Gustaranlle as cores e a ausencia delas, que é como dicir, gustaralle todo o que lle guste e punto. Le, ouve e dá(se) a ler, baixo un título de dúas cores, que me lembrou que aínda non lin a Stendhal. Ou talvez lin, que eu ando nunha de desmemorias tal que un día redescubro un blogue e logo esquezo que xa o redescubrira había nada. Por sorte, ainda son capaz de relembrar o que esquecera, cando o vermello e o negro, está só a unha carreiriña dun can (ou dun galgo).
Digo, grazas!
Sem comentários:
Enviar um comentário