terça-feira, 5 de fevereiro de 2008
Martes de Entroido ao mediodía
Acordáballe a primeira vez que sentiu nos labios —firmemente fechados en actitude defensiva— aquela delicada suavidade, lixeiramente salgada, ofrecéndoselle tras un recendo penetrante, que ao sacudir nas ventas unha conexión directa ás profundidades do hipotálamo, deu en vencer a súa resistencia. Soubo entón o que era o pracer prohibido. Intuíndo os remorsos, medio avergoñado, preparouse para consumar a repetición daquel ritual orxiástico entre diabólico e divino. Porco amore! Perdíao o touciño.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
10 comentários:
Pois preparémonos hoxe para a grande orxía. Ainda que o último ano que fun (levo algúns latando) nonme tocou nin cacho. só orella da parte da cartílaxe, que non da cacheira. Pero hoxe penso estar alí na primeira quenda.
Pois eu coma sempre na última, que é a única na que hai algo de paraxe para falar e escoitar, que nas outras é encher e arrear. E eu prefiro comer menos e ouvir máis, aínda que sexa por orella de porco.
...e que eu teño que alimentar á filla, e con palabra non engorda, así que xa te verei no serán.
estee.. o do anónimo era eu
Alimenta, alimenta, para que cha leve un lambón calquera, pámpano!
U-lo anónimo?
Vale, xa vin que o anónimo estaba "noutrures".
Estamos todxs a votarche o conto erótico-festivo gastronómico coma tolxs :)
Grazas, pobo, grazas! Non vai haber sitio en Venecia per tutti!
Se alguén sabe de moscas, esa son eu.
Das borrachas, das que se puxeron moradas coa "Blancanieves".
De todas.
Ao Hodgkin téñolle moita xenreira,
que unha amiga miña o padeceu e debe ser contaxiosísimo porque doíanos todo a todos.
O conto púxome a cen por hora.
Vou ver que atopo no outro lado da piltra, que estou coma unha MOTO.
O abrazo grandísimo no é virtual.
A tSetSe.
Vas ser, xunto coas moscas borrachas, a única mosca que teña permiso para entrar aquí, tSetSé, abofé, sen que coma un resorte salte á procura da palmeta coa que esmagala.
Espero que a moto non sexa a do veciño (^_^).
Non é boa a xenreira e menos contra o que nos fai medrar.
Beixos e apertas e... saudiña que non falte, que a roupa cómprase.
Enviar um comentário