Dicían os que diso disque entenden e viven que xa só pola actuación del merecía a pena. A min mereceume a pena só por saír da casa e estomballar os ósos e os músculos derrotados sobre a butaca, escoitar as músicas que nunca te deixan ouvir enteiras na escuridade da sala e disolver na boca un caramelo de limón que me transmitía a acidez á mirada. Dicían que o tema xa estaba visto, mas mesmo así... que non había melodrama e tal nin cousa. Que se deixaba ver e que el estaba espléndido.
Isto, como digo, era a opinión dos críticos. A min só me serviu para entreter algunha hora que outra da noite na contemplación dunha historia que non me traspasou as escamas. Quero dicir, mal non me fixo pero ben tampouco. Se callar ando, aviso, algo cínica de percepción... e distante.
4 comentários:
Pero saír saiu, e mal non lle fixo: ademais, deulle materia para un post e até comeu un caramelo (se este era sen azúcar nin lle daría caries). Que máis quere?
Non me arrepinto de vela en absoluto, Kaplan. A película non está mal. É só que o argumento, en fin... vou vella. ;)
En canto ao caramelo, eu só tomo caramelos con azucre pero coido os dentes. :) Non ve que sorriso?
A ver, a ver: si, está vde ben ferrada, o que se di un perfecto sorriso profidén
Ai non! :D
Enviar um comentário