Está hoxe para completarse unha semana e nin vos falei do corpo dela cando canta, do movemento medido e pousado dos xestos, da voz tan súa que cabalga no ar as distancias e a mímica que engaiola a mirada e conxela a imaxe na memoria.
María Berasarte
Tamén non vos escribín aínda nin no vento destoutra, que é puro nervio e voz que abraza, grave e tenra de madurez fresca, acabadiña de estrear parece, a espertar na noite calor e aplausos que o río devolve nun eco líquido.
Carminho
Sem comentários:
Enviar um comentário