Alguén dubidaba? Pois, continuando coa serie de insectos contables agora constátase que as abellas (non confundir con avespas, por favor, que tamén non todo o que pica é comechón nin becho) tamén contan. O estudo realizouno un equipo de científicos alemáns da Universidade de Würzburg (Que xa ten delito o nome, como para fiarse da súa seriedade: Imaxinan que montásemos aquí a Universidade de Vilachispa?), integrados no equipo internacional BEEgroup, composto tamén por australianos, que como están nas antípodas, sempre manteñen opinións diametralmente opostas, polo que supoño que ao final o choio de que contan só ata catro debeu de ser unha media elixida por consenso.
O caso é que os simpáticos deles puxeron a unhas infelices dunhas abellas a entrar e saír por tubos de metacrilato e debérono pasar caralludo véndoas parar á saída e entrada dos tubos, movendo a cabeza segundo ían contando os obxectos que lles indicaban o camiño do alimento.
Explícome: a cousa consistía en colocar uns carteis con debuxos dun certo número de obxectos á entrada dos tubos e as abellas sabían que para conseguir alimento tiñan que escoller unha saída cun cartel que coincidise en número de obxectos co que estaba á entrada. Un exemplo, se na porta de entrada había catro peras, os himenópteros (que significa "hímenes alados") sabían que tiñan que saír por onde houbese un cartel con catro obxectos, independentemente de que fosen peras ou mazás (era para lle dar con isto no fociño a certa esposa de certo ex-presidente bigotudo). E todo isto así un día e outro e outro, a pasmar para as abellas, que debían pensar que na Comunidade de QuilómetroZero estaban mellor.
Pero, atención, cando no cartel había máis de catro obxectos, a abella xa só vía "moito", e aí sentinme identificada, porque cos euros pásame algo parecido: embarúllome cos ceros e a partir de catro xa me parece unha barbaridade todo. Agora entendo que naquel verán o meu himen saíse voando.
8 comentários:
Qué bárbara!
Bárbaros os alemáns, de toda a vida. Mañá hai unha de vacas de leite, para compensar.
a última frase non ten prezo (é dicir, que vale moitos euros, por suposto máis de 4)
que deus lle pague o que me estou a rir XD
Ui, catro euros daquela era unha pasta, Kaplan. Pense que foi no século pasado. E a verdade, así entre nós, bastante "alotonto".
En fin, se lle fixo rir compensoulle ler o tocho ata o final. E alégrome.
Só percebi himen que voa e o catano! tradução por favor!!! ehehehe
Besos muchos ;)
Pois percebeste o fundamental, Tá-se bem! Está aí o meu parecido com as abelhas: as duas somos bichos himenópteros (e não traduzo mais, que também não merece a pena o texto).
4 beijos!
Resumindo: as abelhas podem aprender a contar, mas só até quatro! E tu também te atrapalhas com os zeros e comparas-te a elas, ainda e também num outro picolo pormenor...
OK, passo a conversa esposa que não sei quem é, nem acho que me interesse... (`_`)
Percebeste bem, Teté. Quem não percebeu bem fui eu a tua última frase. ^_^a
Enviar um comentário