terça-feira, 18 de setembro de 2007
Por riba do caldo, sopas
Clara ten tres anos e este curso vai á escola por primeira vez. Hoxe está na perruquería coa nai. Clara mírase no espello seria coma unha pataca. Impenetrable. Parece unha señora en miniatura: un calco da nai reducido coas antigas técnicas dos xíbaros e inchado coa tecnoloxía da cirurxía plástica contemporánea. Certo é que Clara hoxe está moi maliña. Vomitou antes de saír da casa. Por iso a mamá mercoulle de merenda un zume de pexego e gusanitos, que papou nun visto e non visto. Case marcho antes de que desate o chafariz.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Ke punki
Punki é pouko. A nena do Exorcista era unha Barriguitas ao lado desta. E grazas que non falou, senón onde estaría a estas alturas a miña fráxil estabilidade psicosomática?
Enviar um comentário