sexta-feira, 6 de março de 2009

Ver ou mirar



















Onte á noite reviviu o Cineclub Poleiro, desta vez instalado na Aldeia das Carrouchas, con grande éxito de público, que se había dicir se isto fose unha crónica. De entrante, tal como prometeron que ía ser habitual, serviuse unha curta, As cousas de Kulechov de Susana Rey (que xa vin mil veces e dispensei, non porque non mereza senón porque aproveitei a tomar un café, que cheguei expresada sen tempo nin para cear nin para afacer os sentidos à ausencia dos patíns nos pés...) . Logo veu o que estaba anunciado, un filme de andar polo chan a rastro entre as gargalladas que suscitaba o seu humor acidoclorhídrico ou as coiteladas do como-a-vida-mesma nesta nosa era das tebras. E quen non se vise nun momento ou noutro retratado que lance a primeira pedra... sobre a súa cabeza, que non merece estar no mundo.

2 comentários:

condado disse...

Parecía mesmo un cine... Pasamos a vida a montar e disfrazar locais que non son por outros que deberan ser, inventamos teatros, bibliotecas, museos e cines para despertar chispas de luz nalgún miolo... Este é país para vellos mesmamente,,, Vou pola espingarda...

Sun Iou Miou disse...

Debe de ser que hai fame atrasada de celuloide na bisbarra, Condado.

Se vas de caza, non esquezas os "pozinhos de sulfamida". Nunca se sabe.