O primeiro que fago ao me erguer pola mañá é pór a radio. Escoito as noticias mentres almorzo e hoxe o tema é recorrente: a folga de transportes. Se non ouvo cincuenta veces as variacións do tema, non é nada. Póñome diante do ordenador e só teño unha teima na cabeza: que non me esqueza enviar o traballo polo que sacrifiquei unha que puido ser divina fin de semana. Non ben dan as nove estou co teléfono na man. Tirurí tirurí benvidos, dime a maquinucha con voz sedutora, e hoxe nin me pide para pulsar números varios. Iso é que vou falar con xente, penso optimista. E é. Respóndeme unha persoa humana.
-Bos días. Atende Conchi. Dígame.
-Bos días. Quería enviar un paquete a Cidadeabertaaomar.
-Sentímolo, pero non facemos entregas nin recollidas por causa da folga.
-Ah. Claro. Lóxico. Natural. Pois nada. Bos días.
-Bos días.
Bos non, estupendos días... perdidos.
________________
P.S.: Traballo feito non corre présa (non se consola quen non quere).
12 comentários:
Una trabajadora más! Aquí! ;)
E será assim, Em Bicos, enquanto não encontrarmos um milionário/a que nos retire desta má vida... (`_^)
Vamos pôr um anúncio no blog, Sun? :P
Achas, Em Bicos? Por cá só passam velhotes com reformas cativas, muito tempo livre e pouca tesão. Eu quase procurava noutra parte. (`_^)
Sun, pensei que querias um milionário e ponto final... Já estás com exigências. ;)
Pois, Em Bicos, quero tudo: velho, rico e que passe pouco tempo na casa; a tesão com viagra arranja-se. Se não fico como estou, que não estou tão mal.
Xiça, isto afinal virou anúncio, Em Bicos.
A ver ese optimismo!
Paseiño en moto ata a cidade (Ou en coche, non sei o tamaño do "traballo"). S e vas a tardiña de hoxe hai unha actuación dun grupo brasileiro no auditorio municipal con moi boa pinta...e despos me contas.
Non esquzas entregalo traballo que a iso ivas.
Non é por te xoscar, como dis ti, sun iou miou, pero ¿e non sabías o do correo electrónico? ¡Que non che vou recordar outras épocas de ambas estas dúas obreiras do teclado!
Sigrid
En xeral, aos listos, Couselo e Sigrid: non fun a Cidadeabertaaomar por causa de traballo, senón por motivos médicos, que non sei por que teño que dar tantas explicacións.
En particular, a Couselo, lamento, xa vin o do Quinteto Violado, pero un día en enteiro en Vigo e morro. Mesmo.
En particular, a Sigrid: Sei que existe o correo electrónico. E tu sabías que namentres a tecnoloxía non mellore o suficiente hai traballos que é preciso realizar sobre papel? (aínda que iso resolvino onte indo á Moinobreemoileal) E BENVIDA DE VOLTA AO MUNDO: BICAZOS.
Ou sexa, que o "paquete" que tiñas que entregar era tamaño medio.
Tà bom
O dos tamaños é relativo, Couselo (pero insisto en que non fun a iso a Vigo hoxe).
Enviar um comentário