Non hai moito lin na prensa que o tamaño do cranio humano diminuíu nestes últimos 30.000 anos, día máis día menos, nun dez por cento, o volume dunha pelota de hóquei. Disque isto non ten relación de proporcionalidade co cociente intelectual. Pola contra, parece que cada vez somos máis listos (uns máis ca outros, claro, a ver), até ao punto de conseguirmos o que ouvín hoxe nunha emisora seria de radio: que na Feira Mundial de Telefonía Móbil de Barcelona se anuncia un aparello sofisticadísimo que nos vai permitir coñecer até o noso estado de ánimo!!! (Case dou un pincho, non sei se tristeza se de alegría, que o móbil meu non é tan smart aínda para iluminarme ao respecto e eu... parva que sou.)
E digo eu que vale, que o tamaño tanto dará, pero non será que o cranio ao encoller nos oprime a miolada e nos impide pensar como é debido?
Sem comentários:
Enviar um comentário