollelas ós nenos). Hai que pasa o traballo de quitarlle as sementes ou mesmo pelalas. Todo con tal de facer ben as cousas e non ter disgustos nin sustos, que xa nos chegou cos millóns que perdimos na bolsa este ano.
feliz ano a todos/as
Eu son tan supersticioso que non me destrevo a abominar desa tradición española...
Aperta, Sun, sempre
Pois se te pós coas uvas (eu hai anos que deixei de facelo) comeas con tento, non vaia ser o demo...
Que teñas en bo 2009.
Bicos.
Epa! A mim também me acontece o mesmo coas uvas do demo... talvez deveria desistir :P
De hoje num ano, Sun!
O das lentellas como é, Lúa Neghra: hai que tomar doce cuncas, doce lentellas -cruas ou cocidas ou é tipo refrán castelán: "hay lentejas, si quieres las comes y si no las dejas"?
Serán dados os bicos aos cans da túa parte.
Couselo, ho! Non me digas que es dos que compran as uvas en lata?! En fin, entre iso e espurgalas todas, non sei con que me quede. Ti cres que unha uva esfolada e debullada segue a ser unha uva? Case prefiro tomar o equivalente en viño e mais outra copa para que baixe.
Perdemos moito na bolsa, si, sobre todo na da compra. Anda, non te queixes, que nós polo menos ímola virando.
Dádevos por bicados ti, a Cousela, a Couseliña e o Couseliño. E bota un foguete!
Pois eu, Eue, case estou por trocalas por gusanitos. (`_^)
Bico grandirmo!
Vexo que non vou sendo a única, Raposo. Vai haber que fundar unha asociación de renegados das doce uvas en seco.
Bico para ti tamén
(Como dean en parar moitos brasileiros por aquí hoxe, van pensar que isto é unha orxía con tanto bico.)
Pois, LQB, se quiseres, como lhe disse ao Raposo, ponho-te de presidente da ARDU e para o ano, em vez de traga-las, cuspi-mo-las para fora!
Vamos tentar chegar a amanhã e logo já se verá.
Beijicos!
pois a min non me pasa, que c...! só hai que concentrarse e ir pouco a pouco, como pasa con todo (na cama é case igual, nada de apurarse, pouco a pouco) en fin, que feliz ano (e fagan caso: pouco a pouco)
Doulle a primicia, Kaplan: non só non me esganei, senón que me sobrou tempo, pero para min que deron as badaladas moito máis de vagar ca outros anos. O que pasa é que coa emoción esqueceume que había que pedir desexos. A ver se para o ano entón... (`_´)
(O da comparación co da cama, case prefiro non contracomentarllo.)
Bo ano para vostede e a súa pequena. (^_^)
A min este ano deume tempo a comer uva, prender pitillo, comer uva, tomar groliño, comer uva, bicar pequecho, comer uva, bicar ó outro pequecho, comer uva, abrazar moza, comer uva, botar un pis, comer uva, rosmar á abuela, comer uva, mirar o tempo, comer uva, lavar o coche, comer uva, limpar a casa, comer uva, vomitar o menú, comer uva e marchar para cama. Un pouco lentas si que foron, si, eu ata collín medo de que chegase 2010 e nós alí sentados.
Bico e que veña con ben.
Meu pai coas doce deste ano seica vai facer en tubo de ensaio o grolo de viño para beber nas campás do 2010 e non atorarse. Por se lle gusta a idea.
Chauchau!
Moi boa, R.R.: o seu comentario merece un post! Foi así talmente. Igual non quixeron colapsar as Urxencias, que xa chega cos da gripallada.
(Ou será que leron o Istononéuncabaré e fixérono por min?)
Por certo, pensa seguir sumido no silencio escuro? Ande, non se nos faga de rogar, que desas pasamos todos algunha.
Mándolle un bico e que lle vaia con ben tamén (eu confórmome con que veña nin ben nin mal, que non é pouco). (`_^)
Ah, R.R., esa da espremida xa está inventada, pero non ten chiste ningún.
E volva, prettyplease.
Ah, e eu que não vi este post ontem? (se calhar foi por não ter parado muito pela net, eh, eh, eh!)
Mas pronto, já vi que não te engasgaste com as uvas, que, aliás, têm um aspecto delicioso!
Beijocas! (que essa dos bicos não dá muito jeito, por estas bandas... (`_´))
Ps - Qué isso de vindeiro? Não consta no meu dicionário...
"Vindeiro", Teté, é sinónimo de "próximo" (no sentido de "seguinte ao actual") em galego (da raiz do verbo "vir" = "que vai vir"), (`_^)
E pois, essa dos "bicos", entre nós não dá muito jeito, não. É curioso como evolucionam as línguas, he!, e os maus entendidos a que podem dar lugar.
Beijoca para ti então! (^_^)
Pois houve um ano que distribui 12 pipocas a cada um e até que nem foi mau... ehehehehe
Feliz Ano Cheio de tudo que desejares!
Beijoooooo de Ano Novo ;))
As pipocas eram doces ou salgadas, Ta-se bem?!
Beijo de Ano Novo que já vai indo velho!
Pipocas doces >:) antes tarde que nunca... a resposta, claro looooool
Chuackkk :)
Doze pipocas doces não dá para enjoar? Acho que vou experimentar com doze copos de vinho.
Smuacs!
Alégrome moitísimo de que o 2008 fose bo para ti, Sun Iou Miou, e só che desexo que este que aquí xa temos non só che sexa bo, senón mesmo pragado de marabillas, inda que con bo tamén nos conformamos.
E gracias a ti por seguir aquí e polo gozo que nos depara lerte.
E espérote para un café.
Sigrid.
Pois igualmente digo, Sigrid, e polo café... espera sentada e leva a calceta, coma Penélope.
Enviar um comentário