Palabras roubadas / Palavras roubadas

Como la noche no
quiero que tú desciendas,
no quiero cumplimiento
sino revelación.
Desciende hasta mis ojos
veloz, como la lluvia.
Como el furioso rayo
irrumpe restallando
mientras quedan las cosas
bajo la luz inmóviles.
Que no quiero la dulce
caricia dilatada,
sino ese poderoso
abrazo en que romperme.

Jaime Gil de Biedma falou así en Las personas del tiempo e o Chico Buarque deixoume a voz con todo o sentimento.

Sexta-feira, 9 de Janeiro de 2009

Chegou o inverno!!!










Última hora! Neva na Aldea das Carrouchas!
Ou polo menos no Collón de Fontiala...

8 rexoubas:

Kaplan disse...

si, tamén ithaca amenceu branca hoxe, pero por fortuna o sol vai varrendo a neve
(diga unha cousa, porfa: saben os da national geographic o do collón de fontiala, ese topónimo?)
feliz ano (tb eu a botei de menos)

Sun Iou Miou disse...

Por partes, Kaplan:

1) A verdade, aqui foron unhas folerpas na hora en que saíu o post (10:00), pero neste sur que é norte do sur, a neve non se prodiga. A última que caera por cá (con manto e tudo, que hoxe non callou), debeu ser polo 87, ano arriba, ano abaixo. Ao contrario que aí, porén, o ceo está cincento e co frio que teño dentro da casa (bendita a Lima, que tamén ten frío e se deitou enriba dos meus pés), non quero pensar o que vai fóra.

2) O do Collón de Fontiala é unha das poucas verdades que ten dito aquí a Sun Iou. Fontiala é o barrio no que vivo (e con ese singular ditongo non sería difícil localizarme nun atlas xeográfico...) e o do Collón de Fontiala débese á forma, evidente, do recanto no que está inserido o meu eido. Non só o ignora a National Geographic, senón tamén o Ilustre Concello de Pombalnoseixo ao que pertence a Aldea das Carrouchas, que non ten o menor interese pola microtoponimia (e ata puxo carteis polo barrio nos que dicía FONTENLA, desvirtuando o ditongo e cangándolle un N) co conseguinte prexuízo para os carteiros e repartidores varios. Dixen. Un día, que teña vagar, tiña pensado mandar unhas bocanegras sobre isto.

3) E si, agradécese que se me estrañe, pero vaime ter que seguir estrañando, que non dou feito.

4) Bicos

Van disse...

e por incrivel que pareça, estão a anunciar neve para o litoral de portugal, algarve incluido!!!!!

Teté disse...

Já chegou dia 21 de Dezembro... (`_^)

E sim, dizem que é possível que neve em Lisboa e no Algarve! Ora aí está uma coisa que só vi uma vez, não há muitos anos (cerca de 4, suponho), e apenas por uns breves minutos, em que fiquei todo o tempo à janela...

Beijoca e bom fim de semana, mesmo que gelado!

Sun Iou Miou disse...

Pois, até cá é insólito, Van. Foi só uma meia hora de flocos a cair, mas lindo de ver.

Sun Iou Miou disse...

Mas agora é que se está a sentir, Teté (nesses dias por volta do 21 também houve geadas boas), he!

Pois, o fim de semana vai ser gelado, disseram que até domingo isto não muda.

Beijo!

(Desculpa não te ter visitado a diário mas chega um momento que não aguento ler uma linha mais no computador.)

Tá-se bem! disse...

Bahhhh Aqui nevou há uns anos.. agora só faz frio bahhhhh é o litoral no seu melhor! :)

Beijoooo quentinho ;))

Sun Iou Miou disse...

O frio é lindo, Tá-se bem!, mata os débiles, respeita os fortes, e viva Darwin!

Beijo sincelo!