sábado, 1 de maio de 2010
Quen manexa os fíos do monicreque?
Nun transbordador aparece un coche abandonado e as ondas en retirada vacilante descobren o cadáver do escritor sen sinatura sobre a area. Despois formúlase a proposta na barra dun bar e a tensión está servida. Unha viaxe en avión ao outro lado do Atlántico, ao outro lado da curiosidade e a incerteza. O negro, o fantasma, a pluma que se mete na pel doutro... deberá continuar a biografía supostamente inacabada, conxugando o que o cliente quere mostrar co que o público quere ler mentres as pezas do enigma se van mostrando na pantalla: só os que se moven dentro dela non as ven. O escenario é unha casa-oficina perdida onde o ar dá a volta, ancorada nunha praia de ceos sempre cincentos, un hotel sinistro nunha vila de filme de terror e unha música de fondo que sutilmente suxire un cineasta gordo e baixo detrás da cámara argallando tormentos para as actrices. A verdadeira historia, porén, xa estaba escrita.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Mirei o trailer. E tuve que ir ao diccionario para saber do monicreque.
Pero ¿gustouche o film?
Moito, moito, moito, moito, Ella. Había tempo (isto relativizado polas traizóns que me gasta a memoria) que non o pasaba tan ben vendo unha película. :)
(Cando vexas nas etiquetas que poño "superlativo" é que me gustou. Cando non pon nada, pode ser que si pode ser que non.)
Tomo nota do "superlativo". O trailer enganchoume. Intentarei ir a verla
Non é desas películas que necesitan unha gran pantalla, Ella Creo que en dvd, tranquilamente na casa, tamén dá xeito. :)
Enviar um comentário