quinta-feira, 25 de março de 2010
As dúas novas de onte
Onte ouvín o canto do cuco por primeira vez neste ano. Non entendo cal é o racional impulso que me levanta o ánimo cada primavera ao sentir ao lonxe a cadencia inmutable que revela a súa chegada. Digo eu que non debera emocionarme, a pouco que a sensibilidade polos débiles me asalte. Ao cabo, o cuco é o rei do acoso entre a paxarada miúda, o usurpador de niños e pitanzas, asasino gordo e feo de ovos indefensos. Con todo, el anda aí xa por fin e no ar vibra o anuncio da súa presenza. A min ―que incongruencias!― pónseme unha comechón no estómago de asas de bolboreta e pés de lagarto arnal a bailar na palma da man estendida. Irremediablemente.
Despois do lirismo pantagruélico, non sei se escoro se envorco cara á segunda nova de onte. Disque-disque, aquí a escasos quiñentos metros da miña casa, instalaron un puticlú discretamente propagandeado na prensa de chalé para recrutaren man de obra. E digo-digo que estando como está o panorama laboral talvez me conveña sopesar a oferta seriamente. A fin de contas non ía ter que gastar nin en desprazamentos e tampouco podo dicir que gañe dignamente a vida como tradutora.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
29 comentários:
Moi... ¡Cuca!
Quen me dera, Condado!
Não sei se distinguiria o canto do cuco dos restantes, que os únicos que conheço são os dos relógios... ;)
Quanto a trabalho, pois, isto está complicado em todo o lado!
Beijoquitas!
Se te pillo nese chalette ,querida amiga, ¡date por fodida!.Demasiadas transgresións nunha soia xugada,imposible de soslaiar o asunto.
Eu tamén escoitei o canto do cuco estes días.
Por aquí, mira que casualidade, o puticlú que había pechou. A ver se o daquí mudou para ese lado???.
(E non penses en mudar de choio, que máis vale traducción coñecida que...)
e sempre podes exercer de tradutora no putidú, chegado o caso de que os clientes necesiten saber o que lles pasa pola cabeza cando...
POis, Teté, o canto do cuco real não é muito diferente do dos relógios. Tenho certeza de que se ouvisses ias reconhecer. :)
O trabalho sempre esteve complicado. Só que eu já vou velha para estes sobressaltos.
TronkiMaxín, espero, espero que ese teu alcume non aluda ao que penso que alude, porque non quixera acertar.
Hm, non sei que opinará desa ameaza (?) dona Paciencia, a túa señora. Pero xa che avisei o outro día que entre colegas motoqueiros non se debe compartir cama, salvo que haxa perigo de hipotermia.
Tal como está o panorama, Chousa da Alcandra, igual están aplicando tamén no ramo a deslocalización. ;)
Asegúroche que penso todos os días en mudar de choio. Pero só son pensamentos.
Ti sabes que o alcume soa a o nome dun coñecido ansiolítico máis a maxín,cualidade do primer neuronio(non a adj. calificativo),non te fagas "ilusions".
¡Madre de dios! (descoñecida, por certo)
Vaia poñendo os patíns para a proba olímpica dos 500 metros, porque se ata os conselleiros de cultura usan tradutores automáticos...
E unha proba , de identidade,desculpen.
Unha tradutora admirabel a un nada de ter que se meter a traballar no relax alleo e o Tronkimaxín facendo probas de identidade. Bueno, ben pensado pode vir ó caso.
Está claro que vou ter que coller o costume de soprar antes de escreber.
Tranqui, Tronki, que non me fago ilusións para evitar desilusións. ;)
Pensei, erre, que o descoñecido era o pai de dios, non a nai. ;)
Pois iso, erre que erre, que pinta a cousa moi fea. Vostede cre que haberá unha modalidade erótica sobre patíns no chalé?
Ui, dáme a min que ese Anónimo é moi coñecido. "Relax alleo" que eufemismo tan bonito. ;)
Tamén podes coller o costume de escribir antes de soprar, Tronkimaxín. As dúas alternativas son válidas. ;)
Nótote moi moderado hoxe. Deches unha ducha de auga fría esta mañá?
O estreo da curtometraxe do noso amigo, deixoume con secuelas integrais.A resaca xa parece unha convalecencia.Ademais hoxe foise o maxín.Pero a tí véxote que andas fina de carallo , o lacón non te sentou nada mal , non .
Resaca non tiven, e madruguei, Tronkimazín, ainda que non tanto coma ti, que debiches empalmar (ui, que verbo!). Pero o lacón sáeme polas orellas. (Espero que a penitencia que me espera polo pecado estea à altura.)
Alégrome de que volveses ao nome co teu bauticei, que che fai máis xustiza. A ti o maxín sóbrache. ;)
Ese anónimo, ben pensado , ten moita "carga de profundidade", ¡Por mil demos ,isto eche menos inocente do que parecía!
Moitas grazas polo do maxín . Ti sabes que a penitencia é beber moita auga baixa en sodio , algunhas veces a vida é así de sosa.
Tronki, que te estás viciando nisto. Unha retirada a tempo é..., en fin, máis ben non é nada ao que puido ser. ;)
Moi chula a foto. Non podo crer que a fixeses ti. :P
Isto é coma unha couce dun futbolista malo que mete gol.(unha das praias de Zambulheira do mar,costa sul alentejana)
Case cheguei aí en xuño pasado, Tronkimazín. Quedei por Vila Nova de Milfontes. De moto, cousa que ti non fixeches. ;)
Eu fun na folloneta...pero con nenos. E non me veñas con contos de pedrastas!
Vouche ter que dar a miña conta de msn, Tronki, que isto non é un chat. :)))
Enviar um comentário