domingo, 18 de novembro de 2007

Xeoide

Esta madrugada cheguei á casa desde Cidadeabertaaomar en tal estado sólido, que ao entrar pola porta, dubidei entre me servir directamente o malta sobre o corpo, dar unha ducha de auga quente ou meterme na neveira a desconxelar lentamente.
Inda lle vou ter que dar a razón ao sapiño, que me agoirou esta coma a última noite en que saía coa moto ata a primavera.

10 comentários:

Lúa disse...

carallo meu e que xa non é tempo, inda que xoda no alma!!!!!bicos

Anónimo disse...

Eu estoume a imaxinar aos tipos nas vespas suxeitando cos dentes aquela peza de lona que lles facía de paraventos. Tal día coma hoxe, ao baixar a lona, os dentes iían con ela.

Por certo, ¿escoitaches algunha vez chamarlle pendrello ao Pen Drive? ¿que te parece?

Sun Iou Miou disse...

Pois é, lúa, tempo e tempo (en ambos os sentidos) (`_^). É hoxe chove, tamén á fin.

O bo, Couse, é que os máis dos que levan o paraventos suxeito cos dentes é que usan dentadura postiza (claro que posiblemente porque nalgunha xeada anterior lles quedaran os bos apegados á lona). En canto ao do pendrello, benvido. Éche coma as expresións que se usan nos portos "chipichanga" (de 'ship and change'), "alinkindoi" ('a look in dock)...

Anónimo disse...

O caso e que pendrello existe en galego, e mesmo significa algo case aplicable, ¿Ou non?

Sun Iou Miou disse...

E logo, refíreste ao pend(r)ello, lugar onde se garda chafallada variada? Se é así, a metáfora gaña, abofé, ainda que algo de portabilidade fáltalle. Eu é que como lle chamo alboio non caera.

Anónimo disse...

Por curiosidade... ten algo publicado vostede? As súas palabras rebosan calidade.
Un saúdo.

Teté disse...

Não percebi muito bem: foste andar de mota com este frio e voltaste enregelada?

Por mim, já acendo os radiadores em casa, qual mota qual carapuça...

Sun Iou Miou disse...

Percebeste perfeitamente, Teté. Sai daqui à tarde, ainda com sol, e voltei às tantas da madrugada, com uma geada... (gelo = xeo; 'xeoide', logo, 'com aparência de gelo'?), nem queiras saber. O sapinho encantadíssimo (e arrepiado, não sei de frio, se de medo de estar com esta maluca) a dizer antes de eu voltar: "Pois esta vai ser a última noite que sais na mota até a primavera, não vai?" E eu, toda peito de fora (olha que isto é em sentido figurado): "Qual primavera, eu ainda aguento! Vou bem abrigada, pa!" Ó caraças! Vim todo o caminho de volta a tragar as palavras.

E, Avelaíña, se queres dicir publicado en libro, non, mais tamén non creo que dea para iso. Barrenar cun certo xeito non nos converte en escritores; se acaso, en escribáns. De calquera maneira, agradécese a gabanza, vindo de quen vén (`_^).

Raposo disse...

E que fixeches o final?

Sun Iou Miou disse...

Raposo, raposo, que que fixen? Un nunca debe pescudar máis aló do que lle contan. A vida é prosaica abondo. Pero, pois preguntaches, ningunha das tres cousas: non bebo soa, as duchas de auga quente prolongadas danme remorsos (ecolóxicos e económicos) e se me chego a meter na neveira, a estas horas, non estaría a falar contigo. Mágoa que aínda non dea a tecnoloxía para compartir un Glengoyne por estes fíos...