Folleaba a prensa nun bar en Cidadeabertaaomar despois da entrega (véxase texto seguinte, se apetece), tratanto de deglutir o cacho de tortilla que lle facía base ao cortado, que se me atravesaba a cada volta de páxina, cando detiven estúpida-facta os ollos nun anuncio a toda páxina e a toda dereita (á esquerda quedaba esquecido o rostro dun perdedor calquera dos comicios esganado cunha papa de enquisas e películas de imperios decadentes que a turmix non triturara como convén a bocas fanadas) dunha entidade financeira que lle chaman aos usureiros que venden felicidade ao peso, coa foto dunha loiroprincesiña olliazulada que xa non está na idade de crer en contos:
"Tiña razón miña nai. Se queres algo, chega con desexalo intensamente."
E unha, eu, toda a vida enganada, pensando que se se quería algo, había que se esforzar moito para conseguilo, traballar, loitar, aprender sempre... e mesmo así, o éxito non estaba garantido. Pero, claro, miña nai era do século pasado. Que sabía ela?
2 comentários:
nem me fales em publicidade enganosa >:( hummmpfff
Era curioso de ver aquilo, Tá-se bem!, justamente ao dia seguinte dos comícios, em página de preferência...
Enviar um comentário