segunda-feira, 4 de fevereiro de 2008

Lume no cancro

Esta carta envieina esta mañá ao programa En días como hoy de Radio Nacional e en vista de que a leron, quizá porque a consideraron interesante, decidín colgala aquí, traducida, por se a alguén lle serve de algo.

O 22 de decembro de 2003 diagnosticáronme un linfoma de Hodgkin. E foi como se me tocase a lotería, porque de entre todas as posibilidades, aquilo era o que mellor prognóstico tiña. Así o vin naquel momento e creo que iso foi fundamental para que hoxe estea aquí escribindo: iso e a SANIDADE PÚBLICA, e o meu médico -o doutor Novoa-, toda a planta terceira do hospital, os amigos e a familia, que me levaban e me traían e me axudaron a subsistitir durante aquel ano que estiven a tratamento (porque coa baixa de Autónomos, en fin..., ese é outro tema). É certo que un día, ao principio, ao ver que non melloraba, pensei que aquilo se acababa, e que me mentían, como, por desgraza, tantas veces vira que se facía. Pero despois de falar co médico, pasóuseme, e nunca máis. Había momentos malos, fisicamente falando, pero o importante era pensar que aquilo era pasaxeiro, que era una gripe un pouco longa, e que ao menor síntoma de mellora, ou ás veces sen el, había que levantarse e camiñar, primeiro un pé, logo o outro, aínda que fose devagarísimo devagarísimo, pero camiñar.

8 comentários:

Cesare disse...

Anda! daquela é verdade...!! Hai xente que escribe as cousas que saen pola radio!

Sun Iou Miou disse...

Para iso nos pagan, Cesare. Ou pensaba que 'as cousas' se escribían soas, coma estes blogs, que son obra de fantasmas? (`_^)
Deduzo que se encontra mellor. Non hai coma unha regueifa para escorrentar hóspedes non gratos do corpo.

Anónimo disse...

Quedei sen alento...alegrome de que estes ben... se as regueifas che escorrentaron aos visitantes, canatrei esta noite por ti, por min e contra os invasores

Sun Iou Miou disse...

Musu, non me quedes sen alento, que é moi nocivo para a saúde (mesmo que diso as autoridades non nos advertisen aínda).
O das regueifas e os hóspedes vai por Cesare, que el sabe ou debería. Pero podes cantar á vontade, non te prives.

Teté disse...

Força, amiga!

Para escrever, para pensar, para escorraçar esses hóspedes que não foram convidados...

Sun Iou Miou disse...

Então, Teté, já está cá a malta toda? Correu bem o Carnaval? A gente comeu muito, bebeu algo e dançou mais e dormiu pouco. E trabalhou para não perder o ritmo também. (`_^)

Anónimo disse...

Lume de san Xoan, auga de frores...
a enfermidade dando leccións de vida ¿Irónico? ...
"Life is a cabaret..."

Sun Iou Miou disse...

De todo se pode tirar leccións: é só cuestión de andar cos ollos e as orellas abertos.
Benvida, Miss Tollo -e veciña? Sabía de Miss Fontiala... Estase pondo negra a competencia.