terça-feira, 31 de agosto de 2010

Auga!










O cheiro ao fume infíltrase polo nariz adiante até o cerebro mentres se dorme... Esta noite soñei que me ardían as árbores do eido mais próximas ao camiño ao prenderen nelas as labaredas dun incendio que arrasaba os arredores. Que bo é ás vezes sentir o espertador tocar confundido coa sirena dos bombeiros!

8 comentários:

Anónimo disse...

Xa prontiño acabará o pesadelo e virán as noites tranquilas, sen sirenas nin incendios. Co bombeiros, se lle cómpre, ben pode seguir a soñar ;-)

Sun Iou Miou disse...

A ver se é verdade e cae unha reguiña, Kaplan.

Ai, os bombeiros. Eu prefiro uvas menos verdes... ou máis ao alcance da man. ;)

Raposo disse...

Pois terá que chover... a cántaros!

Sun Iou Miou disse...

Ten que chover miudiño-miudiño, Raposo, para ir enchoupando a terra seca pouco e pouco. O contrário sería un desastre peor. Hoxe caeron aquí catro gotas e media.

Teté disse...

Tens razão, sempre é preferível o tocar dos despertador do que a sirene dos bombeiros. E nem gosto de despertadores... ;)

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Alguém gosta de despertadores, Teté? E quase prefiro que me venha acordar uma brigada de bombeiros... só que bem dormidos e descansadinhos. Hihihi!

Anónimo disse...

Se cadra é o mesmo "bicharraco" que viamos dende a Corga da Fecha. Unha peniña grande. Heivolo contar.

Sun Iou Miou disse...

Sexa o bicho ou non sexa o mesmo, Setesoles, os efectos son sempre os mesmos: devastación fóra, desolación dentro.