Antes que o día empezase, as previsións estaban anotadas na axenda. Só que as previsións nunca foron certeza. Por iso, se algunha parte do organismo sofre alteracións, os entes que o compoñen adáptanse, harmonizánse. Corpo e traballo actúan en simbiose obrigada. Unhas veces o traballo esixe un cambio de prazos. Outras, o propio corpo pídelle ao traballo demoras. Na tirapuxa acadan un compromiso.
Necesitámonos mutuamente. Ningún dos dous pode sobrevivir sen o parceiro. Se un de nós morre, haberá outros corpos, haberá outros traballos. Ningún deles será nós.
Sem comentários:
Enviar um comentário