quarta-feira, 9 de setembro de 2009

Física non é química nin política

Eu só quería saber por que se emperra todo o mundo en ver metáforas onde non as hai, dobres sentidos onde apenas hai un e máis ben escaso, por non dicir, francamente, nulo. Era para lles colocar aquí unha foto do meu xeonllo (e parte da perna) esfolado, do meu xeonllo esquerdo cheo de cicatrices, pero despois de feita a foto, decidín que non, que non era panorama lindo de ver, co pus, o sangue callado e o pelello todo levantado. Aínda lles ía parecer que tiña a lepra ou un sarcoma de Kaposi ou que sei eu o que, e aprensivo como está o persoal coas enfermidades infecto-contaxiosas, igual deixaban de me visitar ou lle reclamaban ao goberno unha vacina contra o Istononéuncabaré de carácter universal e gratuíto, obrigatoria para o multitudinario grupo de risco... Así que vanse ter que conformar coa miña palabra: cando digo que caio sempre do lado esquerdo, refírome a caídas físicas, e cando pregunto polas causas, pregunto por causas físicas.

Agora ben, se vostedes o queren asociar a tendencias ideolóxicas, o meu debera ser dun radicalismo brutal, que non é, pois xa se sabe que os extremos se tocan e non me consta que caíse nin unha soa vez sobre o xeonllo dereito por moito que teña caído veces sen conto e espere aínda caer moitas máis antes de morrer (seica teño días en que me parece que morrín, pero non acabo de morrer nunca). Por outra banda, se a asociación de ideas é máis romántica, e achacan a causa a esa víscera noxenta perforada por tubiños máis noxentos aínda (si, si, unha marabilla da bioloxía, pero noxenta noxenta) que se alberga no lado esquerdo da caixa torácica, vaian sabendo que as substancias químicas que gobernan ese tipo de emocións fabrícanse nunha zona do cerebro chamada hipotálamo, en equilibrio perfecto, que non entende nin tende a dereitas nin a esquerdas.

E agora corran, busquen incoherencias no texto anterior, digan que se eu dixen tal ou cal, que tanto me ten. Non estou aquí para escribir textos coherentes nin verosímiles. Quen queira realismo que saia á rúa... talvez até se crucen co meu espectro: é fácil de recoñecer polas cicatrices do lado esquerdo da nada que son.

10 comentários:

Rafeiro Perfumado disse...

Eu acho que o joelho esfolado seria apenas uma metáfora para o estado actual da economia, mais a sua crise de valores...

Sun Iou Miou disse...

A economia, Rafeiro, acho que tem os dous joelhos esfolados e não só. Os valores da Bolsa (fora os dos fabricantes de vacinas e tamiflus) esses é que estão na Unidade de Cuidados Intensivos.

Teté disse...

Tem paciência, Sun, que isto em épocas de campanha eleitoral, com a TV a exibir quase todas as noites debates políticos, se disseres ao taxista vire à esquerda ou à direita na rua onde queres parar, ele assume como alusão às suas tendências políticas e ainda refila contigo, quer mostrando o cartão de filiado no Partido Comunista, quer fazendo um enorme relambório que no tempo do Salazar é que era bom! Aliás, se espirrares dentro do veículo, também é possível que sejas "despejada" do veículo, que o fulano tem uma grande família para sustentar, não quer ficar engripado...

Não faz sentido, mas é assim vezes demais!

As melhoras para o teu joelho e beijocas!

Sun Iou Miou disse...

Paciência é que não nos falta, Teté, mas vou seguir o teu conselho e deixar as viagens de taxi até o Carnaval passar... (`_^)

La queue bleue disse...

Ai, ai, que nom chegue o sangue ao rio! O sangue do joelho, entenda-se.
Quanto ao outro (cantas vezes me tem passado!), a lei da gravitaçom universal será tendenciosa mas os leitores nom som menos e já se sabe que cada um lê segundo lhe foi na feira ou qualquer cousa do género. Ás vezes parece que a relidade nom chega a nada! ;)
[Huhu, citei-me a mim mesma, que pretensiosa! Saibam desculpar...]

Sun Iou Miou disse...

Para isso é que escrevemos, LQB, para nos podermos citar sem maiores nem menores pretensões. Hihihi!

O bo (ou mau, depende, claro) das esfoladuras é que não dão para a gente se dessangrar. Aí é que devia dar um lindo texto, tendencioso até a morte.

Anónimo disse...

Ás veces as metáforas son inconscientes e difíciles de recoñecer. Téñame calma, que a ver se por se esforzar en demostrar a tese lle vai dar por caer do lado dereito e daquela xa a temos armada.

Sun Iou Miou disse...

Renégote, pecado, Kaplan! Iso nin se di!

(Á parte que non me vexo eu caíndo para a dereita...)

Ana disse...

Bem, eu não tenho estado atenta às metáforas... :D

Sun Iou Miou disse...

Fica tranquila, Vani: um joelho esfolado é um joelho esfolado é um joelho esfolado. Mainada. (`_^)