quarta-feira, 13 de maio de 2009

Un nome de nada / Um nome de nada

Por dicilo dalgunha maneira non naceu, máis ben foi expulsado á vida cando aínda nin vida era, un envurulho de células latexantes de pouco futuro e escaso pasado. Por asignalo a unha sección, metérono en neo-natos —iso si, nun aparte—, que crear unha exclusiva para despexados do mundo era gasto oneroso en época de depresión económica e emocional. Así que alí o estaba, ou quizá deba dicir, alí o tiñan, aniñado, oculto por un biombo aos prantos dos que aínda non aprenderon a sorrir á mirada apampada dos pais babados e a chocheira dos avós.

Por dize-lo dalguma maneira não nasceu, antes foi expulso à vida quando ainda nem vida era, um embrulho de células latejantes de pouco futuro e escasso passado. Por assigna-lo a uma secção, meteram-o em neonatos —todavia, separado do resto—, pois criar um exclusiva para despejados do mundo era gasto oneroso em época de depressão económica e emocional. De modo que lá estava, ou quiçá deva dizer, lá o tinham, aninhado, oculto por um biombo aos prantos dos que ainda não aprenderam a sorrir à mirada pasmada dos pais babados e à doidice dos avós.

Da chocheira dos avós, diso ía o conto. Coa nai atordada pola traxedia, o pai deambulando polos corredores do hospital á procura dun recuncho onde abafar a magoa no fume dun cigarro, a avoa saíu do cuarto 358 esquivando risas alleas, ramos de flores con pernas, abrazos doutros, repenicar de bicos, seguíu as flechas e baixou lentamente as escaleiras.

—Ao fondo á esquerda —respondeulle amable un celador que empurraba suave a cadeira de rodas en que unha velliña translúcida sorría porque a radiografía que lle acababan de facer non lle doera nada, o que se di nada.

Da doidice dos avós, disso tratava o conto. Estando a mãe atarantada pela tragédia, o pai a deambular pelos corredores do hospital à procura dum canto onde abafar a mágoa no fume dum cigarro, a avó saiu do quarto 358 contornando risos alheios, ramos de flores com pernas, abraços doutros, repenicar de beijos, seguiu as flechas e desceu lentamente a escada.

—No fundo à esquerda —respondeu-lhe amável um auxiliar que empurrava suave a cadeira de rodas em que uma velhinha translúcida sorria porque a radiografia que lhe acabaram de fazer não lhe doera nada, o que é nada.

A avoa petou na porta e abriuna devagar, devagariño, para non os espertar, criaturas, todos tan durmidos, seica comeran xa. Foinos contemplando un por un, tratando de adiviñalo, a través do vidro, todos tan colocados, coma pintados nun lenzo enmarcado, tan pouca cousa e tanto.

—Cal é o meu? —preguntoulle á enfermeira.
—O seu? A nai como se chama?
—Marisa, digo, María Luísa, María Luísa Pereira Souto. É miña filla a nai —gabouse, e no peito collíalle un globo terráqueo dos grandes.

A avó bateu na porta e abriu-a devagar, devagarinho, para não os acordar, criaturas, todos tão dormidos, com certeza comeram já. Foi-os contemplando um por um, tentando adivinha-lo, através do vidro, todos tão colocados, como pintados num lenço emoldurado, tão pouca coisa e tanto.

—Qual é o meu? —perguntou à enfermeira.
—O seu? A mãe chama-se como?
—Marisa, digo, Maria Luísa, Maria Luísa Pereira Souto. É minha filha a mãe —gabou-se, e no peito cabia-lhe um globo terrestre dos grandes.

A enfermeira palideceu e por un segundo fundiuse contra a parede branca co seu corpo uniformado.

—O seu, é que o seu non está aí, non pode estar aí, que é un case nada.
—Eu queríao ver, que nada que sexa, é un nada de meu.
—Non queira, muller, que non é para ver o que fere na alma con agullas que non cicatrizan.
—Entón é así tan certo que non vai dar en nada?
—Xa nin agora é nada... en fin, case nada.
—Pois antes do... —e abaixou a cabeza para murmurar— antes do pasamento vai haber que bautizalo. Non lle ha facer mal a auga a quen nin ten esperanza.

