quarta-feira, 14 de abril de 2010

Entre nós










A imaxe que vedes aí é fotografía dunha mensaxe que recibín hoxe -por engano?- no móbil. Moito me alegrou saber que os de Tráfico usan o galego nas comunicacións internas. Se encontro nun destes oito días os do radar, heilles de dedicar o meu mellor sorriso galego... para a foto.

(A verdade, estiven para responder que se confundira de número (ou?), pero logo pareceume máis emocionante gardar o segredo aquí entre nós.)

10 comentários:

Marreta disse...

Não terá sido propositado e até com intuitos de caridade? Não terá sido algum polícia caridoso que te costuma ver a passar de mota a 180 kms/hora?...

Sun Iou Miou disse...

De aí o interrogante que coloquei, Marreta. ;)

couselo disse...

como non sabemos onte teñen o tal radar, haberá que seguir igual cos ollos postos en calquera coche parado no arcén.
...A verdade é que hai tempo que on o vexo por aquí, así que, por si acaso, ¡MOITOLLO!

Sun Iou Miou disse...

Pois eu, Couselo, aínda o vin onte xunto ao tanatorio de Tui: um mercedes gris metalizado.

condado disse...

Oído cocina!!

Sun Iou Miou disse...

Ouvido e freando, Condado. ;)

couselo disse...

Nai que os pariu!

Pois, sinto desilusionarte, pero o que estaba hoxe ao carón do cemiterio das carrouchas era o radar que a DGT deixa aos concellos. Posiblemente de ahí a túa mensaxe que, parece ser, era dos municipais.

Sun Iou Miou disse...

Couselo, isto xa de "ter o convencemento" de que o radar era precisamente o da nosa zona paréceme excesivo. Por moito que eu xogase con iso. Se a mensaxe fose ao teléfono fixo, pase, era entendible. Pero foi ao móbil. Que podia ser do radar de Cuspedriños de Arriba ou de Pedrafita, ou se me apuras, dunha parella (da benemérita) de Muros que presta servizos en Málaga.

Iso si, o teu comentario chistoume. Espero, con todo, que non te multen, pero a próxima vez, cando vexas que pon a cincuenta, ti a cincuenta.

sinistro disse...

Tentarase non pasar da velocidade no biciclo.

Sun Iou Miou disse...

Non te tires da moto, Sinistro! XDDD