terça-feira, 14 de dezembro de 2010

De costas ao infinito

Talvez esa noite o tempo se detivo sobre o escritorio en que redactaba as súas memorias inventadas. Cando o día se espreguizou, non canxaba a luz de fóra coa das cifras que indicaba o espertador desconectado. Xa perdera a conta das horas que levaba morto... ou eran anos? Xoán Lobo Vieira achegouse á fiestra a descorrer as cortinas. Nin lle feriu a claridade nos ollos sen pálpebras, desasombrados. Que facer?, dixo en voz alta (e sooulle á pregunta mítica). Sobre a cama que xa non usaba estendíanse dezasete camisas lavadas, engurradas coma a súa pel antes do óbito. Pasar o ferro sempre lle parecera unha perda de tempo absurda. Por iso, foi ao cuarto dos trastes, colleu a táboa e o ferro, volveu ao dormitorio e de costas ao infinito, estirounas ben estiradiñas, unha tras outra, devagar e con esmero, coma se o mundo fose acabar.

4 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

E que cando todo vai do revés, o mellor é poñer a marcha atrás coa vista ó frente.

(Dille a Xoán que nestes casos é mellor pasar o ferro apagado sobre unha táboa de pedra ben enrrugada. Quedan que nin diola)

Bjs

Sun Iou Miou disse...

Mándolle o recado por un médium, Chousa, a ver se lle chega. ;)

Teté disse...

O que fazer em toda a eternidade? Qualquer dia faço o mesmo que Xoán e guardo o engomanço das camisas para horas mortas... :)

Sun Iou Miou disse...

Nas horas mortas, Teté, tu sempre andas atarefada. ;)