quarta-feira, 28 de julho de 2010

Presente de ar sonoro












Estícome nas puntas dos pés para alcanzar a caixa do correios e xiro, en lentitude de alento contido, a chave. Abro coma quen abre o cofre do tesouro posible. 'Coita! Se eu agora fose extrovertida veríanme os veciños atacar os primeiros pasos da danza das albísaras e gritar o contento, que por uma vez é o ar quen me escribe. Cáeme por fin nas mans o presente, hai séculos que son uma semana anunciado, como maré súbita de sonhos que me envurullase os ombros de alegriaciñas de seda, unha ducia delas, uma por cada música, a sumarse na alegría grandota do libro de partituras que as acompaña.

E agora escoito, de poros abertos e digo, digo, sinto: Tes beleza na voz e cantas como se as mans falasen agarimando brisas para nas vibracións delas atinxir no máis tarde e máis lonxe os interiores da xente con ouvidos por dentro das orellas. Para isto tamém se inventaron as neuronas, atentos. Imaxínote no silencio a escudriñar entre os versos as notas que ocultan, arqueólogo sabio que desentraña hieroglíficos nas fonduras da terra cun pincel en cada dedo: é maxia para min o que activa a engrenaxe desa arte que descoñezo. A música, a voz, a palabra crean o triángulo da emoción perfecta.

Aínda, os olhos de fóra recréanse nas fotografías e no modelado que deu ao papel o Luís Efigénio.










Sobre a palabra de poetas famalicenses:
musicou e cantou o Ivo Manuel Machado
tangueu a guitarra e arranxou o Carlos Carneiro
fotografou e deseñou o Luís Efigénio.

4 comentários:

condado disse...

dirección, plis, que xa teño a postal escrita

Tá-se bem! disse...

Muito bonito!Que sorte tens :))

Beijo de Sábado já ;) por lá me encontras onde ando...

Sun Iou Miou disse...

Iso, Condado, lémbrame a letra dunha canción: Que eu tenho uma carta escrita para ti, cara bonita, não tenho por quem a mande...

Sun Iou Miou disse...

Pois, sou uma mulher afortunada, Tá-se bem!

Beijo de domingo musical para lá para as partes por onde andas!