terça-feira, 27 de abril de 2010
Gaiolas sobre gaiolas
Existen innumerables misterios sobre a antiga civilización exipcia que a min e a humanidade en xeral nos gustaría ver resoltos. Por exemplo, por que con aquela calor que disque vai polo día no deserto lles deu pola construción de pirámides, que dan unha sombra cativa, ou por que andaban sempre co pescozo revirado en lugar de mirar para diante a ver onde pisaban, ou para que momificaban os mortos, se total non ían estar presentes para se esmendrellaren de risa coa cara de susto que puxesen séculos máis tarde os necrófilos descubridores. Pero non, había que escavichar, con seriedade científica, nas preferencias e manías en cuestión de caniflais para chegar á solemne conclusión de que nada mudou, ou se non, que llo pregunten á dona Márcia. Xa son ganas de pallas mentais, dígovos.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
A civilização moderna não vai descansar até descobrir os pormenores intimos da antiga civilização egipcia, somos muito curiosos!
Beijinhos :)
Algo mudou, pelo menos em relação a esses egipcios. Parece que a D. Márcia é menos púdica.
Saudações do Marreta.
Ou é curiosidade ou muito pouco que fazer (por não usar outro verbo, também com "f"), Fernanda. ;)
Se a dona Márcia tivesse que redigir o cardápio em hieroglíficos, Marreta, talvez tivesse mais pudor... ou menos pachorra.
A ver, deixe que lle explique: o de que vai calor e as pirámides dan pouca sombra, claro: por iso fixeron pirámides, para f... aos que pasaban. O da postura, aí xa ve: como vi alí tanto sol, ao andaren de esquello queimábanse menos. Por último, o das momias: nun lugar tan seco até daba lástima non aproveitar para conservar enxoitos os friames.
E, xa postos, digo eu que máis que de pallas cómpre falarmos de papiros mentais.
Está vostede especialmente fino hoxe, Kaplan, que nin que estivese a describir unha desas desgrazas cotiás súas. ;)
Enviar um comentário