Pasou o nadal e non fartos de consumo
semellan anoréxicas damas de pasariala
os porcos do cortello superviviantes da comediala
as baleas do mar, os loitadores de sumo
ao lado deste corpo do que me gabo e presumo
son unha bomba ambulante, botopormín, botaporiala.
Propósitos de aninovo non coñezo nin fago
non me quito das patacas nin me quito do touciño
nin me quito da augardiante, do tabaco, nin do viño.
Desde o amencer á noite, engulo, chucho e trago
por non perder peso hai días que nin cago,
nas fiastas de guardar, eu guardo no fociño.
Cultura pop, cultura pop
chiflar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Hai vicios máis peores ca este meu polo cocido.
Que hai quian xunta ladrillos apegados con cemento,
quian arrasa os nosos montes que son vida, son sustento
quian xunta cartos en sacas negras coma o seu contido
quian entra e sae da cadea sen que lle chamen bandido
quian convierte a democracia en permanente esperpento.
E demos grazas, e demos grazas
que non nos poñen bozos nin mordazas
E demos mazas, e demos mazas
pra mazarmos a eito en tantas desgrazas.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Disque agora os pitos van andar con cueiros
perfumados con chanel coma a loura Marilín;
ducha diaria ás galiñas en tódolos galiñeiros
desodorante nas alas e ambientador de xasmín;
e ós galos vanlles botar millo con pipermín
pra escorrentar ó cantaren piestes e malos cheiros.
E non hai frescuallo que máis infeste,
non hai tufo no mundo que menos preste
polo norte e o sur, polo oeste e o leste,
non hai fedor na terra que máis deteste.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Seica espallou a moda nas igrexas da bisbarra
de pór músicas celestiais en potentes altofalantes
pra envanxelizar a xente á forza de dar tabarra.
Onde alá van as campás que nos espertaban antes?
Iou quiárome máis no infierno rodeado de moinantes
A que me esperte ós domingos da resaca esa fanfarra.
Quian non desbarra? Quian non desbarra?
Chega o domingo, ié que non marra.
Veña guitarra, veña cinzarra,
Déixache a cachola que cha escacharra.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Os semáforos do Punto son seres independientes
que acenden cuando lles peta ou cuando lles apetece.
Pra regula-lo tráfico tian cores convenientes
A eles tanto lles dá, que son autosuficientes.
Xogan a se pór en verde os dous cando lles parece
Por ver esnafrar ós coches e a máis dun partir os dientes.
Tanto lles dá e tanto lles tian
Vermello, que verde, quian vai e quian vián.
Tanto lles dá, parécelles bian
Que turren, que choquen cincuenta ca cian.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Chantaron da noite á mañá nos camiños uns letreiros
Que nos tian desorientados a veciños e forasteiros.
Puxeron Fontenla a Fontiala e á Quirincosta, Cunqueiro;
Castelao ao Camiño Viello, abofé son chafalleiros.
¿Que tian que trocar nadias os nomes destes carreiros
que tiñan nome bian posto polos nosos devanceiros?
Seica llela abala, seica llela alomba,
Como lles digan nin como se chamen.
E tomba que dálle, e dálle que tomba
mentres os veciños non llelo reclamen.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Vienres de foliada organizan na capital
con desfile de carrozas a golpe de talonario
só por quitar as plumas máis balorentas do armario.
Pro quian queira ver entruido non topará outro igual
Có que en Goián facemos co cocido comunitario,
tortillas, torresmos e viño e a sopa do carnaval.
Sopa no pinico para toda a tropa.
Nin cunca nin caneco nin prato nin copa.
Onde se atopa? Onde se atopa?
En Goián tomamos nun pinico a sopa.
Cultura pop, cultura pop
chifrar sen escalas, rillar nonstop.
Cultura pop, cultura pop
e para rematala beillar no hip-hop.
Data de fabricación: Entruido de 2007
Data de caducidade: Entruido de 2007
5 comentários:
Sabes de sobras que non tes razón no que dices. Son moitas as abras de arte feitas para consumir e tirar. Estou agoa a escoitar ao Bach. Moitas das súas obras fóron encargas feitas a correr para agasallar a algún señor de visita na corte. Por suposto, moitas fóron tiradas, perdidas ou destruídas depóis de seren interpretadas ao mellor só unha vez. As marabillosas partitas, fóron concebidas como exercicios de lectura para agún dos seus fillos. Hoxe fáiseme o cu jasiosa só de escoitalas. Seguro que coñeces exemplos semellantes no eido das letras ou de outras artes.
Por suposto, que iso non quer dicir que a túa copla do entruido chegue a esa categoría, que logo te me pos moi chulita, que xa te chega. Perdera a miña copia, así que xa arquivo esta, por si acaso...
Pois para dicir o que dis o final, aforraras o principio, porque acabaches dándome a razón -que a teño, só faltaba, este blog e meu e con borrarche o comentario, aviado- aínda que só fose para que non empoleire... pero non teñas medo que padezo vertixe. Mágoa este ano, que falta de inspiración. A ver se de aquí á sopa lle fago unhas coplas aos cociñeiros.
E logo, terei que levar o saxo?
xa sabes que non home fácil e cunha simple insinuación entro ó trapo con todo.
xa non sei nin onde meto as rexoubas. o anónimo de antes era eu
Non me digas que saes da casa sen... Ah, perdón, lera mal. Pois, mira, ben nos podías amenizar o xantar, que ti xa estarás comido, ben que aos frauteiros non vos guste (non vos conveña) soprar coa barriga chea, ao contrario que ao común dos mortais.
E ten coidado onde a metes, a rexouba, digo, que algunhas proen.
Enviar um comentário