sábado, 17 de julho de 2010

E choveume tanto no regreso...

Para a isabel, o bruno, o valter

Veu a noite cun poeta outro, o das videncias calculadas sobre o visible à mostra no palco espido e expulso nas voces que o interpretan. E eu, ai eu!, a esculcar desde a platea, instalada na fondura dun poema diferente: eles os tres, que me acollen, sobre o valado en que argallaran un casamento triangular de cuño oficial e declaración conxunta de gastos e ingresos, eu a pairar sobre a sua sintonía antiga, ligando e desligando elos, en silencio. Quebrei a esfera de vidro que me ampara no meu mundo interno. Entraron eles en min, xenerosos, eu sorría moito no estómago, mentres ascendiamos por entre ruínas cotrosas de edificios malhabitados, as tendas clausuradas, o cheiro agresivo ao mexo de home-can, as luces que a custo nos ceiban do remoer nun exceso de tristezas, sen un pataco con que alugar o piso das aparencias veciñais satisfeitas ou o traxe que presuma dunha banda colorida e presidencial no peito, moito flash e pilotos vermellos de gravando-gravando, os aplausos e os dentes corteses na imaxe conxelada e potencial da fama.

Aínda é noite e partímonos entre a complicidade dun segredo que me regalan con moita maldade da boa, da que fai gargalladas francas á sombra arbórea despropositada na praza da República, porque aínda é noite, e fundímonos en bicos e apertas tenras, ese portento en que se multiplican os afectos, porque somos catro e ninguén sobra, nin teño eu gana de fuxir aos meus sólitos ningures.

16 comentários:

Alexandre de Castro disse...

O texto deve ser belíssimo, literariamente. E digo deve, porque não sei captar todos os sentidos da língua galega, o que é estranho, pois o português e o galego derivam do mesmo tronco linguístico. Entendo-me melhor com o castelhano, talvez à força de ter de o ler muitas vezes. E que me lembre, anteriormente nunca tinha lido um texto escrito na língua de Rosalia de Castro, essa grande poetisa que selou a maturidade da cultura galega com os “Cantares Galegos”.
Mas com algum esforço de interpretação, furando o miolo das palavras, apercebi-me que estava a ler a crónica de uma viagem da autora ao Porto, onde uma sessão de poesia juntou poetas, quatro dos quais acabaram por a encerrar no convívio da noite, saudando-se num qualquer bar e confraternizando em plena Praça da República.
O texto joga no antagonismo entre um certo agastamento sentido na própria sessão e a espontaneidade vivida no convívio da rua. Um antagonismo entre a formalidade e a informalidade, não assumido directamente no texto, mas subentendido por imagens sugestivas e discretas.

Sun Iou Miou disse...

Há por cá mais do que um adivinho-vidente, ó Alexandre, :)

E eu agora como eludo, sem parecer ingrata, a desmedida dos elogios?

Anónimo disse...

Deixándose estar, elegantemente caladiña, propoño.
(En confianza: os de sempre pensamos igual, pero xa non eloxiamos)

Sun Iou Miou disse...

Xa lle dixen que aínda non se lle despegou Turquía da mirada, señor Kaplan? :)

Anónimo disse...

De primeiras ún pensa en contratar ao señor Alexandre (temporalmente, non hai cartiños...). De segundas ún pensa que tanto ten non comprendelo todo.
De terceiras, (e últimas) un apúntase ás acertadas palabras do señor Kaplan.
Un pracer, de certo. Pode vostede ficar elegantemente caladiña. Ou non. ;)

Sun Iou Miou disse...

Ben se ve, setesoles, que estes soles de verán (un para cadanseu día da semana) andan a lles amolecer os miolos. E o peor é que despois disto non lles podo aconsellar, como debera, que me vaian pola sombra. ;)

Teté disse...

Poesia que é poesia tem de entrar dentro de nós, mexer com cada cordelinho de sensibilidade, tocar-nos entre sorrisos ou emoções. Quando não, são apenas versos de palavras empilhadas... :)

Beijoquitas!

Kapikua disse...

eu queria dizer algo mas a Teté disse tudo o que eu nunca seria capaz de dizer embora o quisesse fazer!

beijo

ella disse...

Pues esto vá en castellano: aun sin comprender, (algo mejor después de la aclaración de Alexandre de Castro), cada frase y el conjunto del texto mueve, remueve y conmueve.
Un placer el logro de tu inspiración.

ella disse...

...los acentos se me escapan...glup!!!

condado disse...

Pois eu penso que tes un pantalón e unha chupa estupendos contra a chuva... Así que non sei que fas parada debaixo de tanto nubarrón. Acelera...

xenevra disse...

A poesía nace do sentimento e faise palavra... palabra de berce nos teus dedos que arrolan estes beizos que as len moi devagariño, unha e outra vez, sen importar o senso min a razón. Porque o seu sabor inunda os ollos!!!

Sun Iou Miou disse...

Tu, Kapik, o que queres é trabalhar pouco com o cérebro e terminar logo o expediente do comentário para ires beber umas bejecas à esplanada frente ao mar... ;)

Sun Iou Miou disse...

Será un texto tipo retro-escavadora, Ella. ;)

Sun Iou Miou disse...

Quen me dera saír a voar por aí, Condado. Non se pode.

Sun Iou Miou disse...

A poesia é um jogo racional moi elaborado, xenevra. Sentimentos todo o mundo ten, mais ou menos. (Eu aquí parezo unha desagradecida, pero non. É só que me atrapallo cando me gaban.)