A enfermeira empalideceu e por um segundo fundiu-se contra a parede branca com o seu corpo uniformado.

—O seu, é que o seu não está aí, não pode estar aí, que é um quase nada.
—Eu queria-o ver, que nada que for, é um nada meu.
—Não queira, mulher, que não é para ver o que fere na alma com agulhas que não cicatrizam.
—Então é assim tão certo que não vai dar em nada?
—Já nem agora é nada... enfim, quase nada.
—Pois antes do... —e abaixou a cabeça para sussurrar— antes do passamento era preciso baptiza-lo. Não lhe pode fazer mal a água a quem nem tem esperança.


—Don Máximo, que é que hai unha avoa en neo-natos, que quere bautizar o neto, o que naceu para non ser nada ao final.
—E chámasme para iso? Non terei máis que facer que andar a bautizar un quiñón de masa que non ten nin cara para recibir as augas.
—É que teño pena da avoa, coitada. Que lle custaba? É un bauticeiro de nada.
—Que me custaba? Que me custaba? Bautízao ti se tes tanta pena, que eu estou para salvar almas, non para panxemicadas. Teño que ir ouvir unha confesión á sexta e dar unha extremaunción na cuarta. E xa non sei se chego.

—Padre Máximo, que é que está cá uma avó em neonatos, que quer baptizar o neto, o que nasceu para não ser nada afinal.
—E chama-me para isso? Então a gente não tem mais para fazer que baptizar um bolo de massa que não tem nem cara para receber as águas?
—É que tenho pena da avó, coitada. Custava-lhe o quê? É um baptizado de nada.
—O que me custava? O que me custava? Baptize-o você se tem tanta pena, que eu estou para salvar almas, não para bobagens. Tenho de ir ouvir uma confissão ao sexto andar e dar uma extrema-unção no quarto. E já nem sei se vou chegar.


—Que di don Máximo, o capelán do hospital, que non pode vir, que llo bautice eu, que teño potestade. Pero vostede agarde aí, ouviu? É mellor. Mire de lonxe, se quere.

A enfermeira verteu dun envase de soro fisiolóxico, solución salina ao 5%, un chorriño na tapa vermella dun bote para análises de ouriños esterilizado, a falta da cuncha. Polo vidro a avoa observábaa a deitar sobre un vulto coma penuxe de leve —imaxinaba— a auga, a facer cruces seguido, todas cantas lembraba dos domingos da infancia.

—Xa está. Xa está bautizado.
—Deus llo pague, miña filla —agradeceu a avoa.
—Non foi na... —respondeu a enfermeira trincando na lingua a palabra antes de que se lle malograse a intención.

—Que diz o padre Máximo, o capelão do hospital, que não pode vir, pediu para o baptizar eu, que tenho potestades. Mas a senhora aguarde aí, ouviu? É melhor. Olhe de longe, se quiser.

A enfermeira verteu dum frasco de soro fisiológico, solução salina ao 5%, um esguicho na tampa vermelha dum vaso para análises de urina esterilizado, à falta da concha. Pelo vidro a avó observava-a a deitar sobre um vulto coma penugem de leve —imaginava— a água, a fazer cruzes seguido, todas quantas lembrava dos domingos da infância.

—Pronto. Já está baptizado.
—Deus lho pague, minha filha —agradeceu a avó.
—Não foi na... —respondeu a enfermeira mordendo na língua a palavra antes de se lhe malograr a intenção.

A avoa enfiou cara á porta, a enfermeira cara ao fondo da sala, onde un rabechas estaba na hora do refrán do que non chora non mama.

—E mire, que me esqueceu preguntar —acordou aínda a avoa desde a porta—. Como lle puxo de nome?

A avó enfiou em direcção à porta, a enfermeira ao fundo da sala, onde um pirracinhas estava na hora do ditado de quem não chora não mama.

—E ouviu, que esqueci perguntar —lembrou ainda a avó desde a porta—. Como lhe chamou?

Nada, decatouse a enfermeira, non lle puxera nada, entre as cruces e o raio da tapa coa solución salina despistáraselle o esencial, o que mesmo dá ser á nada.

—Xoán púxenlle —mentiu creando un universo.
—Xoán… É bonito, Xoán. Xoán, meu pequerrecho, meu queridiño, heiche de tecer un cesto de vimbio para ires ás troitas no regueiro das Pontellas, aí é nada.

