Parado e estragado, indicaba unha data imposible: 32 do 20 do 4032, ou algo polo estilo. Quizais era ese o tempo no que estabamos, nun futuro afastado de ciencia ficción, nun tempo imaxinario.
Dos libros préndenseme frases que envolven coma en papel de regalo a historia que conteñen. Nesta primavera-verán en que as kūfīyāt de colorido diverso inzan os postos das feiras e as boutiques emerxo conmovida do relato que durante cinco anos me arrastrou vivamente por Palestina, discorrendo entre a traxedia e a comedia, polo lusco-fusco do azar que salva ou condena, saltando do sorriso ao aceno amargo tras un punto e á parte ou un sorbo de café. Só penso, puto mundo... e non tan puto se aínda hai quen nolo conta en voz alta.
Sem comentários:
Enviar um comentário