quarta-feira, 7 de novembro de 2007

Albízaras!

Desde as 07:20 do quince de xaneiro até as 13:25 de hoxe, polo reloxo do ordenador, que é o que ao cabo rexe a miña vida, 197 (cento noventa e sete) episodios de pastelada infumable, golpes a eito, primeiro disparo e logo xa para que preguntar, coches que sempre estoupan cando se estampan, milagres con fondo de luz branca, xustiza divina e pena de morte humana a toda hora. E malia o duro transo, as miñas neuronas saíron indemnes (creo?). Prometo firmemente non apuntarme a clases de kickboxing, nin meterme metodista. Se alguén non sabe de que serie de televisión falo, que non intente sabelo, aínda está a tempo de salvarse. O nome do Boneco Diabólico non se escolleu ao chou.

Agora permítanme que poña un disco que me regalaron onte, que necesito lavar os ouvidos de tanta estupidez.
Grazie mille, ragazzo triste...

4 comentários:

Lúa Neghra disse...

Parabéns pola liberación! A ver se veñen cousas máis agradecidas. Seguiremos militando na plataforma "que volva Shin Chan!", que en Antena 3 e en castelán non ten chiste ningún. Mágoa d'Os Novos, que haxa tan pouquiños episodios.

Sun Iou Miou disse...

Agradécese a solidariedade coas miñas neuronas, Lúa. Estaba a temer seriamente por elas. En canto a'Os Novos, quizá sexa bo que houbese tan poucos episodios porque ao ritmo que se traballa nesta industria non se pode someter ao cacume a esa tensión diaria. En fin, despois de dous anos de choio intensivo, por fin teño vacacións!!! Que se fai nas vacacións??? (Que conste, estou diante do ordenador pero non estou a choiar, é que tiña que facer as facturas do mes pasado.) Vado via.

Teté disse...

Pois olha, os meus neurónios andam um bocadinho baralhados, mas espero que vão ao lugar dentro em breve.

E nestas alturas fico mais burra do que o habitual, mas hoje acho que entendi bem o teu post - acabaste uma colaboração com uma série televisiva, digamos manhosa, né? E estás de férias (vacacións) ao fim de dois anos... É de aproveitar! A vida também se vive sem ser em frente ao PC.

Música, cinema, livros, viagens, exposições, só tens de escolher o que mais te apetece e estiver dentro das tuas possibilidades.

Boas vacacións, Sun!

Sun Iou Miou disse...

Obrigada. Teté. Agora música, cinema, livros e exposições, isso já faço sem estar de férias. Terá de ser viagens. Vou pegar no mapa.