terça-feira, 9 de junho de 2009

Pluf

Ando así sen gonzos, un tanto debruzada enriba do teclado, sen forzas para levantar o queixo e meter por baixo os dedos. Míranme mal as escaleiras, o café non me sabe e o estómago púxoseme en folga de apetito. Desculpen polo temporal, pero os ventos e as augas que os teñen asolagado estes días son os elementos que me foxen das entrañas en desbandada. Namentres vaian lendo a prensa para se aclimataren. Xa virá sol que se farten.

______________
P.S.: E logo aínda me piden fotos e que se non, non...? De que? Dun cadáver que avanza lento? Que si, esta explícollela outro día, cando recupere os azos. Condicionalmente, claro.

16 comentários:

condado disse...

Isto soa a vacacións, cambiar de aires diría a miña aboa...

Sun Iou Miou disse...

Tomara eu, Condado! Só se me mandan ao psiquiátrico... ou a baños, coma ao outro.

sinistro disse...

Logo o problema é que non comes ben, non? ou comprendín mal o texto?

Sun Iou Miou disse...

O problema puidera ser un círculo vicioso, Sinistro: moito vicio que se alimenta a si mesmo, en tanto que desalimenta o resto. Pero non, é unha confluencia de condicións internas e externas que desemboca nun resultado funesto (para min).

O texto non o entendiches mal, pero é que ben non hai quen o entenda. Paciencia, isto aquí é así case sempre. Se se me entendese ben, escribía novelas.

Teté disse...

Xi, espero mesmo que o sol chegue depressa, tanto interior como exteriormente, Sun... (`_^)

Fotos, pois, acredito que esteja difícil! Ou, pelo menos, se quisermos sair dos tons acinzentados (ou aguados)! Assim a jeito dessa imprensa de que falas...

Beijocas!
(ânimo aí, mulher!)

Sun Iou Miou disse...

Lindas férias pelo Norte, não é, Teté? Mas aguenta aí, que amanhã, disque, o tempo muda (esperemos que não para pior).

O que mais lamento é pelas cerejas, que estão a perder-se. Um ano inteiro à espera para isto!

Beijoquitas encharcadas!

Raposo disse...

Hai unha serie de productos para recuperar a vitalidade: por exemplo, augardente de herbas.
O doutro House recomendaríacha, si a coñecera claro!

Sun Iou Miou disse...

Raposo, eu sei que hai que ser enxebre e facer país até a morte, pero aquí entre nós, son máis inclinada ao malte. Non obstante, neste estado precatatónico, un whiskazo creo que había ser o golpe de graza (sen graza ningunha).

Creo que vou revivindo, here comes the sun..., pero como veña coa forza prognosticada, igual me tomba outra vez.

R.R. disse...

Cago na chuvia de dios, no sol de dios, no quecemento climático de dios e no frío que pasamos os seres humanos.

Sun Iou Miou disse...

Subscribo punto por punto, R.R. Cago en todo! (Ou debo dicir mais ben que esfurrico, con estas forzas escasas?)

Tá-se bem! disse...

Bem, parece que o bom tempo está de regresso.. pelo menos aqui já fez um calor daqueles..

Estarás a precisar de férias?? Parece-me que sim! :)

Beijo de força, vá! ;)

Sun Iou Miou disse...

Estou a precisar mais é da reforma, Tassito! Duma reforma choruda!

(Isso é o pior: agora vai vir a calor que me mate... Para quando um termostato ambiental?!)

Beijo fraquinho... fssss...

Rafeiro Perfumado disse...

Há pouco esqueci-me de perguntar se estavas melhor. Rafeiro urso...

Beijoca!

Sun Iou Miou disse...

E não se notava? Rafeiro bestinha! (Ontem houve hóquei e varremos... a pista,`_^)

Abracinho

Anónimo disse...

Si, evidentemente precisa dunha mudanza de aires ou un tónico deses tipo viño sanson ou san clemente.
Que tal se proba co gin-seng?
(Vela así esfarelada parte o corazón, así llo digo)

Sun Iou Miou disse...

Mais mo parte a min, Kaplanciño, que non recupero a inspiración (pola expiración non teño présa ningunha), nin a gana de nada.

En fin, forza aí co seu e se necesita bolis vermellos pida, que aquí hai acopio deles, aínda que para outros quefaceres.