segunda-feira, 27 de setembro de 2010

Apuntamento ou atrevemento sobre un título clásico


                        

HAI uns días terminei de ler, era sen tempo (e sen tempo ando mesmo, que é como andar sen vida, que é como andar nzumbi ou zumbando) o imprescindible Anna Karénina. Desde aquela, poucas as grazas, ando às voltas co título, barrenando nel, pois. Foi a escolla unha técnica comercial de vendas?

Ha de haber ao respecto montes e moreas de estudos. Eu son lectora e chégame. Iso si, se me propuxesen titulalo cun antropónimo (subliño, antropónimo) a min (que xa sei que ninguén me vai propor tal, a boas horas iamos mudar un dos nomes máis pronunciados da literatura universal, entendido o universo como isto que é o occidente, onde o sol morre), nun exercicio simple, téñoo claro: Levin, ou, seguindo o molde, Konstantin Arkádevich, Kostia na intimidade.

Non resisto, con todo, a citar a tradución excelente (digo isto consoante aos meus ruso de mínimos e castelán de máximos) de Víctor Gallego Ballestero para Alba Editorial, que espero que lla pagasen ben, como merece. E punto. Final.

Sem comentários: