sexta-feira, 22 de fevereiro de 2008

Non sei se os frita se os coza

Outra vez os chineses foron quen de facer un magnífico experimento que vai ter repercusións na conciliación entre os labores domésticos e as relacións sociais, que vai dar solución á alimentación de multitude de oficinistas que pasan as horas mortas ao teléfono sen poder saír a tomar un caldiño quente, un mísero café de máquina. Acabou aquilo de dicir cando soa o teléfono mentres preparamos a cea: Téñote que colgar que deixei a perola ao lume... (Non máis escusas, sapiño, encanto). De agora en diante podemos cociñar e falar polo móbil ao mesmo tempo. Abonda unha conversa de sesenta minutos para facer o máis exquisito prato: ovos cocidos. E se un os prefire pasados por auga, corenta minutos chegan. Talvez demore máis ca mediante métodos tradicionais, non digo que non, pero afórrase en desprazamentos, en deixar o teléfono desatendido (tomen nota empresarios do mundo enteiro) e en inútiles cociñas de última xeración e fornos microondas a xogo, todo o cal redundará sen dúbida no aproveitamento do gasto que vai parar ás multinacionais da comunicación no noso beneficio, ou no do xefe, que convén telo contento. Certo que hai que pór os ovos (a sopa de sobre tamén valerá, digo) entre o ouvido e o móbil, pero é cousa de subir un pouco o volume. Ben, en teoría hai que colocar dous móbiles, un de cada lado, pero que traballador de prol non ten hoxe dous móbiles coma mínimo: o particular e o do choio? Así, mentres se trata un asunto laboral, chámase ao pequeno á escola para ver que tal se lle porta hoxe o mestre. Por favor. E se non, fixo que co mp3 tamén dá. Iso si, utilízenme recipientes de cerámica, non lles vaia dar un chispazo que lles frita os ovos.
Que vellez nos espera, nenos!

9 comentários:

Rei da Lã disse...

Assa-os!
;)
Estou impropriamente cardíaco!
Mas isso é outra culinária...

Sun Iou Miou disse...

Não será de lamber paredes, espero, Reizinho. Um tintinho é que faz bem ao coração. Eu vou-lhe mandar uns Ribera Duero, deste lado de cá, ao corpo (meu). Saudinha!

Anónimo disse...

Olá!
As aulas de chinês com a Emilia dão pra muito xD

Sun Iou Miou disse...

Pois dan. Agora estou nun ordenador de prestado no que non vexo ideogramas o teu nome, pero por iso precisamente sei quen es `_^. Zài xingqiyi!

TintaRoja disse...

Te agregué por buen@...espero que no te importe ;D

Saludo

Sun Iou Miou disse...

Espero, espero que non me importe, Tintaroja (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Ah, Boo-chan (ボーちゃん), o meu personaxe preferido de Shin-chan: intelixente, fala apenas para dicir a frase xusta; só che falta a moqueira a pingar da napia, mais diso ben podemos prescindir (`_^)

Anónimo disse...

Eu também adoro, o Boo-chan. É claro que é o mais listo de todos xD E a moqueira da-lhe um toque de intelectualidade

Sun Iou Miou disse...

Home, ボーちゃん, dá un toque de intelectualidade e serve para marcar distancias (^_^), que non é nada malo ás veces.