segunda-feira, 9 de março de 2009

Pastel cor de rosa

Tivo unha época en que lle deu pola cor de rosa. A avoa foina recoller à escola e entraron nunha pastelería.

—Entón cal queres, cuqui?
—Ese!

Elixira cos ollos arregalados un inmenso pastel cun aspecto sintético que arrepiaba a razón. Cor de rosa. Saíu coa felicidade pintada nos labios, as mans suxeitando ben o doce. Aventuróuselle tímida e larpeira a lingua, tocou na crema e recuou, mudando o xesto, o brillo de felicidade a transformase en bágoa pulando por rebentar a escorrer polo rostro. Colleu folgos, chanchou os incisivos leve, que era cor de rosa e era lindo, dela enteiro. Navegou pola boca a migalla sen paraxe, revirouna buscándolle o gusto que lle imaxinara rosa coma a cor, suave. Enguliu, glup. Logo non fixo hm... senón agh, muda. E mirou de esguello para a avoa. E a avoa ao cabo era avoa.

—Non che gusta, non, cuqui? Pois non vas quedar sen merendar. Anda, trae, que compramos outra cousa.

Volveron entrar na pastelería. Ante os seus ollos todas as lambonadas do mundo expostas: o branco da nata, o amarelo da vainilla, o castaño do chocolate...

—Entón cal queres?

Os ollos ilumináronselle e asomáronlle os dentiños todos armando un sorriso meigo.

—Ese, o drosa...!

10 comentários:

Anónimo disse...

É por isso que se diz que "os olhos também comem".
Beijinho.

Sun Iou Miou disse...

E não aprendem, parece, CãoSarnento.
(`_^)

condado disse...

Más a menina também estava de comer pelos olhos... Eu sei

Sun Iou Miou disse...

A meniña, Condado, saíu tan empachada esta mañá da casa do papá que deixou atrás a cabeza. (`_^)

Anónimo disse...

...e que estou dun alegórico que a todo lle atopo dobles e triples sentidos. Pero me temo que so hai un

Sun Iou Miou disse...

Anécdota real como a vida mesma, Couselo: meniña repite noxento pastel cor de rosa. Non hai mais, fóra do que rimos contándoo...

En fin, chamarlle alegórico queda fino, si. Creo que o vou utilizar en caso de apuro... (`_^)

Carril disse...

É ben certo, os pasteis, os xeados... e que hoxe esqueceu recoller da almofada a cabeza. Cando a rescataches comezaba o día pois inda lle ían quedar as chaves no maleteiro, xunto á cadela, o bolso, o teléfono... e o coche pechadísimo. Esta vez os salvadores chegaron sen chamalos, no momento xusto en que agarraba a pedra máis grande coa intención clara de rompelo todo... Pero alí aparcaron os chatarreiros (quen máis podería deterse alí?), escoitárona respetuosos e axudárona a romper o anaquiño pequeno de cristal que hai ao lado da ventanilla...
Ao cabo, alí estaban as chaves xunto a cadeliña e continuaron camiño.

Sun Iou Miou disse...

O día que teñas netos, Fala Calada, vas ter contos lindos para contar sen necesidade de imaxinación. (`_^)

E só contei a do pastel drosa, almiña, do do depósito cheo na gasolineira e sen tarxeta e do táper coa lamprea non dixera nada. Por certo, estaba boa ou papouna a cadela no coche?

Teté disse...

O que queres, ela gostava de rosa, pensou que o outro estivesse estragado... Afinal, uma cor tão bonita, não engana! (`_^)

Jinhos!

Sun Iou Miou disse...

Não sei, Teté, é se continuou a gostar de drosa depois dessa experiência. Tenho de perguntar. (`_^)