Nada, deu-se conta a enfermeira, não lhe chamara nada, entre as cruzes e o catano da tampa com a solução salina esquecera-lhe o essencial, o que mesmo dá ser à nada.

—João chamei —mentiu criando um universo.
—João… É lindo, João. João, meu pequerrucho, meu queridinho, vou-te tecer um cesto de vimes para ires às trutas ao ribeiro das Pontelhas, aí é nada.

15 comentários:

Anónimo disse...

Non teña a menor dúbida de que o Xoanciño, á que medre (que medrará) levaralle un día unha troita das mellores á súa avoa, desde logo pescada por el.

Sun Iou Miou disse...

É que non hai maior invisibilidade cá que dá o anonimato, Kaplan, así que digo eu que a viceversa tamén valerá.

E falando e de troitas, acordoume un detalle: un día, pescando nun regueiro, pregunteille ó meu mestre (mestre pescador, quero dicir), que eran "aqueles", que había tantos. "Peixes", contestoume con desinterese. É que nós iamos ás troitas, que máis daba como se chamase o resto?

Tá-se bem! disse...

Deixaste-me com uma lágrima..

sabes que muitas vezes (aqui pelos meus lados, família incluída) me dizem, "só tens um filho... um filho não é nada.."

Noutro contexto mas no mesmo sentido..

E na verdade esses nossos nadas são tudo o que de maior temos!

Beijooo de tudo que hoje o meu "nada" faz anos, que Deus o abençoe! :)

Sun Iou Miou disse...

E eu que me alegro tanto de que percebesses sem tradução, Ta-se bem!, que esta estava mesmo difícil para mim.

Beijinho e parabenções ao pequenito!

condado disse...

Radiografías que non doen e outras que si (o cura é un fillo da puta -tiña que decilo alguén).
Este primeiro foguete foi bo...

Sun Iou Miou disse...

Había que darlle unha volta á historia (que non é conto, ben o sabes ti), Condado, que non era cuestión de ferir sensibilidades à toa.

O cura era cura, que lle vas pedir? Está no seu papel.

leticia disse...

Pues sí, últimamente la iglesia (o los curas) tienen tanto que hacer que no tienen tiempo para lo que de verdad importa... pobre abuela.

Triste historia.

Sun Iou Miou disse...

Triste, Leticia?

Curioso...

leticia disse...

Sí, triste historia, con final feliz.

;)

Teté disse...

E não é triste um prematuro que nasce sem hipóteses de futuro? E de um padre que recusa baptizá-lo quando era tão só o que a avó queria?

Beijinhos!

Sun Iou Miou disse...

Leticia e Teté:

A história era muito mais triste tal como ma contaram, mas eu só queria falar da capacidade criadora das palavras, porque só o que tem nome toma corpo como entidade própria. Ao inventar a enfermeira para o pequeno um nome (coisa que não aconteceu na história verdadeira), a avó pôde sonhar-lhe uma vida inteira.

Mas, pronto, se vos pareceu triste, quem sou eu para dizer nada?

Beijitos a ambas

Anónimo disse...

¿E é unha historia verdadeira, Sun Iou Miou?
Hai que ter entrañas para contala.
Por outro lado, gracias por rescatar o neno.
Con nome ou sen el, éo todo.
Sigrid

Sun Iou Miou disse...

A historia é real, Sigrid, salvo no final. No final real, a enfermeira non reaccionou, non foi capaz de inventarlle un nome para que a avoa dese azos aos soños... Por iso a min non me parece triste, tal como a relato. Triste era a de verdade, porque ademais era certa, e esta é conto, o conto do poder das palabras e a forza dos nomes para crearen entidade... se non é moito pedir.

Anónimo disse...

¿De verdade o cura non o quixo bautizar? Como dicimos por aquí, matalo era pouco. ¡Panda de hipócritas!
E menos mal que existe a ficción para rescatarnos e redimirnos.
Graciñas, Sun Iou Miou, en nome de Xoán.
Sigrid.

Sun Iou Miou disse...

De verdade da boa, Sigrid. Talvez un feto case morto non lle servía de futuro obxecto de tocamentos, que parece que non é moito pecado segundo o sobranceiro Cañizares e os seus.